O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

martes, 13 de xullo de 2010

35 Aniversario de Moncho Reboiras




A Comisión do 35 Aniversario Moncho Reboiras, achega o programa de actos programados para o día 7 de agosto (sábado), como homenaxe popular a Moncho Reboiras.


Agradecemos a vosa colaboración.
Comisión 35 Aniversario Moncho Reboiras.
 
 
Manifesto homenaxe a Moncho Reboiras

No ronsel desta nova situación e trala solicitude da súa familia, o Consello de Ministros veu recoñecer que Moncho Reboiras padecera de maneira ilexítima persecución e violencia, até lle daren morte, pola súa militancia política nacionalista e a súa implicación na loita sindical. Atendendo ao disposto na devandita Lei, que honra aos que sufriron inxustamente persecución e violencia durante a guerra civil e a ditadura, o Ministro de Xustiza outorga unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal de Moncho Reboiras que, deste xeito, soborda as condicións de invisibilidade que unha democracia covarde exerceu sobre a “Galiza mártir”.

Hai persoas que loitan toda unha vida e esas son imprescindíbeis, concluía Bertolt Brecht nun dos seus poemas máis citados, cun eco que chega até Moncho Reboiras. A súa loita permanente por unha Galiza ceibe e popular en todos os campos nos que se lle reclamaba ou que el mesmo consideraba necesarios para a súa acción política revolucionaria, xa fose intelectual, cultural, sindical, organizativo, axitativo ou armada levouno a abandonar a tranquila vida profesional que daquela lle reportaría a súa carreira de enxeñeiro técnico industrial pola sacrificada e perigosa vida na clandestinidade.

Disposto sempre a escoitar e comprender, a dialogar e argumentar; apaixonado lector; con gran capacidade de síntese e de organización; sobrio e reflexivo, Moncho irradiaba serenidade e seguridade a seu redor sen pedir nada aos demais que el non estivera disposto a facer. Eis o seu liderado.

Coa súa rehabilitación institucional, Moncho Reboiras xa é patrimonio de todos os galegos e galegas de ben. En Galiza cumprirase a vontade dos mártires, deixounos dito Castelao e as súas verbas reflíctense arestora no legado de Moncho Reboiras por unha Galiza de seu, democrática e popular. Que a súa lembranza pule cada día desta arela en nós.

xoves, 8 de xullo de 2010

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo na Illa San Simón


Día 18 de xullo de 2010

Programa:


10:00 Embarque desde o porto de Cesantes.

11:00 Lectura do manifesto e intervencións das familias dos represaliados

11:30 Actuacións poético-musicais.

12:00 Ofrenda floral no balo do cemiterio

14:00 Embarque de regreso a Cesantes.

mércores, 7 de xullo de 2010

Emilio Grandío: “Na Segunda República houbo dúas repúblicas”



O profesor presenta un novo ensaio titulado ‘A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia’

XORNAL.COM 07/07/2010 -Emilio Grandío é un home dedicado a descifrar o pasado. Profesor Titular de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, este investigador conta cunha longa traxectoria as súas costas. Grandío desenvolveu un gran número de estudos e investigacións sobre a II República, a Guerra Civil e o Franquismo. Este historiador presentou onte unha nova obra sobre un período determinante para o transcorrer do século XX. Co título A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia (Ediciones Trea), Emilio Grandío tenta poñer luz sobre unha etapa esencial da nosa historia máis próxima que, segundo moitos, é unha gran descoñecida para os galegos.

Galicia precisa coñecer mellor a II República? É un período histórico que non se coñece xa o suficiente?

Non só Galicia precisa coñecer máis, toda España. Os estudos realizados son realmente escasos. É fundamental entender eses anos; son básicos para o desenvolvemento de todo o século XX. A II República chégalle á xente dende perspectivas moi tópicas que son produto da Guerra civil, da cultura franquista e do reducionismo entre dous bandos maniqueos. Por outra banda, nos últimos tempos, a II República chégalle á xente dende unha perspectiva única: á da violencia da Guerra Civil. Creouse un elemento indisoluble, unha especie de pegamento, que une os anos 31-36 e os 36-39. Ese pegamento é produto do réxime franquista ao que lle interesaba crear esa imaxe de violencia coa II República. Realmente estamos ante unha gran descoñecida.

Falamos de tópicos e falamos de mitos. Cales son os grandes mitos da II República en Galicia?

Os mitos non son algo específicamente galego, son formulacións mitificadoras por parte dos sectores progresistas e dos conservadores. Mitos asumidos son o da violencia polítca, o mito de que a Fronte Popular era un elemento de discordia constante e de violencia sistemática. Os últimos estudos realizados amosan que o camiño da Fronte Popular, sobre todo dende a ilegalización da Falange, non vai cara a un aumento da violencia política, senón nun retroceso desa violencia. Hai violencia e altercados pola crise económica, pero a violencia política vai caendo. Outro gran mito é o que relaciona as mulleres co voto conservador. Son moitos mitos e moitos deles seguen a funcionar. Estes mitos descóbrense investigando e rabuñando un pouco.

A II República puxo trabas constantes ao Estatuto da Autonomía? Ese feito marcou a relación da República con Galicia?

Neste sentido, o tema é o de sempre: A relación do estado cos sectores nacionalistas. Hai que ter en conta que unha cuestión fundamental era a diferenza de obxectivos entre os sectores galeguistas e os sectores republicanos progresistas no poder. Tamén é certo que a Constitución de 1931 pon trabas aos estatutos de autonomías, a todos, non só o galego. Pero os sectores galeguistas e os sectores republicanos burgueses coincidiron nunha serie de obxectivos que se introducen no programa da Fronte Popular. Así introdúcese no programa da Fronte o plebiscito. Tamén hai que ter en conta que antes, nos primeiros anos da República, todos os sectores –mesmo a dereita– estaban a favor da convocatoria do plebiscito. En 1933 íase facer, pero aprazouse. E logo púidose facer en 1936. Pero hai que ter moi presente que o 33 é un ano importante porque varían moitas cousas. Non só porque a dereita gaña as eleccións, senón a vitoria de Hitler. Realmente, hai dúas repúblicas na II República: a de antes do 33 e a de despois 33. A partir dese ano, radicalízanse a dereita e a esquerda. Ambas as dúas miran para fóra, miran como desbordar a república cara aos seus intereses.

Como historiador, no asunto da memoria histórica, considera máis importante a investigación ou as leis?

As dúas son importantes e son complementarias. Pero cada unha ten que estar no seu sitio. O debate político non pode influír no traballo do investigador histórico. Son realidades distintas e responden a obxectivos distintos. A visión política é moito máis directa, son diálogos moi rápidos e mesmo utilizando mitos e tópicos para os seus fins. O traballo de investigador é radicalmente diferente, é un traballo de anos que non se debe ver influído polos debates políticos. Tanto as leis como a investigación son dous elementos moi importantes, dous elementos totalmente complementarios, pero cada un no seu sitio, cada un na súa realidade concreta.

Tamén como historiador. Que lle parece a situación que se está a vivir co Panteón de Galegos Ilustres?

