IGM
Como todos os anos chega a data que temos por costume levar a cabo un acto conxunto das asociacións galegas da memoria histórica en San Simón, isto é, o domingo máis próximo ao 18 de xullo. Neste caso o 20 de xullo.
Este ano o Día do Homenaxe ás Vítimas do Franquismo á viaxe que o Relator especial da ONU para a Verdade, a Xustiza, a Reparación e as Garantías de Non Repetición, Sr. Pablo de Greiff fixo a Galiza no pasado mes de xaneiro. O Relator da ONU fixo e publicou unhas conclusións preliminares do seu traballo de observación no que atinxe ao respecto aos dereitos humanos no Estado español no referente á memoria histórica, que, logo de xuntarse con representantes das asociacións da Iniciativa Galega pola Memoria, supoñen unhas conclusións realmente DEMOLEDORAS para o Estado español, que, segundo o Relator da ONU, non está a cumprir, nin os tratados internacionais asinados polo propio Estado español, nin a lexislación internacional referente ao respecto aos dereitos humanos, defendida pola propia ONU, á que parece que pertence o Estado español. Digo que parece que pertence, porque polo que fai, parece que non é así.
Está xa confirmada a presenza na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo do escritor e xornalista Manolo Rivas, quen vai ler un resumo das conclusións do Relator da ONU da sua visita a Galiza, sobre todo o referente ao respecto aos dereitos humanos.
En principio -falta a definitiva confirmación-, o barco sairá de Cesantes. Pero pode darse un problema ocasionado polas mareas, similar ao que ocorríu o ano pasado, e se o barco saira de Vilaboa, ou con outro horario, avisaríamos co tempo abondo para avisar aos colectivos.
Están garantidos tres viaxes do barco, para recoller a xente -presumiblemente no peirao de Cesantes-, o horario do acto sería o seguinte:
Prazas limitadas suxeitas a inscripción nas asociacións de memoria
Saída do 1º barco .- 10,15 h.
Saída do 2º.barco - 10,40 h.
Saída do 2º.barco - 10,40 h.
Saída do 3º barco - 11,00 h.
O acto central na illa sería ás 12,30
E o regreso faríase a partir das 13:30 h.
As persoas que veñan de lonxe, teñen que coller o primeiro barco en regresar. A razón desto é lóxica: a xente que vive perto da illa ten que chegar cedo e marchar tarde, a xente que vive lonxe, ten que chegar tarde para marchar cedo, xa que moitas desas persoas van xantar aos seus respectivos lugares.
Este ano a axenda reducirase ao acto na Illa de San Antón.
Nenhum comentário:
Postar um comentário