Concentración da UPG |
O 12 de agosto realizarase un acto político en Ferrol na súa lembranza coincidindo co 38 aniversario da súa morte
Sermos Galiza 10/8/13
Esta segunda feira, 12 de agosto, cúmprense 38 anos do asasinato de Xosé Ramón ‘Moncho’ Reboiras Noia
a mans da policía española, nun operativo en Ferrol co que o franquismo
pretendía tronzar o proceso de reorganización da Unión do Povo
Galego. A UPG organiza un ano máis un acto en Ferrol
para conmemorar a súa morte a mans da policía franquista e recordar a
figura do seu histórico dirixente, quen contribuiu de maneira destacada á
organización da fronte cultural e máis dos xermolos sindicais dos que
nacería o SOG, antecedente histórico da CIG.
A concentración comezará ás 19h na Praza de Armas, diante da Casa do
Concello, e partirá cara ao portal da rúa da Terra onde Reboiras foi
abatido a tiros en 1975. Despois encetará o acto político central, no
Cantón. Falarán o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, o secretario
xeral da UMG, Xacobe García, e a concelleira do BNG de Ferrol Mercedes
Tobío.
Un día antes, como acostuma, farase unha ofrenda floral no cemiterio
da parroquia natal de Reboiras, San Xoán de Laíño, no concello de Dodro,
onde repousan os seus restos mortais.
Máis homenaxes
O Movemento Galego ao Socialismo e Nós-Unidade Popular desenvolverán
tamén os seus respectivos actos de homenaxe a Reboiras, recoñecido desde
2009 como “vítima do franquismo”. O MGS realizará o seu acto político ás 13h no Cemiterio de Imo e Nós-UP concentrarase ás 20:30h na rúa da Terra de Ferrol.
Nenhum comentário:
Postar um comentário