O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 19 de janeiro de 2014

Denuncia propia do BNG, que se suma á querela arxentina contra os crimes do franquismo

 
17 de Xaneiro de 2014 Cadernos de comunicación e análise
Apoio á denominada “querela arxentina” contra os crimes do franquismo, aberta pola Xustiza do país andino tras a denuncia presentada polo galego Dario Rivas, cuxo pai fora alcalde do concello lucense de Castro de Rei fusilado no 36 e, ademais presentará unha denuncia propia ante o consulado arxentino para incluír a investigación da persecución do nacionalismo como ideoloxía e dos e das nacionalistas que, cando menos, “serva de crítica e denuncia dunha ditadura atroz”.
 
O portavoz nacional, Xavier Vence, fixo este anuncio na sede da Fundación Alexandre Bóveda en Pontevedra co seu presidente, Valentín Bóveda, onde cualificou de “fracaso da democracia española” o feito de que para investigar os crimes do franquismo sexa necesario saír fora do Estado español en base ao principio da “xustiza universal”.
 
“Esa lei é un parapeto para os que cometeron crimes do franquismo, cubrindo cun velo a responsabilidade dos autores da represión institucional contra todos os demócratas incluídos moitos e moitas nacionalistas, pero a proposta do Bloque foi rexeitada polo PP e polo PSOE”, explicou o dirixente nacionalista, quen insistiu que esa impunidade “debe derogarse”.
 
Vence alertou contra o “clima de violencia verbal e argumental similar a de tempos pasados” que está a mostrar unha parte da dereita e da extremodereita española, e cualificou de “inadmisible” que no Goberno central e na Xunta estea un PP “que aínda hoxe é incapaz de recoñecer e condenar os crimes dunha ditadura feroz”.
 
Desde a Fundación Alexandre Bóveda, Valentín Bóveda, salienta que a institución está preparando a querela pola asasinato de Alexandre Bóveda que remitirá a causa aberta pola xuíza arxentina, Maria Severini, e ofrece a fundación, como entidade xurídica, para poder presentar querelas de calquera outra vítima ou familiares de vítimas do franquismo na provincia de Pontevedra e no conxunto e Galiza.
 
Igualmente, anuncia que a Fundación promove a posta en marcha dunha Plataforma de apoio á querela arxentina que pretende plural, como xa existen noutros territorios do Estado, á que convida a sumarse a todas as asociacións de apoio ás vítimas, de recuperación da memoria histórica e a todas as forzas políticas.
 
Vence animou ás vítimas e familiares a presentar denuncias para sumarse á querela arxentina para restituír a xustiza e a dignidade dos perseguidos, “pero tamén como unha necesidade de exercicio democrático para o conxunto da sociedade e para que a sociedade aprenda que hai feitos que non deben repetirse. Para iso ten que haber unha valoración crítica daquela represión”, concluíu.

Nenhum comentário:

Postar um comentário