Dunha maneira ou doutra, o Panteón dos Galegos Ilustres é un ben público da sociedade galega e ten que estar accesible para todos os galegos e tamén para todos os visitantes que queiran ver o lugar. Iso dignifica o país e dálle un prestixio, non só para nós mesmos como país, senón amén para todos os que queiran encontrarse con este lugar histórico.

domingo, 4 de xullo de 2010

Iniciativa Galega pola Memoria


Compañeiras e compañeiros:

Unha vez pasado un tempo prudencial para recoller opinións, rectificacións ou consideracións varias en relación ao documento de mínimos proposto ás asociacións e incluír aquelas no texto, pasamos xa á derradeira fase que non é outra que recabar o apoio explícito de asociacións, colectivos e, como decidimos na xuntanza de Santiago, tamén de individualidades relacionadas coa temática da recuperación e transmisión da "memoria dos vencidos" e dos seus valores democráticos e liberadores. O texto, podédelo comprobar no arquivo axunto, a penas mudou agás nun par de consideracións puntuais que non afectan á súa esencia.

En consecuencia, solicitamos formalmente dos colectivos, entidades e persoas que envíen ao enderezo de coordinación da Iniciativa Galega pola Memoria coordinadora@igmemoria.org a súa adhesión ao documento, que, no caso de ter un apoio significativo, será leído no acto de San Simón e presentado aos medios de comunicación, dando lugar a unha nova xeira de colaboración na que todo o mundo se sinta cómodo e poidamos construír pouco a pouco entre todos e todas.

Neste intre xa recibimos as seguintes adhesións colectivas:

"Sempre con Vós", Cidadanía pola Verdade, de Pontevedra

CRMH Coruña

Colectivo Republicano de Redondela

Asociación "Verbo Xido" de Terra de Montes

Comisión Sinhor Afranio, do Norte da provincia de Pontevedra

Asociación Cultural "Adellís" de Silleda

Asociación Memoria do 36 de Vigo

En canto ás adhesións individuais, recibimos a do coñecido historiador Bernardo Máiz Vázquez.

Vos animamos, pois, a enviar canto antes (o 18 de xullo xa está aí) o voso apoio.

Unha forte aperta a todos e todas e vémonos en San Simón, nunha xornada que será importante.

Xoán Carlos Garrido

Dionísio Pereira

PD: coma sempre, vos encarecemos que enviedes este correo a cantos colectivos, asociacións entidades e persoas consideredes convinte.


DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA

1. Condena do franquismo, que foi declarado en decembro de 1946 pola ONU como un réxime criminal.

2. Recoñecemento explícito da resistencia antifranquista e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.

3. Declaración da nulidade dos xuízos franquistas, de todos os procesamentos, sentenzas, expedientes, condenas e sancións, tanto durante a Guerra Civil como na posterior Ditadura, ate a aprobación da Constitución española no ano 1978.

4. Aplicación do dereito internacional sobre as vítimas da represión franquista, incompatible con calquera mecanismo de impunidade: imprescriptibilidade, dereito a saber, dereito á xustiza, dereito á reparación.

5. Consideración dos crimes do franquismo como delitos contra a humanidade.

6. Obrigatoriedade para todas as administracións (central, autonómica e local) de retirar dos espazos públicos os símbolos franquistas e as referencias ás persoas relacionadas coa Ditadura, así como da conservación dos “lugares de memoria” entendidos como referentes dos valores democráticos e recordatorio dos crimes cometidos polo franquismo.

7. Apoio á conservación e potenciamento dos arquivos da memoria, tanto públicos como de partidos, sindicatos, fundacións e outras entidades.

8. Instar á Administración a que apoie aos familiares das vítimas da represión na procura de información, presentación de reclamacións, etc.

9. Intervención pública das distintas administracións nos labores de localización, identificación das foxas de enterramentos das vítimas do franquismo e, no seu caso, exhumación, divulgando os resultados; elaboración dun protocolo de actuación científica multidisciplinar.

10. Revisión dos currículos escolares, fomentando e apoiando a elaboración de materiais didácticos sobre o período republicano, a sublevación militar fascista, a Ditadura e a resistencia antifranquista.

11. Regulación da apoloxía do franquismo como delito e prohibición de toda exaltación do mesmo.

12. Anulación, seguindo a recomendación da Comisión de Dereitos Humanos da ONU datada o 30/10/2008, da Lei de Amnistía do ano 1977.

En base á devandita declaración de principios, os colectivos acordan presentar as seguintes reivindicacións á Xunta de Galicia:

a) Completar o Proxecto xa iniciado pola Consellería de Cultura denominado “As Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares” relativo á represión franquista en Galicia, coa publicación dos seus resultados, conservando o 100% do seu financiamento.

b) Elaboración por parte do Parlamento Galego dunha Lei para a creación dun Centro da Memoria de carácter público, cuxa finalidade sexa a investigación, a documentación e a divulgación da memoria da represión franquista no noso país, así como a promoción de políticas públicas de memoria .

c) Elaboración dunha Lei específica galega, como xa teñen outras comunidades, sobre ás vítimas da represión franquista, que amplíe os dereitos recoñecidos pola lei estatal.

d) Potenciamento de toda a infraestrutura (oficinas) de atención ás vítimas do franquismo, así como facilitar as xestións para solicitar as axudas e recoñecemento que contempla a lei da Memoria Histórica.

e) En aplicación da Lei da Memoria Histórica, elaboración pola Xunta dun catálogo de todas as rúas de Galicia relacionadas co franquismo, así como monumentos, estatuas, escudos, etc. de exaltación da Ditadura e do levantamento militar de 1936, establecendo un plan para a súa eliminación.

f). Continuidade do Convenio coa Universidade de Santiago e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista. Aplicación da Lei aprobada pola Xunta sobre as foxas. Sinatura do convenio de colaboración co Estado para a localización e exhumación das vítimas, que xa foi cumprimentado por varias comunidades autónomas.

g) Apertura inmediata ao público do Pazo de Meirás e aplicación das sancións correspondentes no caso de que a familia Franco continúe coa súa política dilatoria. Que a Xunta realice xestións para a recuperación do Pazo para o patrimonio público.

h) Promoción por parte da Xunta da investigación para a recuperación da Memoria Histórica, así como o fomento da axuda e colaboración para actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións sobre o recoñecemento das vítimas da represión franquista.

i) Consolidar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido. Isto concrétase en:

- Respectar a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

- Potenciar a Illa como espazo para a realización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, facilitando as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

- Levar a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaría da Illa de San Simón, incorporando a documentación histórica depositada en malas condicións no Centro Penitenciario de A Lama.

- Facilitar a realización do acto que, dende o ano 2006, vén celebrándose o 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

Illa de San Simón, a 18 de Xullo de 2010

Enderezo de coordinación da Iniciativa Galega pola Memoria

sábado, 3 de xullo de 2010

Estrea do documental 'Crónicas da Galiza Mártir' o 20 de xullo as 20:30 horas en Vigo



Estimados amigos, pola presente invitámoslles á estrea da longametraxe documental “Crónicas da Galiza Mártir”, que terá lugar o martes 20 de xullo ás 20,30 hs., no Centro Social Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz, 24-26, Vigo (Policarpo Sanz esq. Velázquez Moreno).

Agardamos a vosa presenza e desexamos que compartades esta nova coa vosa xente.

“Baixo o manto democrático da II República agromaba a conspiración fascista.

A oligarquía… contra a cidadanía.

O fundamentalismo… contra a intelixencia.

O militarismo… contra a tolerancia.

O falanxismo… contra a democracia.

A guerra… contra a paz.

A morte… contra a vida.

1936…”

CRÓNICAS DA GALIZA MÁRTIR

mércores, 30 de xuño de 2010

Holocausto en Galicia



Tradución da Estación Atlántica

Fai uns días tiven a oportunidade de percorrer terras de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo) nunha marcha organizada pola Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica dá Coruña (CRMH) xunto coas asociacións culturais "Roxín Roxal" de Paderne e "Eira Vella" de Betanzos. Foi unha ruta polas fosas dos represaliados da ditadura, foi unha ruta pola ignominia humana. É difícil entender como os golpistas do 36 puideron chegar a cometer tales atrocidades, con tanta brutalidade... sen remordimientos. É difícil entender como os homes poden converterse en auténticas alimañas. Pouca diferenza vin entre o ocorrido no noso país e o acontecido na Alemaña nazi ( Betanzos tivo o seu propio campo de concentración).

Moitos inocentes foron disparados por detrás ou no cranio. Sacados de noite das súas casas onde non volverían xamais. Desde a tristemente famosa Ponche dá Castelá lanzábanse ao río Mandeo ducias de vítimas procedentes da Coruña , Asturias e Ferrol (algúns aínda levaban posto o mono de traballo dos estaleiros da Construtora- Bazán). Na igrexa de Santa Mariña de Guitiriz un veciño relatou que, ao remover terra no atrio, empezaron a aparecer corpos de represaliados. Que o primeiro levaba unha lanilla ( peza característica dos mariños militares). Moi posiblemente alí enterrado estea un mariñeiro do Arsenal de Ferrol.

O terror estaba perfectamente planificado. Os corpos abandonábanse nas fronteiras , nas zonas limítrofes de España/ Portugal , Asturias / Galicia ou , como neste caso nos límites de concello , provincia e partido xudicial. Con isto buscábase entorpecer aos familiares a recuperación dos corpos ou datos do lugar de enterramento. Algo que, desgraciadamente, conseguiron na maioría dos casos.

Homenaxear aos homes e mulleres que deron a súa vida pola liberdade foi unha experiencia enriquecedora, emotiva e que debe ter continuidade. É de recoñecer o gran labor que están facendo as Comisións pola Recuperación da Memoria Histórica, neste caso a da Coruña, realizando un traballo que lle corresponde aos gobernantes e que lamentablemente non fan.

Ese día, ao pasar por diante dunha unha taberna, a xente deixou por uns segundos de mirar o partido televisado para observarnos a través da fiestra. Miraban con curiosidade, como preguntándose quen sería aquela comitiva.

Por un momento, só por un momento, pensei que os asasinos conseguíseno . Que conseguisen borrar as pegadas dos seus abominables delitos e tamén a memoria dun país. Un país absorto , embobado co Mundial de fútbol. Completamente alleo a que ao pé das súas casas tiveron lugar os feitos máis sanguentos dun dos maiores xenocidios de Europa.

Francisco Maceira

Ferrol

luns, 28 de xuño de 2010

“A SEGUNDA REPUBLICA EN GALICIA – Memoria, mito e historia”



ENVIADO POR: Ateneo Republicano de Galicia

PRESENTACIÓN DEL LIBRO

“A SEGUNDA REPUBLICA EN GALICA – Memoria, mito e historia”

(EDICIONES TREA)

AUTOR: D. EMILIO GRANDIO SEOANE

PRESENTADOR: D. CÁNDIDO BARRAL ALVARELLOS

EMILIO GRANDÍO SEOANE es profesor Titular del Departamento de Historia Contemporánea y de América de la Universidad de Santiago de Compostela. Es autor de varios libros y artículos sobre la II República , la Guerra Civil y el Franquismo. Colaborador habitual del Ateneo Republicano de Galicia.

El régimen democrático surgido después de las elecciones del 12 de abril de 1931 sigue siendo un mundo ajeno, misterioso y hermético. La Segunda República es una gran desconocida para la inmensa mayoría de la sociedad gallega. En este trabajo se pretende un primer acercamiento a lo que ha significado aquel régimen desde el análisis histórico actual, a partir de las investigaciones concretas sobre temáticas que fueron y siguen siendo objeto de controversia en el ámbito historiográfico de la Segunda República. Aspectos cruciales en la interpretación de aquellos años entre 1931 y 1936 fueron la proclamación del régimen, o sistema de partidos, el poder local, las elecciones, las relaciones de la República con la Iglesia, los hechos revolucionarios de octubre de 1934 o los meses de gobierno del Frente Popular. En las nuevas realidades del presente, surgen nuevos temas que no fueran actualizados a finales de los setenta y principios de los ochenta del siglo XX. Los avances historiográficos de los últimos años necesitan ser explicados. La obra tiene la intención de divulgar el conocimiento sobre esos cinco años que cambiaron el rumbo del siglo XX gallego.

MARTES, 6 DE JULIO DE 2010 - 19:30 HORAS

AULA DE CULTURA DE CAIXA GALICIA (MÉDICO RODRÍGUEZ -A CORUÑA)

xoves, 24 de xuño de 2010

O 26 de xuño reimplantación da escultura 'Socrates' en Tui


O sábado as 8 da tarde, nos xardíns tudenses, volvera aparecerá Sócrates e soarán as músicas máis fermosas. Vinde todos a ver poñerse o sol da intolerancia 74 anos despois de aquel maldito ano. O himno de riego soará a trompeta para tirar o muro de ignorancia na ciudade de Tui.

Vinde pois ao solpor do 26 de xuño do 2010.

Presentación del acto:

ACTO 1

En 3 de maio de 1936, inaugurabase o busto a Sócrates, obra do profesor do instituto D. Benito Prieto Cousent coa colaboración dos alumnos da súa clase. Estaba instalada en España a II República

Sona acordes do himno de Riego

ACTO 2

Nacían novos tempos de expresión artística. Ese mesmo día, nos actos de inauguración decía o alumno Emilio Alvarez Blazquez:

Tui ten xa seu monumento a Sócrates.

É un anaco de granito enxebre arrincado das entrañas da terra galega.

Tui dende hoxe ten xa un templo á sabiduría.

E para vivir este novo día de xusticia e virtud, como reza a inscripción, escoitaremos a

Eduard Griej de su Perr Gynt, opus 23, acto 4: LA MAÑANA.

ACTO 3

Uns días despois da inauguración, mans oscuras e tenebrosas, PROFANAN, este símbolo da cultura universal. Aldraxan e decapitan o busto indo parar ás profundas augas do río Miño.

Escoitamos a Ludwing van Beethoven, que nos representa esta macabra acción co primeiro compás da 5ª sinfonía.

ACTO 4

Meses despois no 1936, veñen os tempos da barbarie, onde se mata por ter ideas.

Son tempos da guerra fratricida, tempos apocalípticos.

É a NEGRA SOMBRA, a que puxo música Xoán Montes ao poema de Rosalía.

ACTO 5

E tamén tempos de sonos, “imaxina que non hai nada polo que matar ou morrer, nin relixións tampouco, imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz,” e John Lennom, ponlle música a Imaxina”

ACTO 6

Volve a democracia a este pais, a mesma que defendía Sócrates nas ágoras atenienses, e pasan 74 anos, e o pobo por susbscripción popular e a colaboración do Concello de Tui, restitue aquel monumento, símbolo da sabiduría, adicado a o noso Sócrates tudense.

Vivaldi pon música, coa su Primavera, a este acontecemento feliz.

ACTO 7

Leese a carta do antigo alumno do antigo instituto de Tui, que colaborou na escultura do busto orixinal, co profesor Benito Prieto Coussent inagurado el 3 de Maio de 1936, Emilio Diz Rodriguez.

“Me telefonea mi sobrino Suso para informarme de la colocación de una réplica del busto de Sócrates destruido en 1936 por el fanatismo y la ignorancia, no en vano la prensa local proclamaba que aquel pedestal no podía soportar el busto de una “deidad pagana”. Bien es verdad que las personas cultas, tanto de un bando como del otro, en que se dividieron los españoles, reprobaron el hecho que destacaba la incultura de sus autores.

Me gustaría estar presente en el acto señalado para el día 26 de los corrientes, pero vivo en las antípodas y mi avanzada edad no me permite el desplazamiento.

El busto era obra exclusiva de Prieto Cusent, sus discípulos, Álvarez y yo, nos limitamos a ayudarle a desbastar el bloque de piedra hasta dejarlo apto para su ejecución definitiva.

Prieto era además de un gran pintor un auténtico pedagogo que respetaba y alentaba la personalidad del discípulo. En esto se asemejaba en algo a Sócrates que - como en otro sentido, las comadronas- ayudaba a su interlocutor a “partear” las ideas mediante una serie de preguntas cuyas respuestas le llevaban a deducir por sí mismo el concepto que se trataba de esclarecer.

Es cierto que en todo tiempo y lugar hubo intransigencias, de lo que es muestra su contemporáneo el comediógrafo Aristófanes, que lo ridiculizó en su comedia Las nubes y así Sócrates, como su efigie en 1936, fue rechazado en vida y condenado a beber la cicuta, acusado de corromper a la juventud. Sabemos por sus discípulos que se enfrentó a la muerte con serenidad y una esperanza, no exenta de curiosidad en la otra vida que intuía.

Curiosamente, este hombre extraordinario que fija por primera vez la Filosofía en el hombre y la moral, este hombre digo, no dejó ningún escrito y su doctrina la conocemos a través de sus discípulos, principalmente Platón.

Celebremos hoy su resurrección en efigie, obra del escultor Rosendo González Martínez, y esperemos que esta vez tenga larga vida.

Orihuela, Junio de 2010
Emilio Diz Rodríguez

ACTO 8

O himno da alegría e tamén o de Europa. E hoxe moi noso. Estamos contentes. Socrates está no seu sitio, nos rendimos tríbuto aós seus creadores, a todos os que aquí estiveron, ahí tantos anos, naquel lonxano maio de 1936. Eles estarián ó noso lado fisicamente. Eles estarán con nos sempre no nosos espiritus e nos nosos corazóns.

Que viva a alegría é haxa paz e democracia para sempre no mundo e na nosa ciudade. Neste Tui de todos.

O Sr. Alcalde en nome de todos e a compañado de antigos alumnos descubrirá este monumento, namentras escoitamos o Himno da alegría e tamén o de Europa. Que sone Ludwing van Beethoven

Unha vez descuberto y el público ollando na mesma dirección de Socrates

A/o alumna/o do actual instituto, podería falar así

ACTO FINAL

Agora para rematar, desde esta esquina da esquina verde que é a nosa terra: Galicia. Desde os mellores sentimentos que poidamos ter os aquí presentes, mulleres e homes, nenos e nenas, cantemos o noso himno.O do Poema de Pondal e a música de Veiga. O noso País é quen canta. E faino na nosa lingoa, na lingoa eterna do noso pobo. A que temos que defender sempre

E unha boa voz debe entonar o Himno de Galicia

Para finalizar decir os presentadores:

Acabou o acto. Socrates está no seu sitio. Gracias a todos.


domingo, 20 de xuño de 2010

“Os galegos fuxidos a Portugal na Guerra Civil eran uns sen papeis”


Diario de Ferrol Sábado, 19 de Junio de 2010

Organizada pola asociación Memoria Histórica Democrática, o profesor Ángel Rodríguez pronunciou onte en Sargadelos unha conferencia sobre os fuxidos galegos a Portugal a partir do estoupido da Guerra Civil.

Para o profesor da Universidade de Vigo resulta extraño “que non se saliente máis na historiografía española a importancia do Portugal de Salazar na vitoria franquista, sendo o seu gran aliado, base de aprovisionamento militar e centro de operacións conspirativas da oligarquía e militares franquistas”, suliñou.

Traxectorias > A partir de aí o profesor analizou a traxectoria dos galegos que saíndo do seu país chegaban a Portugal, para os que había varias solucións: “Quedarse pero cambiando a súa personalidade e ocupar os traballos que os portugueses deixaban, regresar a España ou introducirse nas redes de emigración e marchar para Arxentina, México ou Estados Unidos”. Para o investigador, o estatus dos galegos era “de refuxiados sen papeis, como moitos dos que agora veñen a España”. Rodríguez sinalou a gran presenza que nos anos 30 había en Lisboa de galegos e lembrou que dos 1.500 refuxiados que o embaixador da República Claudio Sánchez Albornoz puido evacuar da capital en outubro de 1936 “a maioría eran galegos, xa que o 90% dos españois de Lisboa a esas alturas eran galegos”.

Nunha documentada conferencia, o profesor vigués salientou a “colaboración que as redes republicanas, sobre todo desde Francia, levaron a cabo para axudar aos exiliados galegos”.

A charla pronunciada onte por Ángel Rodríguez no ciclo da asociación Memoria Histórica Democrática forma parte dun traballo que en breve verá a luz na Universidade de Vigo e que leva como título “Refuxiados galegos en Portugal durante a Guerra Civil”.

xoves, 10 de xuño de 2010

Publicación da nova páxina web do Proyecto Nomes e Voces hoxe 10 de xuño




Hoxe, xoves 10 de xuño a partires das 12.00 horas
Completando a convocatoria enviada días pasados, lembrámoslle que hoxe xoves 10 de xuño, a partires das 12.00 horas, o Proxecto “Nomes e Voces” fará pública en rede o novo deseño e contido da súa páxina Web nomesevoces.net

Esta nova aplicación está pensada como unha ferramenta de investigación e difusión dos resultados da investigación da represión franquista que o Proxecto Interuniversitario está a desenvolver desde o ano 2006.

A principal novidade son as bases de datos de imaxes, voces e nomes. Así, pódense consultar ás vítimas que sufriron a represión franquista en Galicia entre 1936 e 1939 - 14.704 nomes- a través dun resumo do seu proceso represivo xunto a unha imaxe e á súa voz ou a dun familiar onde nos relata a experiencia vital desa persoa.

Agardamos que esta noticia sexa do seu interese.
Recibe un cordial saúdo,
Chus Martínez

NOTA DE PRENSA
O PROXECTO “NOMES E VOCES” PUBLICA NOVA PÁXINA WEB


XOVES 10 de XUÑO

O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” publica en rede o xoves día 10 de xuño a súa nova Web nomesevoces.net, dedicada á difusión dos resultados da investigación que sobre a represión franquista está a desenvolver desde o ano 2006.

Este novo portal foi desenvolto pola empresa A Navalla Suíza, e conta cun novo deseño e un contido estruturado tematicamente, ofrecendo á comunidade científica e ao público interesado unha ferramenta de pescuda, visibilidade e interpretación histórica sobre un tema, o da represión franquista, que, pola información aportada, a análise á que están sometidos os datos e o feedback cos potenciais usuarios convértese en referente galego e estatal entre outras iniciativas dedicadas a este tema.

