O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 10 de fevereiro de 2015

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica estuda vías para recorrer o fallo do TSXG sobre a Cruz do Castro

O alcalde de Vigo impide o cumprimento da Lei da Memoria
o seu partido o socialisto PSOE permíteo
bótalles unha man e fainos desaparecer das urnas
 
A Asociación estuda que posibilidades hai de presentar un recurso de casación especial ou un de amparo ante o Tribunal Constitucional
 
10.02.2015
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 estuda vías "extraordinarias" para poder recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que dá a razón ao Concello olívico e anula a resolución que ordenaba a retirada da cruz do monte O Castro.
 
Segundo explicou a Europa Press o avogado da asociación, Guillermo Presa, aínda que é certo que non cabe recurso ordinario contra esta sentenza, están "a estudar que posibilidades hai de presentar un recurso de casación especial ou ben un de amparo ante o Tribunal Constitucional".
 
O feito de que a sentenza contase co voto particular dunha das maxistradas é, segundo o letrado, "significativo da baixa calidade desta sentenza". A ese respecto, Guillermo Presa lembrou que a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, que ordena a retirada da cruz por considerala un símbolo fascista, estaba "moi clara, motivada e documentada".
 
"Por iso chama a atención a inaceptable baixa calidade desta sentenza en comparación coa anterior. A do TSXG está sustentada no aire", indicou o avogado da asociación quen, no entanto, recoñeceu que será "extraordinariamente difícil" conseguir agora un pronunciamiento a favor da retirada da cruz.
 
Na sentenza do alto tribunal galego acéptase o recurso presentado polo Concello contra a orde de retirada da cruz, e apréciase que ese elemento xa está "desprovisto de simboloxía fascista", á vez que se avoga por que se conserve como recordatorio dun "pasado superado que non debe volver repetirse".
 
Unha das maxistradas da sala emitiu un voto particular, defendendo a sentenza do xulgado de Vigo, e advertindo de que a cruz debería ser retirada, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007.
 
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário