CNT Puerto Real - Traducción Estación Atlántica
O 13 de agosto de 1936 en Ponche do Barco (Pedre, Cerdedo, Tabeirós -
Terra de Montes, Pontevedra, Galicia) son asasinados por un pelotón de
falangistas, logo de ser torturados, os canteiros Secundino Bugallo
Igrexas (Camba de Figueroa), da Sociedade de Obreiros e Agricultores «O
Traballo» e da Federación Municipal de Obreiros e Agricultores de
Figueroa (Cerdedo), e Francisco Arca Valiñas, da Sociedade de Obreiros e
de Agricultores de Figueroa (Cerdedo), ambos afiliados á
anarcosindicalista Confederación Nacional do Traballo (CNT).
A esposa de
Francisco Arca atopou ao día seguinte os seus corpos lanzados nunha
cuneta, á dereita da estrada, cando viaxaba en autobús en Pontevedra co
fin de atopar o seu paradero.
O 13 de agosto de 2006 a asociación
ecologista e cultural Verbo Xido de Terra de Montes descubriu unha placa
en homenaxe aos dous traballadores que, como di a inscripción,
«morreron pola liberdade». Este monumento sufriu varios atentados
fascistas, pero sempre foi restaurado.
Nenhum comentário:
Postar um comentário