O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 8 de fevereiro de 2015

Luns, 9 de febreiro: Exposición e conferencia “O Forte de San Cristóbal na memoria”

“Cemiterio das Botellas”
Ateneo D Sant Iago 3/2/15
O vindeiro luns 9 de febreiro ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago, coa colaboración da USC, ten prevista no Salón Artesonado do Pazo de Fonseca a inauguración da exposición “QUE AFLORE O SOTERRADO: O Forte de San Cristóbal (Pamplona), baluarte da represión franquista”, na que participarán D. Juan Viaño, Reitor da USC; D. Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago; e D. Koldo Pla Larramendi, especialista no estudo do penal e membro do colectivo Txinparta.
 
A continuación, no Salón Nobre do mesmo Pazo de Fonseca D. Koldo Pla pronunciará a conferencia “O Forte de San Cristóbal na memoria”, que tratará sobre a historia e as condicións de vida no penal.
 
A mostra, que estará aberta ata o 2 de marzo, de luns a sábado, en horario de 11h a 14h e de 17h a 20.30h, recolle a historia do penal máis duro do franquismo, no que máis de 4.000 presos republicanos sufriron cadea durante a Guerra Civil. Máis de 600 presos eran galegos e 96 deles perderon a vida polos malos tratos, a enfermidade e a fame. O coñecido como “Cemiterio das Botellas”, centra boa parte do contido da exposición.