Jorge rivas presentou o seu proxecto na Arxentina |
Traducción Estación Atlántica
Jorge Rivas, fillo de fisterráns, impulsa un proxecto de lei para instaurar o 14 de abril como Día Nacional do Exiliado Español no país austral como homenaxe ás persoas que tiveron que cruzar o Atlántico pola represión do franquismo
El Diario.es - Miguel Pardo 16/4/14
Un deputado galego en defensa da memoria republicana e dos exiliados polo fascismo. O parlamentario Jorge Rivas, fillo de emigrantes de Fisterra e socialista aliado ao gobernante Frente para la Vitoria, presentou este luns un proxecto de lei polo que pretende fixar o 14 de abril como Día Nacional do Exiliado Español en Arxentina. E fíxoo justamente un 14 de abril, no 83º aniversario da proclamación da II República e durante unha emotiva presentación na que aclarou que impulsa a iniciativa "en homenaxe a todos aqueles que se viron obrigados a abandonar a súa patria logo do derrocamento da República e durante a ditadura de Franco e que chegaron aquí en busca dun porvir en liberdade".
Tivo que ser a milleiros de quilómetros onde se impulsou un proxecto de lei para homenajear aos republicanos represaliados, medida tan pouco común no Estado español ou en Galicia. Constante apoio tamén da querella arxentina contra os crimes do franquismo, o galego Jorge Rivas estivo acompañado por máis descendientes de galegos e por representantes da Agrupación Federico García Lorca. Xunto a eles explicou que a elección do 14 de abril para a presentación deste proxecto pretende recordar a data "na que se proclamou o nacemento da Segunda República, brutalmente abatida pola dereita reaccionaria" e invitar á reflexión "sobre as terribles consecuencias que provoca a ruptura dos procesos democráticos por parte das forzas que se opoñen ao progreso social".
Durante o seu comparecencia nunha sala da Cámara de Deputados, Jorge Rivas recordou que a República mudou en España "a vella e reaccionaria monarquía logo dun gran triunfo electoral dos sectores máis avanzados do país" e alcanzou así unha esperanza "que, no entanto, estaba destinada a frustrarse poucos anos despois". "E non polas dificultades e contradicións propias dese proceso popular transformador que se propoñía reparar inxustizas e atrasos moi arraigados, senón pola crúa violencia dos poderosos", di o deputado socialista, que advertiu na Cámara dunha guerra na que "á beira de Franco interveu o réxime nazi de Hitler e o fascista de Mussolini".
"Desde 1939, foron milleiros e milleiros de españois os que partiron ao exilio, por razóns de conciencia, ou para salvar as súas vidas, ou porque non podían traballar nin vivir con dignidade nesa desgraciada España. Francia primeiro, e logo México e a Arxentina foron os países que máis exiliados acolleron", recordou Rivas, que destaca que xa en novembro de 1939 chegaron uns 150.
"Durante todos eses anos de ditadura, caracterizados por unha violenta represión, o franquismo cometeu innumerables crimes de lesa humanidade que aínda non foron investigados nin sancionados", dixo tamén en clara alusión ao deixamento das autoridades españolas tanto á hora de investigar como de colaborar coa Xustiza arxentina, que segue adiante
Nenhum comentário:
Postar um comentário