O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 27 de janeiro de 2014

Centenario de Alfonso Xesús de Braga, Fillo de Castelao

 
Centenario de Alfonso Xesús de Braga [Fillo de Castelao] e presentación de “Do Piñeirismo ao Consello da Mocidade. O Rexurdir do nacionalismo galego”
 
A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes  01/24/2014
Con motivo do centenario do fillo de Castelao nacido na Estrada, desde a Asociación Cultural “Vagalumes” queríamos conmemorar esta data lembrando o vencello do intelectual e creador galego máis universal co noso concello. 


Por iso imos recordar ao seu fillo cando se cumpren 100 anos do seu nacemento cunha ofrenda floral o vindeiro sábado 1 de febreiro no cemiterio da Estrada, onde se atopa xunto coa súa nai, a estradense Virxinia Pereira.

Aproveitando esta lembranza de quen fora o seu fillo biolóxico, quixemos tamén recordar a descendencia ideolóxica que deixou Daniel Castelao presentando un libro sobre os mozos que logo da súa morte, recolleron o facho do seu pensamento e reconstruíron o nacionalismo galego na terra coa constitución do Consello da Mocidade, do cal vimos de cumprir o seu 50 aniversario. Para isto imos presentar o libro “Do Piñeirismo ao Consello da Mocidade. O Rexurdir do nacionalismo galego” coa presenza dos seus autores Uxío Breogán Diéguez e Xoán Carlos Garrido e a proxección do documental da Fundación “Moncho Reboiras” sobre a historia deste Consello da Mocidade do ano 1963.
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário