O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 3 de julho de 2014

Sober homenaxeará en outubro ás vítimas da represión franquista

Comarca da Terra de Lemos
A xunta de portavoces dos grupos políticos do Concello de Sober, nunha reunión celebrada onte, acordou organizar este ano un acto de homenaxe aos veciños do municipio que foron vítimas das represalias políticas na Guerra Civil e o franquismo. En principio, a data elixida para esta conmemoración é o 25 de outubro. A iniciativa foi proposta fai algún tempo no pleno por Paula Vázquez Verao, concelleira de Anova, e contou co apoio dos demais grupos.
 
ADVERTISEMENT

Os actos conmemorativos que se levarán a cabo en outubro serán perfilados ao longo do verán, pero de momento xa se decidiu que se elaborará unha declaración institucional acordada entre todos os grupos políticos da corporación. Así mesmo, preténdese organizar un coloquio público no que participarán tres expertos na represión política durante a Guerra Civil e a posguerra. Por agora non se decidiu quen serán os investigadores da historia recente que poderían participar neste debate. Segundo acordouse na reunión de onte, o programa comprenderá ademais algún acto musical e unha comida de confraternización á que poderán asistir todas as persoas que o desexen.
 
Invitación ás familias
Os promotores da iniciativa invitarán a asistir a estes actos aos familiares de todas as vítimas soberinas da represión política que sexa posible localizar. Os responsables do proxecto de memoria histórica Nomes e Voces reuniron información sobre preto dunha vintena de veciños do municipio que sufriron represalias mortais.
 
Desde agora ata que se celebre a xornada de homenaxe intentarase localizar a parentes doutras posibles vítimas que non teñan sido rexistradas na referida relación.

Nenhum comentário:

Postar um comentário