Dous representantes da Comisión pola Recuperación
dá Memoria Histórica de Barbanza, Adrián Romay e Pili Pereiro, entregaron esta mañá
na casa consistorial de Ribeira o documento no que se detallan os
símbolos franquistas ou nomes que aínda están sen retirar no termo.
Entre as solicitudes figura que se eliminen senllos emblemas da falanxe
existentes nos lavadoiros de Martín e Bretal. O colectivo tamén pide que
se retire a distinción de fillo adoptivo de Ribeira a José María Rivero
de Aguilar, que foi subsecretario do Ministerio de Obras Públicas, e a
de fillo predilecto a José María Otero Goyanes, marques de Revilla.
Tamén se inclúen dúas placas, situadas na rúa Galicia e en avenida do
Dique, e o cambio de nomenclatura de catro rúas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário