Polígono de tiro de Marín (Escola Naval Janer) |
Diario de Pontevedra 23/04/2014 - Cecilia Martínez (Bueu)
Como foron os días do golpe franquista no Morrazo? Sobre este asunto tratarán o domingo en Bueu o historiador Xosé Álvarez Castro, que presentará o seu libro ‘Pontevedra nos anos do medo’; o investigador de Marín Celso Milleiro, e o ex-alcalde de Bueu e membro da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, Xosé Novas, na homenaxe anual que este último colectivo celebra por estas datas.
Segundo o relato dos poñentes, coa chegada das forzas franquistas a Pontevedra o 18 de xullo de 1936, as milicias republicanas das vilas da provincia mobilízanse para evitar a toma do poder por parte dos golpistas. No Morrazo, Bueu contaba cunha importante representación local do Partido Galeguista e, en Marín, o comité de defensa creado para atallar a situación estaba composto principalmente por xente da UXT (que se coñecía como Federación Obreira), xunto cos socialistas. Na vila marinense destaca a gran sociedade de canteiros mobilizados, que eran a columna vertebral do movemento obreiro, ao igual que os carpinteiros, os maquinistas e os fogueiros, «que estaban ben organizados».
As noticias do levantamento en África do Exército o día 17 chegan ao sur de Galicia o 18. No Goberno Civil de Pontevedra fórmase un comité de defensa da República integrado polas diversas forzas da Fronte Popular e manténse contacto cos concellos, entre eles o de Bueu, «para que estean alerta sobre o que poida suceder».
«A idea é non facer actos que dean escusas para que os militares saian á rúa». Nestes días procédese á confiscación de armas e a facer rexistros en domicilios de significados progolpistas por se tiñan armamento, e en Bueu tamén se confiscan armas. O 20 de xullo organízase nesta vila mariñeira unha expedición, dirixida polo tenente de alcalde Francisco Piñeiro, con camións, coches e as armas incautadas para ir a defender o Goberno Civil ante a ameaza do golpe. Todos pasan, pero un destes vehículos é interceptado en Marín polos mariños do Polígono de Tiro Jaime Janer, que xa se pronunciaran a favor da toma franquista. Isto fixo que parte dos morracenses mobilizados voltasen escapados a pé a Bueu.
Marín, que tiña a base militar situada no actual emprazamento da Escola Naval, caracterizouse polo seu importante movemento sindical de obrerios, «equiparable ao de calquera das cidades galegas, incluso máis que o de Ourense». Por iso houbo unha represión grande, que acabou con doce consellos de guerra e con dez fusilamentos, entre eles o do alcalde socialista José Blanco Solla, explica Milleiro.
Entre os días 18 e 20 vívese xa a represión na vila marinense (os militares tardan un pouco máis en chegar a Bueu).
Na localidade buenense, a partir de que se coñece que se produce o golpe o día 18, o tenente de alcalde Francisco Piñeiro Barreiro (o alcalde Johán Carballeira estaba en Madrid negociando diversos asuntos sobre a pesca da sardiña) toma as primeiras medidas en función do que ordeaba o Goberno civil, fundalmentalmente de detectar máis explosivos, se é posible en domicilios de persoas sospeitosas de ser progolpistas e falanxistas. «Aí reúnense as forzas críticas da Frente Popular, principalmente as xuventudes, e o luns 20 incorpórase Carballeira», explica Xosé Novas. «Entón prodúcese toda unha movilización de xente cara a Pontevedra, e xa ao longo do día se empezan a producir viaxes en camións, en autobuses e en diferentes automóbiles, dende a mañán ata as seis da tarde, para a mobilización convocada pola República». En Marín, no campo de tiro Jaime Janer, montouse un posto de control que parou ao último vehículo que saiu de Bueu. Pasaron todos os camións, menos este. «Despois, unha vez que se lanzan as octavillas dicindo que volveran para casa, uns veñen polo monte, outros en vehículos, outros cambian de ruta, dunha maneira achantada, pero acaban vindo todos coa máxima discreción posible, salvo o tenente de alcalde, que xa queda preso en Pontevedra. Préndeno na Escola de Maxisterio, que se converteu nunha prisión, na que estivo Bóveda tamén, déixano alí e logo quítano a ‘paseo’».
A primeira vítima mortal que se produce en Marín nesas datas, concretamente o día 20, é un mariñeiro duns vinte anos, Daniel Pereira Figueroa. Uns falanxistas lévano ao calabozo do Concello á noite e péganlle «tal malleira que o deixan xa morto», sinala Celso Milleiro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário