Un deles é Salvador Moreno, que lideró o golpe de 1936 na cidade natal de Franco
A Voz de Galicia - Francisco Varela - Ferrol 11 de xaneiro de 2014
A deputada socialista ferrolana Paloma Rodríguez anunciou esta mañá a presentación dunha proposición non de lei no Congreso dos Deputados sobre a memoria histórica. Asegura que quedou practicamente derrogada polo seu incumplimiento e por iso reclama que sexan reatirados do panteón de mariños ilustres de Cádiz os restos mortais de dous militares ferrolanos, un deles o Almirante Salvador Moreno que lideró o golpe militar de 1936 en Ferrol e que logo foi ministro con Franco, un segundo mariño, irmán do anterior, igualmente enterrano no mesmo panteón e solicita tamén que se lle quite do lugar. Ao mesmo tempo, a deputada reclama que se retiren das rúas interiores do Arsenal Militar de Ferrol os nomes doutros moitos militares franquistas como Carrero Branco e outros.
A deputada presentou a súa iniciativa esta mañá acompañada do historiador Enrique Barrera Beitia. Ambos demandaron que o antigo edificio de Aduanas do Porto de Ferrol, xa inutilizado, sexa dedicado a un centro da memoria histórica pola especial importancia que tivo a ría de Ferrol tanto para o triunfo do golpe militar de Franco como nos anos da ditadura a longa loita dos antifranquistas por recuperar as liberdades democráticas.

Nenhum comentário:
Postar um comentário