Na Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada o pasado xoves 1 de marzo de 2012, trasladouse a proposta da IGM - Iniciativa Galega pola Memoria - de data 25 de febreiro deste ano, que foi aprobada por unanimidade e que de seguido pasamos aos medios de comunicación:
1.- A Iniciativa Galega pola Memoria apoia de xeito incondicional o PRONUNCIAMENTO DA ALTA COMISIONADA A PROL DA INMEDIATA DEROGACIÓN DA LEI DE AMNISTIA DO ANO 1977, e fai un chamamento a todos os colectivos da Memoria , organismos sociais, sindicatos, partidos políticos e cidadanía en xeral para que, de maneira unitaria, se sitúe este obxectivo político na máxima prioridade das mobilizacións populares e accións parlamentarias. Ao tempo declárase en contra do inxusto PROCESAMENTO DO XUIZ BALTASAR GARZÓN POR PRETENDER INVESTIGAR OS CRIMES DO FRANQUISMO, entendido este como unha manifestación máis da impunidade que na actualidade disfrutan os responsables da represión exercida pola Ditadura franquista.
2.- En consecuencia, a Iniciativa Galega pola Memoria é asi mesmo contraria a todo tipo de homenaxe pública a representantes do réxime franquista de recoñecida traxetoria represiva, así como ás tentativas de agachar ou deturpar os feitos dos que foron protagonistas. En concreto, a campaña do PP para institucionalizar sen mácula a figura do ex ministro de Franco, Sr Fraga Iribarne, é particularmente inxustificable. Neste sentido, a IGM fará pública a súa oposición a calquera evento destas características, instando a todos os partidos e organizacións sociais no mesmo sentido.
Cangas, 1 de marzo de 2012
AC Memoria Histórica 28 de Agosto
Nenhum comentário:
Postar um comentário