A Voz 28/12/13
A figura do histórico militante comunista Santiago Álvarez foi recordada
pola mañá en Valdeorras e pola tarde en Ourense, con motivo do
centenario do seu nacemento. Nos actos participaron Manuel Peña -Rey ,
presidente do PCG; Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria
Republicana de Galicia; Carlos Portomeñe, secretario xeral do partido; e
Rubén Pérez, secretario de organización. En San Miguel de Outeiro, en
Vilamartín de Valdeorras, colocaron unha placa conmemorativa do
centenario do líder comunista que foi tamén comisario do exército da
República. E xa pola tarde, no centro social da capital, recordaron a
súa vida e a súa traxectoria política.
Nenhum comentário:
Postar um comentário