O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 22 de julho de 2014

Denuncian a "conversión" de San Simón "na illa do esquecemento"

En primeiro término Manuel Rivas. Foto da IGM
Praza Pública 19/7/14
A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), coordinadora galega de grupos memorialistas, celebrará este domingo 20 a Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo na Illa de San Simón. Na homenaxe participarán ao redor de 300 representantes destes colectivos, que ademais do recordo e o recoñecemento ás persoas mortas, presas e represaliadas, servirá para denunciar o que o colectivo A Regaduxa de Vilaboa sinala como "decisión do goberno da Xunta de Galicia, do PP, de silenciar e ocultar a historia da illa de San Simón como lugar da represión franquista e espazo da memoria histórica democrática de Galicia"
 
Para a entidade, este feito "forma parte da política do PP de afogar e aniquilar todas as iniciativas desenvolvidas no período 2005-2009 pola Xunta de Galicia e o movemento asociativo para a recuperación da memoria histórica, que se concretaron entre outras medidas na conmemoración en 2006 do Ano da Memoria, o desevolvemento do proxecto de investigación Nomes e Voces sobre a represión franquista en Galiza, e o intenso labor realizado polas entidades de recuperación da memoria histórica".
Denuncia que a illa "está absolutamente infrautilizada" e que na súa "escasa programación se intenta ocultar o periodo histórico no que a illa foi convertido en sinistro escenario do terror franquista"
A Regaduxa lembra que un dos piares dese programa institucional e social "foi precisamente a escolla da Illa de San Simón como espazo simbólico da represión fascista e da homenaxe ás súas vítimas, polo que foi bautizada como a Illa da Memoria". Nese contexto, a illa acolleu múltiples actividades de recoñemento, divulgación e lembranza, e a historia da illa como lugar de represión era un elemento central das visitas guiadas a este espazo. O colectivo denuncia que a illa "está absolutamente infrautilizada" e que na súa "escasa programación –centrada en escasos eventos lúdicos e visitas turísticas- se intenta ocultar o periodo histórico no que a illa foi convertido en sinistro escenario do terror franquista no que foron recluidos máis de 5.000 demócratas".
 
O único acto organizado na Illa anualmente en relación coa recuperación da memoria histórica, explican, é o organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria, "mentres que o goberno galego non promove nin unha soa actividade relacionada co que segue a ser un pasado incómodo para a dereita". A Regaduxa denuncia "a transformación da Illa da Memoria en Illa do Esquecemento" e reivindica "o desenvolvemento dunha programación estábel, financiada con fondos públicos, arredor da historia da illa como escenario do terror fascista e como espazo de homenaxe ás súas vítimas".
 
Nos actos deste domingo un representante da IGM falará da historia da illa como penal franquista. A seguir, o escritor e xornalista Manuel Rivas lerá as conclusións preliminares (á espera de que en outubro deste ano redacte as conclusións definitivas) elaboradas por Pablo de Greiff, relator da ONU, trala súa visita a Galicia o pasado mes de xaneiro, conclusuóns "demoledoras" segundo a IGM, ao manter "a impunidade dos crimes do franquismo". Finalmente, trala lectura dun poema, serán ceibadas unhas pombas "nun xesto simbólico que expresa a metáfora da busca da liberdade por parte de todas as persoas que alí estiveron presas por loitar pola xustiza, pola democracia e contra a ilegalidade do golpismo franquista".
 
Cantando o Himno Galego ao final do acto. Foto da IGM
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário