O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 11 de março de 2012

Algunhas fotos dos actos celebrados en Ferrol polo "Día da Clase Obreira Galega" - 10 de Marzo de 2012

Ártabra 21 - Marzo 11-2012
O pasado 10 de Marzo de 2012, conmemorou-se o 40 aniversario dos sucesos do 72, onde caían abatidos polas balas Amador e Daniel, ferindo gravemente a ducias de traballadores máis, no transcurso dunha manifestación polo conflito laboral da empresa Bazan que estaba sendo fortemente reprimida. A vaga represiva continuou con ducias de detencións, torturas e encarceramentos. Estes sucesos desencadearon unha ampla onda de solidariedade que se estendeu por toda Galiza e outras partes do, polo de agora, Reino de España. Convertendo-se, a resposta solidaria, nunha denuncia contra o sistema fascista e a Ditadura, e na reivindicación de dereitos e liberdades democráticas.



Ofrenda floral institucional no "Monumento 10 de Marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" de CC.OO

Nenhum comentário:

Postar um comentário