O capitán que proclamou o estado de guerra en Vigo |
Nova Esquerda Galega reclama a desaparición do monumento funerario do Capitán Carrero
Nova Esquerda Galega reiterou ao goberno
municipal que traslade o monumento funerario do Capitán Carrero, situado
nun dos lugares máis destacados do cemiterio de Pereiró.
O portavoz da agrupación, Lois Pérez leira,
recorda que este captán foi quen proclamou a Lei Marcial o 20 de xullo
de 1936 en Pórta do Sol e foi o xefe do pelotón que fusilou ao alcalde
democrático Martínez Garrido e a varios centos de veciños. Tras a súa
morte, os simpatizantes da Falanxe decidiron construír un mausoleo onde o
enterraron xunto con outros dous falanxistas mortos en combate.
Este mausoleo está situado á dereita da entrada
ao cemiterio, nunha das zonas máis importantes deste lugar, dentro de
terreos públicos. Por este motivo, Nova Esquerda Galega, solicita ao
alcalde que cumpra coa Lei de Memoria Histórica e que ditos restos
mortais sexan entregados aos seus familiares ou depositados nun
cemiterio común e que dito espazo sexa utilizado para honrar a vigueses
que deron a súa vida pola democracia.
Nenhum comentário:
Postar um comentário