O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 17 de março de 2012

Comunicado sobre o rueiro do Arsenal Militar de Ferrol

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA


Ferrol, sábado 17 de marzo de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O INCUMPRIMENTO POLO MINISTERIO DA LEI CHAMADA DE MEMORIA HISTÓRICA

“DEFENSA NÉGASE A MODIFICAR O RUEIRO DO ARSENAL NUNHA CONTESTACIÓN PARLAMENTAR INDIGNA DUN GOBERNO DEMOCRÁTICO”, SINALA JAVIER GALÁN

O Grupo Municipal de EU quere denunciar a situación de aberta vulneración da lei 52/2007 de Memoria Histórica, ao negarse o Goberno a cambiar os nomes do rueiro do Arsenal Militar de Ferrol, rueiro que está en aberta contradición coa lexislación vixente, cando refire nomes e situacións vencelladas co golpe de Estado e a ditadura franquista.

O Ministerio fala de exencións por razóns artísticas, arquitectónicas, ou non exaltatorias de personaxes vencelladas á sublevación militar, a guerra e ditadura subseguintes; e fala cando esas circunstancias non son obxectables no que atinxe ao rueiro do Arsenal, que amorea nomes de militares sublevados e que ocuparon logo responsabilidades de goberno no entramado da ditadura, nalgúns casos incluso de carácter ministerial e participando de xeito destacado na represión dos loitadores e loitadoras antifranquistas.

Javier Galán considera que a contestación ministerial supón avalar o mantemento dunha nomenclatura incompatible coa lei en vigor e, xa que logo, susceptible de incorrer nun delito por desobedecer aos preceptos legais vixentes, que prohiben conmemorar nos espazos públicos a persoas que ostentaron responsabilidades no aparello de Estado franquista, sostendo un réxime fascista. “Ao negarse a cambiar o rueiro do Arsenal o Ministerio incorre nunha resposta indigna dun Goberno democrático”, sinala Javier Galán.

Esquerda Unida chama a rebeldía cidadá para obrigar ao Ministerio a cumprimentar unha lei que xa é de mínimos, que persegue somentes evitar a situación de escándalo democrático que supón asignar nomes de rueiros públicos a persoas tinguidas da sangue e dor derivados do golpe de Estado e ditadura subseguinte. Estamos certos que a a presión social organizada rematará por expulsar dos espazos públicos as referencias aos cómplices da ditadura. No mandato corporativo pasado houbo notables avances nese eido na nosa cidade e Esquerda Unida vai continuar a colaborar coas organizacións de memoria histórica para derrotar un pasado ignominioso que resta sen xulgar e clarexar.

A organización de esquerdas e ecoloxista non vai cesar na esixencia de cambio do rueiro e da retirada do busto situado no hospital Juan Cardona e estuda as iniciativas de diverso tipo, sociais e institucionais, a desenvolver en resposta a un Goberno que aínda ampara de xeito vergoñento a memoria pública da ditadura.

Esquerda Unida tamén realizará novas xestións diante da dirección do hospital Juan Cardona e das entidades públicas que sosteñen con cartos públicos este centro privado concertado para que proceda a retirar á maior brevidade o busto de Camilo Alonso Vega, ministro de gobernación da ditadura e militar golpista.

Nenhum comentário:

Postar um comentário