A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo do 8 de marzo, día internacional da muller, realizará un acto de presentación do libro da profesora Aurora Marco: “Mulleres na guerrilla anfranquista galega”, no que se proxectarán imaxes do documental “As silenciadas” de Pablo Ces.
Intervirá Aurora Marco, autora do libro e coautora do guión do documental e Francisco Pillado, director da editorial Laiovento.
O traballo de Aurora Marco amosa luz sobre o activo papel da muller na resistencia antifranquista e que lonxe dos estereotipos habituais presenta unha actitude combatente de primeira liña contra a ditadura en todos os ámbitos, mesmo nas accións guerrilleiras.
Con este acto, a Asociación Cultural “Vagalumes” quer tamén render tributo ás mulleres estradenses que sufriron a represión franquista polas súas ideas e actividades contrarias a este réxime totalitario.
O acto celebrarase o vindeiro xoves 8 de marzo, ás 20:00 h., na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada.
Nenhum comentário:
Postar um comentário