O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 22 de agosto de 2013

Intervención de Enriqueta Otero no acto de San Simón


Texto cedido pola súa autora Enriqueta Otero para a Estación Atlántica, do acto homenaxe anual na Illa de San Simón o día 21 de xulio de 2013

Militares Leais á República
Como Asociación da Memoria Histórica de Marín, a nosa finalidade é falar polos que foron privados da palabra e difundir os feitos agochados pola Ditadura ata abafar a memoria dos que loitaron por uns ideais de liberdade.
 
Traemos hoxe aquí os nomes de militares leais á República que dalgún xeito estiveron vinculados á nosa vila de Marín pola súa presenza no Polígono Janer. Para eles o noso recordo e gratitude.

-Luis Ernesto Preciado Rodríguez. Condenado con outros 9 á pena de morte. Executados na Punta do Martelo do Arsenal o 3 de novembro de 1936.

-Valentín de Pazos Fernández, natural e veciño de Marín. Torpedeiro da Armada. Separado do servizo e desterrado 3 anos.

-Ramón Pardo Fernández, natural de Ferrol e veciño de Marín. Contramaestre da Armada. Preso nesta Illa de San Simón.

-Julio López Miralles ,nado en santa Pola e casado en Marín. Auxiliar 1º de aviación. Encarcerado en Ferrol no buque contramestre Casado e no penal da Escolleira. Separado do servizo no 1938.

-José Moreno Cea.Veciño de Ferrol. Mestre de mariñeiría. Condenado e separado do servizo.

-Julio Palacios Fornés, natural de Girona. Auxiliar de radio. Separado do servizo no 1938.

-José Pérez Martínez, da parroquia de Palmeira. Separado do servizo.

-Francisco Seijo Fontenla. Natural e veciño de Ferrol

-Federico Velasco Coba, auxiliar de oficinas e arquivos. Pena de morte conmutada a cadea perpetua.

-Daniel Corbeira Abeledo, natural de Ares e casado en Marín.Tripulante do Torpedeiro 3. Condenado a morte, executado na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol o 1 de xaneiro de 1938.

-Jaime Feal Sedes, natural e veciño de Ferrol, destinado na escuadrilla de hidroavións do Polígono.

-Joaquín Moreda Feal, natural de Ferrol. Condenado a pena de morte. Executado no Arsenal de Ferrol o 11 de maio do 1937.

-Manuel Bravo Melero, natural de San Fernando, falece por feridas de armas de fogo no traxecto Ferrol-Marín.

-Rogelio Rey Simes. Cantodarea, Marín, xulgado pola súa participación nos sucesos do cuartel Vello do Arsenal de Ferrol.

-Manuel Barreiro Rey, natural de Ferrol e veciño de Marín no 1935 exercendo como instructor de analfabetos na Escola de Tiro Janer e cuxa actividade figura entre os agravantes da súa condena. Executado na Punta do Martelo o 14 de marzo de 1939.

-Manuel Gómez Llerena, natural de Cádiz e casado en Marín, destinado no Almirante Cervera, xulgado e condenado en Ferrol, pai do noso veciño Jorge Gómez Gude que hoxe nos acompaña e ao que lle agradecemos a súa presenza e colaboración. Quedemos, pois coa súa palabra.