O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 21 de julho de 2014

«Ferrol está infravalorada na historia da Guerra Civil»

Reedición en ebook
Entrevista | Xosé Manuel Suárez 
Doutor en Historia e mestre, Suárez quere rescatar do esquecemento a represión padecida por toda a provincia da Coruña durante o enfrentamento bélico do 36
  
A Voz -  Ramón Loureiro - Ferrol 03 de julio del 2005
Suárez, autor de Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, agora, «a través dos rexistros civís», está a facer un «estudo da mortalidade causada pola represión», no que se inclúen «tanto os fusilamentos por sentenza de consello de guerra como os chamados paseos ».
 
-¿Foi a da Coruña unha provincia especialmente castigada pola represión durante esa guerra?
-Si. A de maiores cifras en Galicia, e con tres grandes centros represivos: por esta orde, Ferrol, A Coruña e Santiago.
 
-A pesar de que foi unha das primeiras provincias en sumarse ao alzamento franquista...
-A ver, iso habería que explicalo, porque aquí hai unha serie de tópicos que deforman a realidade. Galicia sumouse tarde ao alzamento, que aquí comezou na cidade da Coruña o 20 de xullo. Outra cousa é que a partir dese día, caese rapidamente. E Ferrol foi o que máis resistiu, o lugar onde houbo a batalla decisiva polos barcos e pola base naval con máis efectivos de toda España. Ferrol está infravalorado na historia da guerra civil. Asturias cae porque cae Ferrol.
 
-¿Quedan mortos represaliados dos que aínda non temos noticia?
-Penso que non. En Ferrol, case ningún, salvando a cuestión de Vilarrube, aínda que no resto da provincia pode haber máis casos. Teño rexistrados máis de 1.100 casos de executados na provincia por causas políticas na guerra civil.
 
-¿Que pasou en Vilarrube?
-En Vilarrube, segundo os testemuños orais que temos, se mataba xente retida no campo de concentración de Cedeira. Cando eu vou alí á praia cos meus fillos non podo deixar de pensar que podemos estar pisando, quizais, os restos de persoas executadas polas súas ideas.
 
-De todo o que se falara e escribira sobre a Guerra Civil española, ¿que non saberemos xamais?
-Quizais nunca saberemos como acabaron todos os desaparecidos, pero en cambio si podemos empezar a dicir xa como afectou á sociedade a eliminación dos sectores máis dinámicos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário