Coa intervención de Elia Valladares, sobriña de Antonio Valladares |
Faro de Vigo 08.02.2015
-"Do todo insuficiente e indignante. A Lei de Memoria Histórica, actualmente derrogada polo Goberno de Rajoy, foi o maior achegamento que tivemos en España cara á reparación, pero incluía só o recoñecemento de todas as vítimas da Guerra Civil e a posterior ditadura do Xeneral Franco, non a apertura de fosas comúns nas que aínda xacen os restos de represaliados polo bando gañador na contenda, quedando a súa recuperación en mans de entidades privadas ou a mercé das distintas políticas das comunidades autónomas. Comparto a insatisfacción co texto da lei que levou ás asociacións da memoria histórica a presentar unha denuncia por centos de desaparicións, pois este afirma que a memoria das vítimas do franquismo "é persoal e familiar," negando desta forma que os delitos do franquismo son cometidos contra toda a sociedade e a humanidade e o deber do Estado de practicar políticas públicas que garantan ás vítimas dos delitos máis graves que existen o seu dereito á verdade, á xustiza e á reparación".
Nenhum comentário:
Postar um comentário