Vilagarcía segue tendo na súa orde de distincións a Francisco Franco, medalla de ouro da cidade, ou a Carmen Polo, distinguida coa Perla de Arousa. Unha situación que vulnera a Lei de memoria histórica e que onte foi levada ao pleno por Esquerda Unida. No 2008 aprobouse a retirada das distincións a Franco e Polo pero aínda non se realizou, do mesmo xeito que continúan no rueiro da localidade apelidos como Conde Vallellano ou Rivero Aguilar cun indubidable tufillo fascista. A moción para reverter a situación foi aprobada por unanimidade e chegouse tamén ao compromiso do grupo de goberno de estudar o rueiro da localidade para cumprir así coa memoria histórica.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário