Cando lle pediron a Castelao que se definira ideoloxicamente atopou que o máis axeitado para expresar o seu ideario era o patriotismo
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Terra e tempo 30-01-2012
Cando lle pediron a Castelao que se definira ideoloxicamente atopou que o máis axeitado para expresar o seu ideario era o patriotismo. Mais as palabras poden ser recheas con calquera cousa polo que para evitar ser mal interpretado tivo que axeitar a súa vida ao contido que tiña para el ese termo. En definitiva, foi un nacionalista na teoría e na práctica co fin de deixar claro o que quería expresar con esa etiqueta.
Non abonda ler o "Sempre en Galiza" para coñecer o seu pensamento. Nin sequera complementando esta lectura coa dos seus relatos ou coa consulta da súa obra gráfica. Compre saber da súa vida. E queda moito por coñecer. Que ninguén se vexa abafado pola cantidade de publicacións e conferencias sobre este autor. Un nome que xa se considera gastado de tanto usalo, un escritor que non concibimos que nos poida dicir nada novo. E sen embargo, canto nos queda que aprender del para rematar a edificación do marco conceptual que el dicía encarnar: O nacionalismo.
Nas ciencias políticas proliferan publicacións sobre nacionalismo. Mesmo dispoñemos de "Enciclopedias" como a de Andrés de Blas Guerrero, e xa podemos poñer o apelativo de clásicos na materia a algúns autores como Gellner, Kedourie, Hobsbowm ou Anderson. Dispoñemos dun ecléctico compilador como Anthony Smith. E mesmo na Galiza autores como Beramendi, Ramón Maiz e Núñez Seixas teñen dedicado relatorios e monografías ao asunto. E aínda así a cousa non está clara.
Que é o nacionalismo?, que é ser nacionalista?. Tense dito de todo, mesmo houbo quen lle quitou calquera substancialidade ao asunto diante da incapacidade de definilo e rematou por considerar que cabía de todo nese recipiente. Mais Castelao era intercambiábel? Castelao podía convivir baixo a mesma etiqueta que un Franco ou un Hitler?.
Aconteceulle a Zenón mentres explicaba a imposibilidade do movemento desde o punto de vista teórico: un asistente puxose a dar brincos diante súa. Sucedeulle a Wittgenstein cando impartía unha conferencia sobre a incapacidade de comunicarse do ser humano e alguén lle fixo un corte de mangas mentres lle dicía: a que me entendes?. E pode pasarlle a calquera. Sempre aparece algún individuo que arruína unha flamante teoría coa súa actitude irredutíbel ao concepto que se lle quere aplicar.
Podemos probar o proceso inverso. Coller unha persoa autenticamente nacionalista e partindo dela tratar de chegar ao que este concepto significa. O problema é que como sabemos que estamos diante dun nacionalista sen ter previamente unha idea do que isto é?.
Afortunadamente a cousa foise clarificando e hoxe os nacionalistas e os non-nacionalistas foron acoutando os seus campos semánticos de xeito que dificilmente atopamos algún centralista que se denomine como tal, e moito menos os vellos movementos fascistas. O termo foi asentando no marco do noso Estado na denominación dos vascos, cataláns e galegos que así se declaran e o camiño para contrastar o que din ser co que fan é máis doado. É nese contexto que podemos sacar proveito do seguimento da traxectoria vital dun ideólogo deste pensamento político para determinar con maior detalle o alcance e formulación da teoría que pretendemos comprender.
Podemos dicir que en Castelao atopamos a unha personalidade integramente nacionalista. E para saber máis do que é o nacionalismo só compre con coñecer máis detalles da súa biografía política. Non por curiosidade morbosa ou divertimento nostálxico senón para entender un ideario e saber da súa substancialidade, distinguindo o estrutural do conxuntural, relacionando o caso particular co dos demais nacionalistas, detectando as súas contradicións e captar a súa historicidade. En definitiva, a vida de Castelao é un completo manual doutrinal.
Quizais o instante privilexiado para aprecialo sexa o momento onde Castelao ficou máis solo e tivo que apandar el coa responsabilidade de termar sobre si mesmo co peso de todo un proxecto que viña de ser abortado polo golpe militar franquista. O Castelao de 1936 a 1950. Que é o mesmo que había con anterioridade pero agora máis explícito.
Teríamos que saber máis do seu día a día na guerra, desde que participa na conformación da milicia galega até que viaxa como propagandista da república pola URSS, Cuba e EEUU, pasando pola súa etapa de Valencia e Barcelona. Que se coñece do seu proxecto de desembarcar na Galiza co apoio do Goberno Vasco?, das súas intervencións a prol da fronte asturiana?. Que foi do seu confronto con Giral durante a guerra?. Enfrontamento do que tanto se falou e inflou sen que se presentasen probas ao respecto.
Compre analizar o seu labor parlamentar a prol de rematar o proceso estatutario nas cortes de Montserrat e México, así como o seu traballo no mesmo sentido como Ministro no goberno Giral e mesmo con posterioridade (as xestións naqueles días nos que se demorou en París antes de volver a Arxentina).
É preciso debullar o acontecido cunha alianza estratéxica para el como é a de Galeusca, e contrastar as súas diferencias cun nacionalismo catalán que morría continuamente de éxito (a súa forza foi a súa maior debilidade) e un nacionalismo vasco que non aguantou a presión da social-democracia española para desvialo do camiño trilateral. Que pasou coa Alianza Democrática (ANFD) para non dar chegado a acordo, porque ese rexeitamento frontal ao pacto cos monárquicos e a política de reconciliación nacional que lle presentaba o PCE, a que viña esa defensa da legalidade republicana no exilio fronte a experimentos como a JEL e, sobre todo, como iso encaixa co marco ideolóxico que el tiña.
Mais, o que pode resultar moi clarificador é o seu enfrontamento cun galeguismo interior que era cativo teórico da situación práctica de represión na que vivía.

Hai que entender o que representa a constitución do Consello de Galiza desde o punto de vista institucional e a Irmandade Galega como organización de masas, e como para Castelao o suxeito revolucionario non só eran os emigrantes, nin sequera os mariñeiros e labregos, senón tamén o proletariado, isto é, debemos entender a quen dirixe a súa mensaxe e como proxecta levar a cabo o seu ideario.
En definitiva, en cada carta, documento, anécdota, brincadeira ou nova que chega do Castelao deses anos vaise botando luz sobre algo máis que unha peripecia persoal, axuda a fixar o aparello teórico do nacionalismo como ideario cheo de contido concreto. É mais, a partir das súas diferenzas con outras figuras do galeguismo e mesmo co nacionalismo vasco e catalán, permitiranos, coa perspectiva dos anos, apreciar que consecuencias tiveron as diferentes posicións para lograr achegarse ou afastarse máis duns determinados obxectivos, e así, delimitar con máis precisión quen estaba a soster unhas teses coherentemente nacionalistas e quen se deixaba arrastrar polo presentismo oportunista. E dito o de oportunismo sen carga pexorativa. Simplemente valorar se valeu a pena renunciar a principios ou ceder en cuestións ideolóxicas para o que se conseguiu a cambio.
Posiblemente hoxe o nacionalismo e Galiza non serían os mesmos se Castelao non existise, mais tamén é certo que Castelao fixo o que puido para deixar tras de si unha pegada que se acumulase a prol da tradición de emancipación do país. Un individuo que pode facer?, din os que queren xustificar a súa abstención en intervir socialmente. Pois analizando algún caso coma este vemos que se pode facer bastante. Mais é certo que o seu labor non foi nunca individualista. Sempre o atopamos organizado, desde o Partido Conservador e o agrarismo de Rianxo até a Irmandade Galega de Bos Aires, pasando polas Irmandades da Fala e o PG. Pode que nestes tempos de ofensiva contra as organizacións políticas e sindicais atopemos na súa experiencia persoal información que nos axude a dilucidar o debate sobre as estruturas axeitadas para canalizar a execución do ideario nacionalista.
Castelao non só tratou de organizar aos galegos, senón que tamén os tratou de organizar con vascos e cataláns, tanto a nivel institucional como partidario, para desenvolver unha acción colectiva conxunta. Compre analizar na práctica o seu concepto de auto-organización cando atopamos o problema da participación no Fronte Popular antes do 36, e no Exército da República durante a Guerra e no Goberno Giral con posterioridade. Onde están os límites, como fixar as alianzas sen perder os principios, até onde se estende o compromiso con forzas que representan ao Estado co cal se pretende rachar, cando menos na súa formulación centralista.
Castelao foi un militante. Daba conta do que facía diante dos organismo dos que formaba parte, representaba a decisión acordada no seo destes e executaba as ordes do responsable de organización elixido polo partido. Compre revisar a correspondencia con Bóveda para apreciar até que punto asumía isto. Mais unha vez que se dinamitaron as estruturas do partido, tentou por todos os medios de reconstruílas, asumiu a xefatura no exterior e promoveu a reorganización no interior (que se demorou máis do que el quixera).
Compre distinguir a súa actuación a respecto do partido no exilio da que tivo cos do interior cos que finalmente rachou. Temos acceso a correspondencia con Prada para apreciar como envía informes e consulta a este e demais correlixionarios. Non vai por libre en ningún momento. Mais cuestiona a lexitimidade coa que unha limitada xeira de persoas se arrogan de xeito antidemocrático a representación do PG no interior. Certo que seguramente a estruturación do partido non podía ser participativa e deliberativa, mais unha vez que eran así as circunstancias non lle parecía lóxico o ton co que se dirixían a el esixíndolle unha disciplina da que renegaba quen llo pedía.
Castelao sufriu moito na súa rotura co partido no interior porque el acreditaba na necesidade de ter organizacións políticas propias fronte aos que precisamente sostiñan o contrario mentres paradoxalmente ocupaban a dirección destas.
Aínda que en vida de Bóveda deixou a el o labor de pensar nestas cuestións, tamén atopamos na súa obra unha reiterada preocupación teórica por como debe artellarse partidariamente o nacionalismo. Non incrustándose individualmente en partidos ou organizacións alleas, por suposto, máis tampouco excluíndo a diversidade ideolóxica que existe no mundo e que ten a súa concreción na Galiza en función da súa composición social.
Castelao ten un labor organizativo que acompañou o seu traballo teórico, fundamentalmente no "Sempre en Galiza" mais tamén nas cartas, e que hoxe achega unha experiencia de como se debe entender a organización do nacionalismo e tamén como se trata de desorganizar este cando se deixa de ser nacionalista. O frontismo, o respecto polo pluralismo, a busca de puntos de encontro que nos xunte fronte a procura continua de diferencias que nos afasten, etc... Todo iso se aprecia na súa acción deses anos.
Castelao empuxou a teoría nacionalista até un punto onde só cabe erguerse sobre ela pois calquera que trate de comezar de cero arríscase a abandonala. Hoxe xa non se pode ser nacionalista sen partir de Castelao, sen repetir a Castelao. Na teoría, mais tamén na práctica.
Cada vez que un ten a ocorrencia de innovar atópase reproducindo o dito polos non nacionalistas, cae nas mesmas teses resesas do centralismo de toda a vida. Non din nada novo, tanto no programático como nos aspectos organizativos. Mais preséntase como moderno pola novidade de ser escoitado de beizos nacionalistas. Aínda que tamén é certo que niso houbo quen lles pisou a idea. No caso galego: Ramón Piñeiro. Quen desde as filas do nacionalismo sempre defendeu ideas non nacionalistas até que desembocou finalmente nun PSOE no que estas se atopaban mellor encaixadas.
Por iso é interesante recuperar o confronto Castelao-Piñeiro. Non por arqueoloxía. É entender os termos actuais dos debates desde a perspectiva privilexiada que dan os anos e, sobre todo, saber en que acabou cada quen. De aí que sexa tan importante confrontar os conceptos coa praxe, e resulte tan útil saber da vida e non son da obra de persoeiros do pasado que achegan claridade á confusión conceptual presente.
En definitiva, indagar máis no decorrer existencial de persoas que encarnaron un determinado ideario contribúe a perfilar os termos concretos nos que se substancia hoxe dita teoría. No caso do nacionalismo, a figura de Castelao e os momentos decisivos que protagonizou logo da desfeita do 36, son fundamentais para comprender este pensamento ao contemplalo en vivo, encarnado nunha personalidade tan diáfana como esta. Non reneguemos pois dun home e un nome que cansa de tan citado e recitado como nos semella. Non caiamos no erro que advertira Sócrates de crer que sabemos todo e xa que logo deixar de pescudar. Se volvemos sobre Castelao comprobaremos como en cada volta atoparemos cousas autenticamente novidosas e descubriremos continentes realmente descoñecidos fronte a actitude dos que cren inventar a pólvora co simple xesto de ignorar que antes xa se lle ocorrera isto a outro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário