O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 8 de fevereiro de 2015

Dedican unha mostra ao forte de San Cristóbal, onde morreron 96 galegos

Imaxe do evento en Facebook
Traducción Estación Atlántica
07-02-2015 / EFE
En colaboración co Ateneo e a USC, o equipo que estudou durante 25 anos o Forte de San Cristóbal, en Navarra, onde padeceron prisión 608 galegos, ofrece unha mostra dos resultados do seu traballo no Colexio de Fonseca, que se abrirá ao público o vindeiro luns.

Considerado o penal máis duro do franquismo, no forte morreron 96 galegos, fusilados, por aplicación da lei de fugas, por fame ou malos tratos, os cales reciben hoxe homenaxe coa mostra, denominada "Que aflore ou soterrado".

A exposición foi explicada por Koldo Pla Larramendi, o principal historiador deste lugar, un forte que permaneceu en labores carcelarias aberto de 1934 a 1945, e esta recolle as condicións de frío, fame e malos tratos que os propios presos expresaron en graffitis nas paredes, que tamén se mostran.

Un dos apartados refírese á fuga que se rexistrou en mayo do 38, sen axuda exterior e que permitiu a saída de 2.500 presos, pero foi abortada polo aviso que conseguiu dar un soldado, polo que, finalmente, só tres lograron chegar a Francia e 207 morreron, dos que 55 eran galegos.

Tamén se referiu o investigador á figura de Francisco Lamas, médico que fora alcalde de Lugo e que tivo un importante papel no coidado dos seus compañeiros de prisión, e cando se converteu nun hospital penitenciario, do que foi "médico case oficial".

Varios dos paneles da exposición recollen o denominado "cemiterio das botellas", xa que os corpos eran enterrados cunha botella entre as pernas con información sobre a súa identidade, condena ou domicilio, aínda que foron poucas, unha ducia, as que non perderon o tapón ou nas que non entrou a humidade que destruíse esa información.

Polo Ateneo compostelano, Francisco Candea resaltou o carácter de homenaxe que ten esta iniciativa cara ás persoas que deron a vida polas liberdades democráticas e os valores republicanos, mentres que o tamén comisario da exposición, o xornalista Xosé Ramón Pousa, sobrino-neto dun dos falecidos no forte e identificados, resaltou que a recuperación da memoria histórica é un acto de Xustiza.

Pousa sinalou o papel dunhas persoas que contribuíron á democracia e comentou que o proceso de transición en España foi tan rápido que deixou moitas cousas "tapadas", como os máis de 600 presos galegos a case 1.000 quilómetros das súas casas e a maioría con condenas a cadea perpetua.

O vicerrector Roberto López sinalou que, para a USC, esta exposición entronca cos traballos de recuperación da memoria histórica que se seguen por equipos da facultade compostelana e cuxos membros, encabezados polo catedrático Lorenzo Fernández Prieto, intervirán na mesa redonda coa que se clausurará a exposición o próximo 2 de marzo.

López recordou as palabras dun discurso do político Manuel Azaña cando se referiu a aqueles que, envolvidos pola terra nai, iluminan coa súa luz recordándonos o que debemos facer.