O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 29 de julho de 2014

Un colectivo busca á familia dun lancarés exhumado en Burgos

Traballos de exhumación en Valdenoceda. (EP)
29/07/2014 - L.P. / El Progreso (Sarria)
Fai 75 anos faleceu na prisión burgalesa de Valdenoceda un lancarés, Adolfo Pérez López. Os seus restos foron recuperados pola Agrupación de Familiares de Represaliados en Valdenoceda, que intenta localizar os achegados do home co fin de realizar análise de ADN e confirmar o 100% a identidade de Adolfo Pérez para entregar os restos os seus descendentes.
 
O lancarés era natural da parroquia de Ronfe, aínda que residía en Madrid. Segundo consta no seu expediente, faleceu o 18 de novembro de 1939 á idade de 47 anos e era empregado. O colectivo busca á súa familia, aínda que cos apelidos Pérez López, tan habituais, «é case imposible conseguir a alguén en Madrid», explicaron desde a entidade. Agora traballan con novas pistas, pois o lancarés estaba casado con Rosario Sola, coa que tivo tres fillos.