Pleno no concello de Baralla pedindo a dimisión do alcalde do PP Manuel González Capón |
Texto cedido por Telmo Comesaña para a Estación Atlántica
Cuando lo mataron es
que algo hizo
-Mataron o meu home.
-¡Hija mía…! cuando lo mataron es que algo haría
Novembro do 1936. A viuva dun “paseado” vaise confesar para
acadar consolo pola súa desgraza pero, a amargura embargouna de tal xeito que
non voltou a axeonllarse nun confesionario; aquel desprezo connivente, deulle
azos para sacar adiante aos tres fillos que lle quedaron.
Manuel González Capón, alcalde de Baralla (PP ¡faltaría
mais!), vén de proclamar algo semellante setenta e sete anos despois, e a xente de bén, inocentemente sintese doida
e queixosa. E acontecen as disculpas
pola súa parte e a negativa de condenar os crimes do franquismo por parte do
partido; e a xente demócrata laiase.
E este home que non viviu nin sufriu as desfeitas do
fascismo franquista poderiase
pensar que era tolerante e ceibe do
odio, pero non,e iso demostra que ese odio está inoculado en moita xente do PP.
Non valen as disculpas. Nin condenan nin condenarán os crímes; sintense herdeiros
daquela época. Esa condena implicaría a condena do seu fundador, Manuel Fraga
Iribarne, fundador de AP, máis tarde PP,
salvouse de pasar polo banco do
“Tribunal Internacional de la Haya” pola Ley 1/1977 de Amnistía. A connivencia
cos crimes franquista e os asasinatos de Vitoria-Gasteiz o 4 de marzo do 1976 son un lastre moi pesado.
E para saber máis ler o libro “Fraga, retrato de un fascista”
do autor: Gustavo Luca
Telmo Comesaña Pampillón
Alcabre-VIGO 11 agosto 2013
Nenhum comentário:
Postar um comentário