Os participantes, no Cantón dos Moreno. (Foto: Antonio López) |
19/08/2013 - El Progreso (Ribadeo)
Ao redor de 300 mariñáns participaron onte no acto
convocado en recordo das vítimas do franquismo, que tivo lugar ao
mediodía no Cantón dos Moreno, en Ribadeo, para conmemorar o día da
Galicia Mártir, que leva a cabo o Bloque Nacionalista Galego, polo que
entre os asistentes había un bo número de militantes desta formación
política.
O acto arrincou coas intervencións políticas de Marcos
Loureiro, Ana Ermida e Fernando Suárez, O responsable local do BNG
ribadense enumerou un a unha o nome dos 152 ribadenses represaliados,
aos que se referiu como «os homes e mulleres da dignidade, que foron
asasinados ou padeceron a represión por defender a causa da democracia e
das liberdades republicanas», sinalou Loureiro, quen asegurou a
continuación que «é hora de mudar a historia».
Nenhum comentário:
Postar um comentário