O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 15 de agosto de 2013

Homenaxe a Alexandre Bóveda o 17 de agosto o Día de Galicia Mártir


Fillos de Galicia 14/8/13
No “Día de Galicia Mártir” lémbranse a tódolos galegos mortos polos seus ideais, e especialmente, aos que foron víctimas da represión franquista .- Conmemórase todos os anos o día 17 de Agosto, como homenaxe a Alexandre Bóveda, encarnación do galeguismo militante, un dos galegos máis sobranceiros da nosa historia, que fora fusilado xustamente ese día, no ano 1936, polas forzas fascistas .-

Alexandre Bóveda Iglesias, naceu o día 4 de xuño de 1903 en Ourense e foi fusilado no monte da Caeira (Pontevedra) cando contaba 33 anos.

Foi un dos intelectuais máis relevantes de Galicia e figura fundamental no galeguismo contemporáneo. Súa labor foi segada pola barbarie franquista, malia ser autor dun extraordinario traballo en favor da liberdade, da convivencia democrática, da solidariedade e do progreso de Galicia.

Bóveda foi un grande amigo de Castelao que o introduce non só na política, senón tamén, noutros campos.-

No ano 1930, recibe unha proposta do Seminario de Estudos Galegos para colaborar no proxecto de Estatuto de Autonomía .- Neste proxecto adicarase sobre todo ao aspecto económico .-

Foi un dos creadores do Partido Galeguista no que exercerá de secretario de Organización para ampliar a base do partido

A realidade é que este ourensán, loitou ata o derradeiro momento sen pausa, dicíndolle, xa condenado, ao seu cuñado Gerardo Álvarez Gallegos, que coa súa morte pretendía liberar a todos os seus colaboradores do Partido Galeguista.

Minutos antes da súa execución sentenciaba: “A miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra" .

Nenhum comentário:

Postar um comentário