O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” está dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e integrado por Emilio Grandío, Xose Manoel Núñez, Dionisio Pereira, Julio Prada, María Jesús Souto, Andrés Domínguez, Gustavo Hervella, Xurxo Pantaleón, Antonio Somoza e Chus Martínez como responsable da páxina nomesevoces.net. Está ideada como un espazo electrónico de pescuda no que ademais de darse conta da actividade investigadora, de realizar exposicións dixitais e de ofrecer un repertorio bibliográfico, aportamos como principal novidade as bases de datos de imaxes, voces e nomes. Así, pódense consultar ás vítimas que sufriron a represión franquista en Galicia entre 1936 e 1939 - 14.704 nomes- a través dun resumo do seu proceso represivo xunto a unha imaxe e á súa voz ou a dun familiar onde nos relata a experiencia vital desa persoa.

Na actualidade, os fondos do proxecto constan de máis de 15.000 imaxes dixitalizadas, e de 475 entrevistas. Con elas estanse a relacionar imaxes/nomes, fragmentos de audio/nomes e vítimas de fonte oral/nomes.

Así mesmo, e debido á intensa actividade científica que o grupo desenvolve tamén poñemos a disposición do usuario os textos e as conclusións que se elaboran a partir da asistencia de congresos, reunións científicas, moitos destes traballos son inéditos e a súa publicación moi difícil, o que incrementa o

valor intrínseco do que aquí expoñemos.

Un apartado importante polo que significa, é a presenza dunha bibliografía específica sobre a represión en Galicia que reúne os fondos públicos das bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela e que desde nomesevoces.net ofrecemos cunha sucinta descrición bibliográfica que permite todo tipo de buscas

A aplicación práctica da web concrétase en dúas liñas a desenvolver. A primeira delas é a que se establece entre o grupo de investigación e a sociedade civil e a segunda entre a grupo de investigación e os científicos sociais que están a preparar as súas teses e traballos de pescuda. Esta dobre relación establécese a través da oferta de datos a través das bases e, tamén, da posibilidade de poder acceder a informes específicos realizados con rigor máximo a partires dos traballos levados a cabo polos investigadores.

As múltiples demandas de buscas de datos –cunha media de 5.000 visitas mensuais- sobre os represaliados teñen xerado tamén unha frutífera relación coas persoas que consultan a Web na corrección de datos e no aporte de novos materiais gráficos e documentais constituíndo, deste modo un canal imprescindible para poder realizar o noso traballo en contacto cos familiares dos represaliados, feito este moi importante e que era unha das nosas intencións como grupo de investigación. O contacto con cidadáns que, de forma aleatoria teñen chegado a nós é, en boa medida, grazas á aposta firme pola comunicación a través da rede.

domingo, 6 de xuño de 2010

Unha avenida de nome cuestionado


Tradución da Estación Atlántica

As asociacións da Memoria piden que Fernández Ladreda sexa retirado do rueiro de Pontevedra

José María Fernández Ladreda gozaba especialmente do recoñecemento público e durante a súa etapa como ministro deu nome a decenas de rúas e avenidas españolas. Varios municipios asturianos iniciaron xa en 1979 a retirada do seu nome do rueiro. O máis recente en expor o cambio foi Candás e as asociacións da Memoria piden que Pontevedra siga o seu exemplo. A súa argumentación? Fernández Ladreda non só apoiou a insurxencia militar e beneficiouse das prebendas do réxime franquista (entre elas unha carteira de ministro) senón que formou parte do aparello de represión.

S. R. - PONTEVEDRA 06 de junio de 2010 Fillo dun coronel, José María Fernández Ladreda foi militar e chegou a comandante, pero a súa verdadeira proxección conseguiríaa na actividade industrial e, especialmente, na carreira política: xa durante a ditadura de Curmán de Rivera chegou a ser alcalde e en 1933 obtén o acta de deputado. Ese día xurou fidelidade ás cortes republicanas, voto que revisou oportunamente xa o mesmo 19 de xullo de 1936 cando dá todo o seu apoio ao alzamento e faio en plena praza militar de Oviedo.

Arrinca así unha carreira ascendente que o levará a organizar nos seguintes meses as chamadas "compañías de voluntarios de Oviedo" e a prestar servizos ao coronel Aranda, uns "traballos" que o réxime recompensará xenerosamente ao industrial, de modo que só uns anos despois esta condición de rico empresario levarao ata encabezar o Ministerio de Obras Públicas.

E é a partir dese 1945 cando o nome de José María Fernández Ladreda multiplícase en decenas de rúas españolas, moi especialmente asturianas e galegas.

Por que un político mediocre en tanto nomenclátor local? Explícano as Asociacións da Memoria asturianas: "O motivo está no período histórico, un momento no que o halago ao ministro de quenda era o mecanismo habitual para conseguir os investimentos máis imprescindibles nun país sumido na miseria da postguerra".

A maiores, os historiadores conveñen en que "gustaba especialmente desta deferencia, nesa época outros ministros tiñan unha proxección idéntica e o seu nome non figura en tantas rúas, polo que a hipótese de traballo é que deixaba caer aos respectivos alcaldes que ese recoñecemento será un paso moi positivo para conseguir a obra solicitada, era un procedemento non excesivamente raro no franquismo".

E se de algo dera mostras Fernández Ladreda é de coñecer ben o mecanismo do Réxime. Consultado por este xornal, o recente Premio dá Crítica 2010 e comisario da exposición Memorial dá Liberdade, Enrique Acuña, explica que "ou que xa poden probar vos historiadores asturianos e non que se basea a retirada do seu nome ás rúas e avenidas é non só que fose un destacado membro do franquismo senón que formou parte do aparello de represión dentro dúas tribunais militares, desempeñando ou posto de vogal non consello de guerra sumarísimo de oficiais xerais, que se encargaba de xulgar aos militares que durante a guerra permaneceron leais á República".

Pero igual que chegou os recoñecementos (acumulou unha inxente cantidade de condecoracións, distincións civís, militares ou científicas e todo tipo de nomeamentos) desvanecéronse. Os primeiros en cuestionar tanto encomio foron os municipios asturianos, que maioritariamente optaron a partir de 1979 por retirar o seu nome das rúas.

O exemplo máis recente é Candás, en quen se fixan as asociacións da Memoria Histórica de Pontevedra para reclamar ao concello que actualice o nomenclátor local e retire o nome de Fernández Ladreda.

Sinalan que "as localidades asturianas conviñeron en que esa denominación oficial de rúa ou avenida de Fernández Ladreda é unha manifesta exaltación persoal da sublevación militar, a guerra civil e a represión da ditadura, conforme ao indicado no artigo 15 da Lei".

Informe da xuntanza na Consellería de Cultura. Venres día 4. Illa de San Simón


Xuntanza na Consellaría de Cultura sobre a Illa de San Simón.

Estiveron presentes:

Pola Consellaría:

Conselleiro de Cultura, Roberto Varela

Xabier Alonso, Director Xerente da Fundación Illa de San Simón

Polas Asociacións da memoria:

Manuel Monge (CRMH da Coruña)

Telmo Comesaña (Asociación pola memoria do 36 de Vigo)

Ricardo Gurriarán (Fundación 10 de marzo)

Xoán Carlos Garrido (Comisión pola memoria Sinhor Afranio)

Escusou a súa asistencia o colectivo republicano de Redondela que non podías desprazarse até Compostela.

Comezada a reunión manifestóuselle a nosa inquedanza ao coñecer pola prensa os plans da Consellaría cara a Illa de San Simón e presentóuselle a proposta de puntos mínimos aprobada e asinada polas asociacións, entendendo que non ten sentido entrar noutras consideracións sobre as que non se vai chegar a acordo debido as diferentes concepcións das que partimos a respecto da memoria histórica. Expuxo claramente que a nosa intención nesta xuntanza é como mínimo evitar a destrución de patrimonio, documentación, sinalizacións e conseguir que se nos permita realizar actividades relacionadas coa memoria histórica e de homenaxe as vítimas.

Mais o Conselleiro manifestou que non tiña porque haber diferencias a respecto da memoria, que seguramente podíamos confluír e entender a súa concepción de facer da Illa un lugar que non estivera simplemente relacionada coa vida, sen que iso queira dicir que non se respecte o feito da traxedia que tivo lugar alí e o feito histórico das vítimas.

Desde a dirección da fundación tamén se afondou en que a prensa non transmitiu ben o que se pretendía e que el na propia rolda de prensa de presentación das actividades insistiu nas súa preocupación pola memoria das vítimas. Diante disto comentouse o do nome, “illa do pensamento” e mesmo se lle dixo como é que habendo unha actitude integradora non se puido engadir ao nome o termo memoria, isto é, illa do pensamento e da memoria, pero o Conselleiro insistiu en que non era unha nova denominación da illa senón da programación.

En calquera caso, entrando xa en concreto nos puntos:

1º) Se respecta a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas

Manifestóusenos que se ía respectar dita musealización e mesmo as dúas exposicións, se ben a da Illa da memoria específica sobre a represión houbo que retirala por inundación do espazo no que se atopaba. Mais que están dispostos a volvela a poñer unha vez restaurada. Tamén se aceptou que non se ía retirar ningún rótulo, monumento ou placa relacionada coa memoria histórica.

2º) Se facilitan as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

Indicóuselle que “facilitar” vai máis alá de abrir as portas dada a insularidade do lugar, é preciso facilitar o transporte para desenvolver os actos.

O Conselleiro descoñecía os custo pero non se pechou en banda a isto, se ben el quería unilo a que se lle presentara unha proposta de actividade. Analizaría a proposta e vería a dispoñibilidade. Obviamente non financiaría unha actividade para “poñelos verdes”. El vía un problema en canto a interlocución, a quen financiar e a quen non, e como articular unha relación da Consellaría coas asociacións, para concretar este apartado.

3º) Se leva a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón nun prazo razoable de tempo.

Non entendían moi ben a concreción desta proposta. De feito, consideraban que se xa existira eles non ían a desmantelala, pero que non sabían como levalo a cabo, non tiñan persoal, etc... O que se lle transmitiu foi fundamentalmente a preocupación polo estado da documentación que haxa en institucións e a nivel privado sobre a colonia penitenciaria e o desexo de que se faga un traballo de recompilación, e se facilite o acceso para a investigación e divulgación.

O Conselleiro falaba de que esa sería o labor do arquivo nacional que se estaba a implementar na cidade da cultura e que quizais ese sería a canle adecuada para realizar ese traballo.

Quedou no ar a concreción desta proposta sen rexeitar levala a cabo senón tomala en consideración para estudar como se podía levar a cabo.

4º) Se permite realizar o acto que, dende o ano 2006, se ven celebrando o día 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

No escrito que se lle enviou a prensa desde a Consellaría puña: Do mesmo xeito, o conselleiro asegurou que “non esquecermos a historia nin as vítimas, terán o seu lugar na Illa e honraremos a súa memoria neste espazo simbólico para a cultura e o pensamento”

Atendendo a isto manifestóuselle que se a Consellaría estaba disposta a levar a cabo o acto institucional de homenaxe as vítimas do franquismo que tradicionalmente se celebra en San Simón e senón é así se pensa colaborar coas asociacións para celebralo.

Non se lle pasou pola cabeza celebrar dita homenaxe e nin sequera se considera adecuado que a Consellería realice este tipo de actos. Pero estaban dispostos a colaborar economicamente co acto, o que lles preocupaba era saber quen era a “asociación” ou o interlocutor que asumía a organización do acto para chegar a un convenio ou mirar outra fórmula para o acordo.
OUTRAS CUESTIÓNS

O Conselleiro, en canto se empezou a falar doutras cousas, manifestou que consideraba que o tema da memoria non tiña porque ser cousa da súa consellería. De feito mostrouse favorable mesmo a convocar ao Consello da Memoria, pero indicou que lle proporía ao presidente pois el insiste en que non é tema que teña que ver coa Consellaría de Cultura mais alá da investigación e divulgación.

Preguntouse expresamente sobre a referencia que se facía no comunicado a “honrar a memoria” das vítimas e mesmo se aclarou a que clase de vítimas nos referíamos (non os que afogaron no 45, nin os do lazareto), desde o xerente e o Conselleiro insistiuse en que si había vontade por desenvolver actividades neste sentido mais non conseguimos que se fixera ningunha mención a ningún acto concreto.

A cuestión é que quizais poidamos conservar as conquistas realizadas a respecto da illa de San Simón, mais vai depender en parte do activismo que poidamos realizar e do noso esforzo. Non cremos que desde a Consellaría se faga unha política activa neste tema nin en ningún outro relacionado coa memoria histórica.

1º As placas, sinalizacións, e musealización vai conservarse pero é preciso insistir en que se restaure e amplíe a exposición “illa da memoria” centrada na represión franquista.

2º As visitas van ter que ir acompañadas dun programa de actividades. Compre ter en conta a illa e traballar na súa dinamización desde as propias asociacións. Non podemos deixar de períodicamente desenvolver actividades alí

3º O Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón hai que tratar de que se leve a cabo para evitar a dispersión e perda desta documentación, para isto hai que entrar en negociacións co xerente da Fundación para ver de chegar a un acordo a partir de propostas de actuación concretas.

4º Acto Nacional de homenaxe as vítimas do franquismo o 18 de xullo. Compre facer un encontro nacional sobre a memoria histórica este ano, coa máxima asistencia posible. Sería ven concretar un programa e organizar o acto canto antes. Propoño que haxa unha xuntanza o sábado 12 pola mañá en Vigo coas asociacións do sur para tratar de concretar un programa.

EN CONSECUENCIA, propoñemos que haxa unha XUNTANZA o sábado 12 de xuño pola mañá en Santiago con todas as asociacións e colectivos memorialísticos de toda Galicia para, entre outros temas que se poidan propor “in situ”, os seguintes puntos:


a) Valoración dos resultados da xuntanza co Conselleiro de Cultura e co Director-Xerente da Fundación Illa de San Simón.

b) Posición das asociacións respecto do acto nacional de homenaxe ás vitimas do franquismo en Galicia a celebrar en San Simón o vindeiro 18 de Xullo. Organización do mesmo.

c) ¿É necesaria algún tipo de coordinación entre as asociacións?. En caso afirmativo, discusión sobre as bases mínimas de acordo.

d) Outros.

