Asociación de Memoria Histórica 28 de agosto
Cangas
05/07/2014
Desde 1913 as motoras de Cangas atrévense a
ir pescar a sardiña as costas portuguesas, especialmente dende que termina a
ceifa en Galicia, é dicir, de setembro a abril. As primeiras accións da Alianza
Marinera foi regular a contratacións e o traballo a bordo. Ós armadores non se
lle permitía contratar mariñeiros que non
estivesen asociados á Alianza, os barcos tiñan que levar un delegado da Alianza que tiña a misión
fundamental de controlar as contas e facer respectar a regulamentación do
traballo a bordo e as instrucións da Alianza.
As negociacións das Bases de Traballo
(o convenio colectivo para os tripulantes das motoras de Cangas que
andaban principalmente á sardiña á ardora nas costas galegas e portuguesas)
ocupan os principais esforzos da Alianza durante especialmente os anos 1914 a
1916, 1919 e 1931 a 1933,
Desde 1915 a Alianza cataliza unha batalla
frontal ó caciquismo, que culmina en 1917, no dobre éxio da folga xeral e do
trunfo nas eleccióna municipais, anque respecto destas últimas o caciquismo
conseguirá manipular para impedir o acceso ó poder municipal dos candidatos da
Alianza e das forzas democráticas ata 1920, con cinco anos de forcexeos. Estes
esforzos de democratización levan a anos de inestabilidade municipal e de
eleccións repetidas que terminan coa elección do alcalde proposto pola Alianza.
Dende as eleccións de febreiro de 1920, xa quedaba claro que en condicións
democráticas, sería a Alianza quen poría alcalde en Cangas. Nos períodos de
plenitude ten entre 1500 e 2000 socios activos, e nos de inacción descende ata
quedar practicamente sen socios cotizantes.
Na noite do 5 ó 6/2/1922 a Sociedade, como
estaba decaída, pasaba por malos momentos. O local foi incendiado, pero os
mariñeiros superaron o duro suceso
mercando un solar que logo cos sindicatos construirían unha casa que se
terminou de facer a últimos do 1924 e que seria chamada a Casa do Pobo que seria
o foro asembleario dos obreiros e mariñeiros,e cando se chegan a organizar, a
partir de 1935, das redeiras e fabricantes.
En
setembro do 1931 a Alianza federase na CNT e sepárase da UXT. A finais de
outubro do 1931 Alianza Mariñeira participa no Congreso de Constitución da
Federación Nacional do Sindicato de Industrias Pesqueras (CNT).
En toda historia da Alianza Marinera poucas veces foi clausurada arbitrariamente.
Unha delas foi en outubro de 1934 e ata
xaneiro de 1935 sen ningún fundamento legal, pois a dereita instalada no
goberno da república exerceu unha feroz represión contra os obreiros
organizados que non se parou en ningunha consideración legal, e obedecía
principalmente ó seu afán de vinganza.
No 1936
a Alianza Marinera participa no Congreso da CNT en Zaragoza.
A creación da Alianza Mariñeira representa
unha transformación moi radical tanto socialmente como politicamente en Cangas. Dende a súa
fundación ata a clausura, os mariñeiros teñen un apreciable control social e
político. A Alianza Mariñeira, tivo moito que loitar contra os abusos por parte
dos armadores, conserveiros e de outros estamentos sociais, esta foi capaz de conseguir moitas melloras sociais
para a colectividade mariñeira. Estes anos foron socialmente intensos na
historia de Cangas, os mariñeiros tiveron
que loitar e sacrificarse a caso foi demasiado
breve a súa historia que rematou cun
final tráxico a finais de xullo de 1936 polo
goberno nacional-católico que “silenciou
o mar” clausurando e incauta o patrimonio da sociedade e incendia a
biblioteca e reprimindo e asasinando ós dirixentes .
Nenhum comentário:
Postar um comentário