“As letras galegas sufriron durante moito tempo unha longa noite de pedra da que é responsábel o franquismo”, comezou a dicir, en comparecencia de imprensa, Fernández Lores en resposta á pregunta sobre a posición do Concello diante do nomeamento do que fora alcalde Filgueira Valverde, a quen chamou en todo momento “profesor”.
"Había persoas que tiñan máis mérito desde Carvalho Calero a Manuel María"
“O profesor Filgueira Valverde tivo unha alta actividade no franquismo, todas as responsabilidades habidas e por haber e non nos parece a persoa máis indicada para dedicarlle as Letras Galegas nesta época na que estamos a pasar unha época de retroceso do idioma e da cultura”, valorou o alcalde de Pontevedra (BNG) para quen a designación foi “un erro da Academia, improcedente que non creo que fose conveniente nin para a figura do propio profesor Filgueira”.
Segundo Lores, a división na Academia á hora de nomealo pon de relevo que estamos perante o que cualificou de “erro”. “Había persoas que tiñan máis mérito desde Carvalho Calero a Manuel María”, sinalou a respecto dun nomeamento que, segundo dixo, “xera polémica e non está xustificado”.
Nenhum comentário:
Postar um comentário