Xoán Carlos Garrido
Dionísio Pereira

sábado, 29 de maio de 2010

Non permitiremos a ocultación da memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón


O día 5 de Xaneiro de 2010, 18 colectivos galegos relacionados coa recuperación da memoria dos represaliados e represaliadas tras o golpe militar de 1936, asinabamos un MANIFESTO A PROL DA CONTINUIDADE DE COLABORACIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA NO TRABALLO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA.

No segundo punto, subscribiamos:

“Perante o cambio de usos para a Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa considerada “Lugar da Memoria” de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, de maneira que alí se poidan desenvolver todo tipo de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión da memoria de todas aquelas persoas que sufriron a perda da vida e da liberdade por ser demócratas”.

Pois ben, no día de hoxe coñecimos polos medios de comunicación o novo plano de usos que a Consellería de Cultura e Turismo quere desenvolver nos vindeiros anos na Illa, un plano de usos que, malia as declaracións do Sr. Conselleiro de que “las actividades se desarrollarán sin olvidar la historia ni las víctimas”, obvía totalmente os actos relacionados coa memoria dos vencidos. Partindo da base de que non consideramos incompatibles as propostas artísticas e culturais coas actividades que lembren á sociedade galega a barbarie do fascismo e o sacrificio dos e das que morreron tamén pola nosa liberdade, entendemos que as devanditas declaracións non son unha tentativa de enganar á opinión pública dicindo o contrario do que se pretende facer, tan só se dende a Consellería se cumpren as seguintes premisas:

1º) Se respeta a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

2º) Se facilitan as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

3º) Se leva a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón nun prazo razonable de tempo.

4º) Se permite realizar o acto que, dende o ano 2006, se ven celebrando o día 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

Se son estas as intencións dos responsables da Consellería, concordamos; se o que se pretende é confundirnos con declaracións ambiguas, aínda se está a tempo para rectificar. En consecuencia, solicitamos na maior brevidade posible unha entrevista co Director-Xerente da Fundación da Illa de San Simón, Sr. Alonso, na que poidamos abordar esta temática.

Estamos abertos ao diálogo e agardamos idéntica actitude por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. De non ser así, defenderemos con toda enerxía e con todos os medios legais ao noso alcance o dereito da sociedade galega a saber o que aconteceu e a dignificar ás persoas inxustamente sacrificadas, persoas que hoxe deberían ser un referente ético para toda a cidadanía e o conxunto dos seus representantes políticos.

Galicia, 27/5/2010

Asociacións asinantes:

Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)

Asociación pola Recuperación Histórica de Marín (Marín)

Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)

Asociación Cultural Comisión pola Memoria “Sinhor Afranio” (Colectivo da provincia de Pontevedra)

Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” (Terra de Montes)

Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada)

Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)

Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)

Asociación “Amigos de Johan Carballeira” (Bueu)

Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)

CRMH d´A Coruña (A Coruña)

Fundación 10 de marzo de CCOO (Galicia)

Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)

Asociación para a Defensa da Memoria Histórica e recuperación do Patrimonio Inmaterial de Teo, A Oliveira (Teo)

Fundación Luis Tilve UGT (Galicia)

Fundacion Galega contra a Impunidade "Fernando Pereira"

Asociación Cultural “O Naranxo” (Lalín)

Asociación “Amigos da República” (Ourense)

Comisión pola Memoria Histórica “Sempre con Vós” Cidadanía pola Verdade (Pontevedra)

Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” (Sada)

Asociación Cultural “O Meigallo” (Cuntis)

Asociación Cultural “O Fervedoiro” (Cuntis)

Asociación Cultural “Adellís” (Silleda)

Asociación da memoria histórica “Sempre con vós” cidadanía pola verdade (Pontevedra)

mércores, 26 de maio de 2010

O dereito a coñecer o pasado


No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu, tras tres anos de resistencia, e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista. Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas fosas comúns, esquecidos, descoñecidos, agachados a todo coñecemento histórico, científico. Como investigador da historia da guerra civil en Galicia reclamo as maiores facilidades para o coñecemento do que pasou e para a súa divulgación. Penso que os mortos, as vítimas (máis de catro mil en Galicia) daquel xenocidio por razóns ideolóxicas, non só pertencen aos familiares, son de toda a sociedade, polo que a procura das fosas, a súa excavación, a exhumación, a análise histórica e antropolóxica, non poden depender en exclusiva da iniciativa das familias dos desaparecidos nin da decisión política dos dirixentes dunha comunidade autónoma, ou menos aínda dun xuíz de instrucción. O dereito a coñecer o pasado debe de estar por riba dun labirinto de decisións persoais, polo que o Goberno ten que tomar a iniciativa de facilitar a investigación das fosas sen que medien intermediarios que aproveiten a confusión legal para impedir que a sociedade faga efectivo o seu dereito a coñecer o pasado.O auto do xuíz Garzón de 16 de outubro de 2008 sinalaba con acerto que os vencedores da Guerra Civil desplegaron toda a acción do Estado na posguerra para a localización, identificación e reparación das vítimas da parte vencedora, polo que hoxe os vencidos (os perseguidos, encarcerados, desaparecidos e torturados por quen crebou a legalidade levántandose en armas) seguen sendo discriminados polo Estado ao non recibir o mesmo trato e consideración. O escrito referido tén o valor de definir por primeira vez na xurisprudencia española o levantamento militar como ilegal, programado para a destrución dun estado democrático e constitucional, que desenvolveu un proceso de exterminio ao mesmo tempo que a Guerra Civil, no que produciu crimes de guerra e contra a humanidade. Garzón sinala que para deter a comisión deses delictos e dos seus efectos é preciso buscar os corpos dos desaparecidos, ou ofrecer razón do seu paradeiro por parte das autoridades públicas depositarias desa información, decisión que deben tomar de oficio, sen agardar iniciativa por parte interesada. Parece que o Goberno español non está polo labor. Poñamos por caso o achádego dunha fosa común da 2ª Guerra Mundial en Europa, sería necesario todo un ronsel de decisións de familiares das vítimas, cando se descoñecen a priori as identidades, e de órganos xudiciais ou de autoridades políticas para investigar o seu contido? Vai ser difícil, por non dicir imposible, sentar no banco dos acusados aos criminais do franquismo, pero a Historia xa os está xulgando, porque os historiadores non asinamos ningún pacto de esquecemento nin proclamamos ningunha amnistía.

Xosé Manuel Suárez.

martes, 25 de maio de 2010

Cruz de los caidos: obxecto indesexable do parque do Castro en Vigo


A Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 recolleu 4000 firmas para que se derrube a chamada cruz dos caidos do parque do Castro en Vigo, estas firmas presentásenas no Rexistro do Concello vigués o día 31 de maio ás 10 da mañá coincidindo co pleno da corporación municipal.


O sábado día 29 celebrasen ás 11h. Asemblea extraordinaria anual. Lugar: CASA DO LIBRO na rua Velazquez Moreno de Vigo.

"Temos vocación de axuda por iso mesmo imos colaborar co alcalde para axudalo a limpar o Castro de obxectos indesexables" palabras do presidente da asociación Telmo Comesaña

luns, 24 de maio de 2010

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán


«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos –malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista– e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro.

25 de Maio as 19:00 h. no Centro socio-cultural Caixanova
 rúa Riego de Agua da Coruña.

Participación de Anxo Guerreiro, Pancho Álvarez-Fontenla, Víctor Santidrián, Manuel Bragado e Ricardo Gurriarán

Organiza: a Unión Comarcal de CCOO da Coruña, a Fundación 10 de Marzo e Edicións Xeráis de Galicia

sábado, 15 de maio de 2010

Visita dos principes a Santiago de Compostela o 13/5/10

13 de mayo de 2010 — Visita dos Principes de Asturias a Santiago de Compostela. Na mesma houbo un grupo de compañeiros que amosamos o noso compromiso coa República. (autor video)

luns, 10 de maio de 2010

A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica do Grove presentou a "Lei da Verdade" e celebrou a súa cea republicana



09 de maio de 2010 Faro de Vigo Texto: M. Méndez

A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica (APMH) do Grove puxo o punto final ao seu ciclo anual de actividades coa tradicional cea republicana, que reuniu a ao redor de sesenta comensais no restaurante Rúa Mar. Xusto antes ofreceuse unha conferencia na que presentar en Galicia a iniciativa lexislativa popular "Lei da verdade, xustiza e reparación para as vítimas do xenocidio e a ditadura franquista".


Para esta presentación, a asociación que preside Xan Caneda González invitara a Miguel Anxo Rodríguez, catedrático de Dereito Penal da Universidade de Castela a Mancha; Mónica Zapico, investigadora de Dereito Penal da Universidade de Vigo e a José Luís Pitarch, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia. O primeiro non puido acudir, como consecuencia da suspensión de voos nos aeroportos españois pola nube de cinza chegada desde Islandia.

Con esta conferencia informouse aos asistentes sobre os trámites e contidos da amentada lei, empezando por aclarar que "o pasado 27 de decembro de 2007 publicouse no Boletín Oficial do Estado a lei 52/2007, comunmente coñecida como da memoria histórica, unha norma de ámbito estatal formulada de costas ás amplas responsabilidades de todo Estado de Dereito en materia de verdade, xustiza e reparación? e aos dereitos humanos inalienables e indisponibles das vítimas dos crimes e violacións manifestas dos dereitos humanos labores polos golpistas que, a partir do 17 de xullo de 1936, subleváronse contra a Constitución española e as súas institucións públicas, e deron inicio a unha guerra de agresión grazas ao apoio da Alemaña de Hitler e a Italia de Mussolini".

Mediante devandita lei, e a través do que representa "unha das máis escuras regulacións xurídicas da historia da nosa democracia", estableceuse "un inxustificable modelo de auto exhumación familiar dos centos de fosas clandestinas, con meras axudas económicas do Estado, contrario ao incuestionable deber estatal de emprender unha investigación oficial efectiva e independente e de devolver os restos mortais ás familias".

Aquela lei "non dedicaba no seu articulado unha soa palabra ao lacerante crime aberto dos ?nenos perdidos do franquismo?; non se establecía a nulidade dos asasinatos de Estado levados a cabo baixo unha mera aparencia teatral de legalidade; non se contemplaba deber algún en materia de verdade, xustiza e reparación de xénero, de restitución de bens mobles e inmobles expoliados como mero botín de guerra; e non se mencionaba a cuestión das vixentes responsabilidades pendentes respecto do escuro pasado dos empresarios e empresas de Franco".

O que ocorre é que ?no medio dun tal quebracabezas de claras ilegalidades, de situacións gravemente excluídas de todo recoñecemento pola propia lei, da ausencia do seu debido desenvolvemento regulamentario, da existencia dun constatable caos xudicial en tales formulacións, e ata da sorprendente escenificación de distintas polémicas entre numerosas comunidades autónomas e o mesmo Estado, especialmente dramática continuou resultando a situación de incerteza e o sufrimento das familias dos desaparecidos?.

Segundo a APMH é ?unha situación constitutiva de trato inhumano contrario ao artigo 3 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e ao artigo 7 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, e que máis aló dos propios actos delituosos do franquismo e o sufrimento dunha vida á espera continuaron vendo, ademais, violado o seu dereito humano á vida familiar?.

sábado, 8 de maio de 2010

Vigo retira os símbolos franquistas da Concatedral


A acción remata a primeira fase de eliminación dos restos de tales igrexas da ciudad.

XORNAL.COM 2010/07/05 Traducción Estación Atlántica

O Concello de Vigo concluíu hoxe a primeira fase da retirada dos símbolos franquistas das igrexas da cidade, a limpeza da fachada da igrexa de Santa María, coñecida como a Catedral, no Casco Vello.

Co desempeño de hoxe, participaron o alcalde, Abel Caballero, o senador Carmelo Silva (PSdeG) e neto do ex-alcalde Martínez Garrido-franco-represalias, foi o culminar de un plan de limpeza que comezou en abril pasado 12 nos templos e Valladares FREIXEIRO, e contou coa colaboración do bispo da Diocese de Tui-Vigo.

Tras o preceptivo informe de Patrimonio e, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, o Concello adxudicou a unha empresa a retirada das inscricións franquistas -fundamentalmente o nome de Curmán de Rivera, o yugo e as frechas, e as denominadas listas dos 'caídos'-.

Esta limpeza, que se acometeu en San Miguel de Bouzas, Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santo Tomei de Freixeiro, Santiago de Vigo, Santa María, San Francisco de Asides, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia, San Andrés de Valladares e Santa Cristina de Lavadores, limítase ás inscricións superficiais, xa que as talladas nos propios elementos arquitectónicos requiren un permiso especial.

Ademais desta actuación, outros símbolos franquistas xa foron retirados, como o escudo franquista do antigo reitorado do Areal, ou o monólito dedicado a Franco das Illas Cíes. No caso da Casa dás Artes, ao tratarse dun edificio catalogado, o Concello está á espera do informe da Xunta para poder retirar eses símbolos -que agora están tapados--; mentres que o goberno municipal aínda non tomou unha decisión sobre a retirada da cruz de homenaxe aos caídos do monte do Castro.

xoves, 6 de maio de 2010

O Concello impulsa unha Unidade Didáctica para dar a coñecer entre os estudantes as causas e repercusións en Ferrol do Golpe de Estado de 1936


ferrol.es. Xoves, 15 de abril de 2010
O goberno municipal socialista explica que a Unidade recupera a historia que non aparece nos libros de texto. A edil Mercedes Carbajales explica que “Ferrol 1936. Golpe de Estado e Represión” nace da aposta educativa do Concello e das investigacións do profesor Xosé M. Suárez. A publicación distribuirase entre os centros educativos, asociacións de veciños e culturais e, dende mañá, se poderá descargar da web municipal http://www.ferrol.es/
A Unidade recupera a historia agochada, aquela que non se recolle nos libros de texto, e nela se pretende explicar por que se produciu o Golpe de Estado de 1936, como se levou a cabo en Ferrol, cales foron as súas vítimas (a este respecto inclúe un análise sociolóxico para coñecer cales foron os grupos sociais e ideolóxicos máis perseguidos) e os escenarios nos que se levou a cabo a represión, un proceso do que o autor desta Unidade Didáctica manifestou que fora planificado e totalmente político. Tamén afonda nos escenarios nos que se produciron os fusilamentos e paseos, os cales os domiciliados na bisbarra ferrolá supuxeron o 73% do total de executados en tres anos (715), é dicir, algo máis de 500 represaliados. Estes lugares foron os cemiterios de Canido e Serantes, onde tiveron lugar centos de execucións extraxudiciais, o Arsenal Militar (143 fusilados por sentenza de consellos de guerra da Armada) e o castelo de San Felipe, cun mínimo de 71 fusilados.

Noticia na prensa: