O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 22 de febreiro de 2015

A CRMH entregou unha carta a Felipe de Borbón para que borre o franquismo das rúas

 
Sr. D. Felipe Borbón
Rei de España
Casa Real. Palacio da Zarzuela
Madrid
 
A Coruña, 18 de febreiro de 2015
 
Fernando Souto Suárez, con DNI XX.XXX.XXX en nome e representación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), con enderezo na rúa Olmos 16-18, 1º 15002 A Coruña, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, e con CIF G-70026687, quere aproveitar a súa visita oficial á cidade da Coruña do próximo 19 de febreiro, a primeira despois da súa coroación, para desexarlle unha boa estancia, seguro que con sol, e facerlle chegar unha serie de consideracións e peticións.
 
Pouco despois da súa coroación o 19 de xuño de 2014, recibía vostede o 21 de xuño, no seu primeiro acto oficial como rei de España, a máis de corenta representantes de asociacións e fundacións de vítimas do terrorismo, manifestando vostede a súa solidariedade e que nunca esquecerán o seu sufrimento e dolor. Nós compartimos eses sentimentos, pero vostede esqueceu no seu discurso de coroación ás vítimas do peor dos terrorismos, o terrorismo de Estado, unha ditadura criminal que sufrimos durante 40 anos e que foi equiparada pola ONU en 1946 cos réximes da Alemaña nazi de Hitler e do fascismo da Italia de Mussolini. Por outra parte, vostede aínda non dixo nada da contribución das vítimas do franquismo á conquista da democracia e das liberdades.
 
Despois de 40 anos da morte do ditador Franco, aquí hai 150.000 desaparecidos (caso único a nivel mundial e unha auténtica vergoña de Estado), miles de nenos e nenas roubados polo franquismo; máis de 2.400 fosas comúns que aínda están sen exhumar. Estamos a falar de crimes contra a humanidade que non prescriben, segundo a ONU. Son centos de miles de familias que, como vítimas da represión franquista, teñen dereito á verdade, xustiza e reparación por parte do Estado. Dereito que está recollido en numerosas recomendacións e resolucións que durante 2013 e 2014 fixeron distintos organismos da Nacións Unidas, despois de visitar España.
 
 Vostede sabe que España é hoxe un refuxio de criminais e non estamos a falar das mafias estranxeiras, senón de persoas acusadas pola xuíza arxentina María Servini, dentro da chamada Querela Arxentina contra os crimes do franquismo. O goberno de España négase a facilitar a extradición de policías torturadores e ministros da ditadura que, en virtude da xustiza universal, deberían comparecer ante a citada xuíza. Consideramos que isto non contribúe nada a difundir o prestixio da “Marca España”.
 
 Non só están esquecidas as vítimas do franquismo, senón que se conceden todo tipo de honores e distincións a golpistas e criminais; continúan con títulos nobiliarios os fillos e netos, e ocupan os nomes das nosas rúas e espazos públicos.
 
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, mediante carta dirixida ao rei Juan Carlos, xa pedimos o 19 de novembro de 2009 a retirada de títulos nobiliarios, cun resultado negativo. Estes son algúns dos títulos concedidos polo ditador Franco ou polo rei Juan Carlos a persoas que se sublevaron contra a democracia e o réxime constitucional da II República, que cometeron crimes contra a humanidade e que non merecen ningún tipo de recoñecemento social:
 
-Marquesado de Arias-Navarro, concedido polo rei Juan Carlos a Carlos Arias Navarro, mediante Decreto de 2 de xullo de 1976, ao día seguinte de presentar a súa demisión como Presidente do Goberno. Carlos Arias Navarro era coñecido popularmente como “Carnicero de Málaga” polo seu papel como fiscal na represión da poboación de Málaga, cando en febreiro de 1937 cae en poder dos fascistas. Na fosa do cemiterio desta cidade hai 4.471 persoas asasinadas (349 son nenas e nenos) e xa foron exhumadas 2.840. Como unha persoa implicada na represión criminal da ditadura franquista e no asasinato de miles de persoas, pode recibir do xefe do Estado unha distinción honorífica como un marquesado e o título de “Grande de España”?
 
-Ducado de Franco, con Grandeza de España, concedido polo rei Juan Carlos o 26 de novembro de 1975, mediante Decreto Lei 18/1975, a Carmen Franco Polo, filla do ditador. ¿Como se poden conceder estes honores e recoñecemento social a un ditador, poucos días despois do seu falecemento?
 
-Señorío de Meirás, creado polo rei Juan Carlos o 26 de novembro de 1975, con Grandeza de España, para Carmen Polo Martínez Valdés. Este título nobiliario desapareceu cando morreu a viúva do ditador Franco en febreiro de 1988, pero a solicitude do neto maior do ditador, o rei Juan Carlos asinaba un decreto para que fose Francisco Franco Martínez Bordiu o novo titular do Señorío de Meirás. Sería posíbel en países democráticos como Alemaña ou Italia a existencia dos Señoríos de Hitler ou Mussolini? O pazo de Meirás non foi un regalo do pobo a Franco, senón un auténtico roubo, adquirido cos descontos que se facían nas nóminas de traballadores e funcionarios e coas achádegas dos concellos. Desde a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica levamos anos reivindicando a devolución do pazo roubado ao patrimonio público.
 
-Ducado de Mola, concedido a título póstumo o 18 de xullo de 1948, polos servizos prestados ao rexime fascista polo xeneral Emilio Mola Vidal. Este militar foi un dos dirixentes da sublevación en 1936 contra o réxime democrático e constitucional da II República. Como pode recibir este golpista, terrorista e criminal unha distinción nobiliaria con Grandeza de España? A orde 556/2009 de 20 de febreiro de 2009 do ministerio de Xustiza recollía a Real Carta de Sucesión no título de Duque de Mola a favor de Emilio Mola Pérez de Laborda, por falecemento do seu pai Emilio Mola Bascón.
 
-Marqués de Queipo de Llano, concedido en 1950 a favor do fillo do xeneral Queipo de Llano e posteriormente, en 2012, a favor do neto Gonzalo Queipo de Llano Mencos. O xeneral Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, figura destacada da sublevación de 1936, chamaba a cometer terribles violacións dos dereitos humanos. Así, na arenga na radio dicía o 23 de xullo de 1936: “Nuestros valientes legionarios y Regulares han enseñado a los cobardes de los rojos lo que significa ser hombre. Y, de paso, también a las mujeres. Después de todo, estas comunistas y anarquistas se lo merecen, ¿no han estado jugando al amor libre? Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres de verdad y no milicianos maricas. No se van a librar por mucho que forcejeen y pataleen”.
 
-Marqués de San Leonardo de Yagüe, concedido en 1953 a favor de Juan Yagüe. O xeneral Juan Yagüe é coñecido como o “Carnicero de Badajoz” polos crimes cometidos. Despois da matanza da praza de touros de Badajoz, declaraba: Naturalmente que los hemos fusilado ¿Pensaban que me llevaría conmigo a 4.000 rojos mientras mi columna avanzaba luchando contrarreloj? ¿Debía dejarlos en libertad a mis espaldas, permitiéndoles que hicieran nuevamente de Badajoz una ciudad roja?”.
 
-Duque de Carrero Blanco, concedido a título póstumo en 1973 a Luis Carrero Blanco. Foi íntimo colaborador do ditador Franco. Despois da sublevación fascista, busca refuxio nas embaixadas en Madrid de México e de Francia para non apoiar o goberno da II República. En 1937 conseguiu pasar á zona franquista, na cal prestou servizo como enlace naval ás ordes do xeneral Dávila, intervindo en operacións da fronte de Santander, mandando o destrutor "Huesca" e o submarino "Sanjurjo", e desempeñando o cargo de xefe do Estado Maior da División de Cruceiros. Nomeado xefe de operacións do Estado Maior da Armada, foi subsecretario da Presidencia do Goberno, conselleiro nacional de FET e das JONS, vicepresidente segundo das Cortes, ministro vicealmirante, almirante, vicepresidente e presidente do Goberno franquista.
 
-Marqués de Dávila, concedido o 18 de xullo de 1949 a favor de Fidel Dávila Arrondo, xeneral que participou no golpe de Estado de 1936 e foi ministro do Exército nos primeiros gobernos franquistas.
 
-Conde do Alcázar de Toledo, concedido o 18 de xullo de 1948 a favor de José Moscardó e Ituarte, que encabezou a sublevación militar en Toledo. A placa dedicada nesta cidade “Al heroico general D. José Moscardó. La Ciudad Imperial”, foi retirada en 2010, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
 
Marqués de Varela de San Fernando, concedido en 1951 a título póstumo a favor do seu fillo José Enrique Varela Ampuero. O capitán xeral José Enrique Varela Iglesias participou na sublevación de 1936. Renova o título o 18 de decembro de 2013 o seu neto José Enrique Varela Urquijo.
 
-Marqués de Somosierra, concedido o 1 de abril de 1952 a favor de Francisco García- Escámez e Iniesta, militar que colaborou co xeneral Mola na preparación da sublevación militar de 1936. O seu neto, Francisco García-Escámez Pablos, renovaba o título en 2008.
 
-Duque de Calvo Sotelo, concedido a título póstumo o 18 de xullo de 1948. José Calvo Sotelo foi o portavoz fascista máis destacado durante a II República, con constantes convites á sublevación militar contra o goberno constitucional, manifestaba que “España podrá salvarse con una fórmula de Estado autoritario y corporativo”. Declarado partidario do fascismo, participou activamente na organización do Golpe de Estado, que se executou despois do seu asasinato. O coruñés e presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga, acusaba nas Cortes a Calvo Sotelo de facer propaganda entre o exército para provocar a súa sublevación.
 
-Duque de Primo de Rivera, concedido a título póstumo o 18 de xullo de 1948 a favor de José Antonio Primo de Rivera e Sáenz de Heredia, fundador de Falange Española.
 
-Marqués de Kindelán, concedido o 1 de outubro de 1961 a favor de Alfredo Kindelán y Duany, que foi xefe da forza aérea franquista. O seu neto, Alfredo Kindelán y Camp renovaba o título en 1991.
 
-Marqués de Saliquet, concedido o 1 de abril de 1950 a favor de Andrés Saliquet Zumeta, militar que participou activamente na preparación da sublevación militar de 1936 e que foi, posteriormente, Capitan Xeral da I Rexión M. ilitar (Madrid). Desde 1960 a titular é a súa neta María Luisa Saliquet Balbás.
 
Despois de máis de sete anos da aprobación da chamada Lei da Memoria Histórica e cinco anos despois da aprobación dun acordo plenario do concello da Coruña para retirar 52 símbolos franquistas, o goberno municipal mantén esa simboloxía franquista e a entrada principal do palacio municipal de María Pita está presidida por un escudo franquista, que é ilegal desde 1981.
 
Hoxe A Coruña é a capital da simboloxía franquista: xeneral Mola, xeneral Sanjurjo, xeneral Gómez Zamalloa, División Azul, Los Caídos, Juan Canalejo etc. Como é posíbel que Emilio Mola leve aínda o nome dunha rúa despois de planificar un xenocidio masivo e enviar o 19 de xullo de 1936 este tipo de instrucións?: “Hay que sembrar el terror (...) hay que dejar la sensación de dominio eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensen como nosotros”. Así foron asasinadas polo fascismo máis de 5.000 persoas. Así foron asasinadas polo fascismo máis de 5.000 persoas en Galicia e máis de 600 na comarca da Coruña, entre eles: Francisco Pérez Carballo, gobernador civil; Rogelio Caridad Pita, gobernador militar; Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral xefe da VIII División Orgánica; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña; Joaquín Martín Martínez, secretario do concello; Manuel Prado Allegue, xefe da Intervención Municipal; Francisco Prego Campos, xefe de Negociado do concello; Ánxel Casal, vicepresidente da Deputación e alcalde de Santiago; Manuel Quesada e Gonzalo Tejero, comandante e capitán das Forzas de Asalto; dirixentes de partidos como Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Socialista da Coruña; Pedro Galán Calvete, presidente das Mocidades Galeguistas. Dirixente sindicais como José Villaverde e José Boedo López, da CNT; Eugenio Carré Naya, secretario da Federación de Traballadores do Ensino-UXT.
 
 Como contribución á consolidación da democracia e como homenaxe e recoñecemento ás vítimas do franquismo, pedimos que tome vostede as seguintes iniciativas:
 
1.    Recibir en audiencia oficial ás asociacións de vítimas do franquismo de todo o Estado. A CRMH da Coruña, ofrécese para colaborar na organización desa audiencia.
 
2.    Retirada de títulos nobiliarios concedidos por Franco e o rei Juan Carlos a golpistas e persoas que cometeron crimes contra a humanidade porque un país democrático non pode facer un recoñecemento público e institucional, nin conceder títulos nobiliarios a aqueles persoas que se levantaron violentamente contra a democracia, asasinando a miles de persoas.
 
3.    Que como Xefe de Estado pida perdón polo silencio mantido até agora pola monarquía, respecto á ditadura franquista e condene todos os crimes contra a humanidade cometidos por ese réxime, que non prescriben, como xa fixeron a ONU e outros organismos internacionais.
 
4.    Aproveitando a visita oficial dos Reis á cidade da Coruña, visite o Memorial ás vítimas do franquismo, onde figuran os nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo na comarca, e visite tamén o monumento en Aranga, que lembra ás persoas que aínda están en numerosas fosas nese concello. Comprobe na entrada principal do palacio municipal a existencia dun escudo franquista, ilegal desde 1981, e esixa ao alcalde a retirada de toda a simboloxía franquista, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e do acordo plenario de 7 de setembro de 2009.
 
5.   Que faga xestións diante do Goberno para que facilite o traballo da xuíza arxentina María Servini, que investiga os crimes do franquismo, dentro da chamada Querela Arxentina, permitindo as extradicións das persoas solicitadas pola xuíza. E para que o Goberno derrogue a Lei de Amnistía de 1977, como reiteradamente solicitaron nos últimos anos delegacións de Nacións Unidas que visitaron España, para que poidan xulgarse os crimes do franquismo.
 
6.   Que esixa ao Goberno que poña os medios axeitados para a recuperación dos restos en fosas comúns de máis de 150.000 persoas, asasinadas polo franquismo, así como os nenos roubados polo réxime franquista.
 
Moitas grazas pola súa atención e quedamos o seu dispor para ampliar calquera información ou colaborar na execución das propostas que facemos.
 
A Coruña, 18 de febreiro de 2015.
Asdo. Fernando Souto Suárez, presidente da CRMH
 
 fernandosoutosuarez@yahoo.es

Recibimento a Felipe VI na Coruña (19.02.2015)

 

Isidro Pondal: A Memoria Recuperada

 
18/02/2015 Galeguizargalicia.tv
 

Volveu a memoria restaurada de Isidro Parga Pondal á Facultade de Química da Universidade compostelán, da que foi profesor, e posteriormente expulsado polas autoridades franquistas. Estamos seguros que desde a descuberta do busto realizado polo escultor Xosé Molares na entrada principal da facultade, o alumnado do centro ten un maior coñecemento do labor científico da figura máis senlleira das ciencias do século XX
 

luns, 16 de febreiro de 2015

Memoria Histórica do 36 renuncia á vía xudicial para tirar a cruz do Castro pero pide incluílo en programas electorais

 
Traducción Estación Atlántica
A asociación lamenta que é un "momento triste para a democracia", aínda que "os fascistas" deben estar "contentos" e xa teñen un candidato ao que votar
 
EUROPA PRESS. 16.02.2015
A Asociación Viguesa pola Memoria do 36 confirmou este luns que renuncia á vía xudicial para lograr a retirada da cruz "fascista" do monte do Castro, logo da sentenza do TSXG que avala a permanencia dese símbolo, pero fixo un chamamento aos "partidos de esquerdas" para que inclúan esa retirada nos seus programas electorais.
 
Así o manifestou en roda de prensa o presidente da Asociación, Telmo Comesaña, quen recoñeceu que a resolución do alto tribunal galego pecha prácticamente a porta a calquera tipo de recurso. "Damos por pechado o capítulo xurídico, pero seguiremos traballando porque hai máis símbolos franquistas en Vigo, e hai que ir a por todos", aseverou.
 
Comesaña pediu aos "partidos de esquerdas" que leven a retirada da cruz do Castro nos seus programas electorais para as municipais de maio, e que "si teñen que negociar, que o primeiro obxectivo sexa ese". "Si isto negociouse fai 8 anos, a cruz xa non estaría alí", lamentou.
 
Pola súa banda, outro dos portavoces da asociación, Manuel Reinoso, admitiu que a sentenza do TSXG supuxo "un mazazo". "É un momento triste para a democracia e para quen sufriron tortura, exilio, cárcere ou fusilamientos", proclamou, á vez que sinalou que, por contra, "é unha boa noticia para os fascistas, que si deben estar contentos,  e xa teñen un candidato ao que votar".
 
SENTENCIA
O avogado da asociación, Guillermo Presa, confirmou que é "francamente imposible" recorrer a sentenza do TSXG, porque a única vía sería un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, alegando vulneración do dereito de tutela xudicial efectiva. Unha alternativa, en todo caso, extraordinaria e de difícil tramitación. O letrado lamentou que a sentenza do alto tribunal galego é "desoladora", non só porque dá a razón ao Concello para manter a cruz, senón pola súa "pobreza argumentativa". "Si comparámola coa sentenza en primeira instancia, que era moi fundamentada, esta adoece de preguiza intelectual", sinalou.

Emilia Cabaleiro Amoedo

blog de Luís Bará sobre memoria represaliada e resistente
Emilia vivía en Cabeiro-Redondela, tiña 54 anos, era nai solteira e traballaba no campo co seu fillo, Antonio Cabaleiro Amoedo. Traballaban as terras e ían vender os froitos a Vigo e Redondela. Emilia e Antonio tiñan unha casa humilde no lugar da Igrexa, mais a súa era unha casa xenerosa, das que compartían a escaseza e a bondade. Por iso Emilia Cabaleiro Amoedo procurou agocho nunha cova de Porto Cabeiro para catro homes de Vigo e Lavadores. Eran os últimos meses de 1936, días de frío, de humidade, de voces baixas, de espreita e escuridade. Días de medo e de coraxe... Onde hai xentes solidarias hainas tamén delatoras. En Porto Cabeiro habíaas tamén. Coma aquel veciño ao axexo, enriba da cerdeira, seguindo os pasos de nai e fillo polo Camiño do Costal cara á casoupa onde estaba a cova.
 
O 13 de febreiro de 1937 decretouse a cacería humana. Unha numerosa comitiva terrorista gardas civís, gardas cívicos, falanxistas- cercou o lugar. Chegaron de Vigo, de Lavadores, de Redondela... ao mando do sarxento da garda civil Miguel Marcos. Foron á casa de Emilia e Antonio, preguntáronlles quen estaba na cova, a quen lle levaban a comida, o tabaco e os xornais. Comezaron tres días de martirio.

Fernando Castro, de 25 anos, barbeiro, natural de Cangas e veciño de Casablanca (Vigo) conseguiu fuxir, gravemente ferido; o seu corpo apareceu nese mesmo día no monte de Negros. Os outros tres habitantes do refuxio foron detidos: Manuel Vázquez Lamas, de 30 anos, empregado de arbitrios, casado con Estrella Diez Piñeiro; Higinio Fernández, de 20 anos, zapateiro, de San Paio de Lavadores; e Antonio Alonso Comesaña, 29 anos, de Matamá, ebanista, casado con Irene Fernández.

Aqueles criminais axentes da nova orde, do exército, da relixión e da familia- asañáronse con Antonia e co fillo. Non había límites para a aldraxe, para a humillación. Mais sobre todo non había límites para o terror, para os signos do medo. A mensaxe do horror, o aviso para quen protexía os perseguidos, ou pensaba facelo.

Os corpos de Manuel Vázquez Lamas, Higinio Fernández e Antonio Alonso Comesaña apareceron asasinados o día 16 de febreiro no Alto da Concheira, na parroquia de Chapela. Alí estaban tamén os corpos torturados, mutilados e acribillados de Emilia e Antonio. Conta a memoria do pobo que Emilia Cabaleiro Amoedo tiña os peitos seccionados, e que lle meteran na boca o pene e os testículos do seu fillo.

Fontes:
- Gonzalo Amoedo e Roberto Gil: Redondela, crónica dun tempo pasado, Ediciós do Castro, 2002.

- Juan Carlos Abad Gallego: Héroes o forajidos: fuxidos y guerrilleros antifranquistas en la comarca de Vigo, Instituto de Estudios Vigueses, 2005
 
- Entrevista a Clementina Villar Martínez (Proxecto Nomes e Voces)

O cara ao sol vermello

Ramiro Alfonso Castro Dono
Xosé Manuel Suárez
Blog literario, político, educativo... 16/2/15
Obra do poeta estradense e secretario do Partido Galeguista da Garda, Ramiro Alfonso Castro Dono, que para escapar da represión franquista de primeira hora despois da sublevación militar de 1936, pasou dez anos agachado no faiado da súa casa, saíndo en ocasións disfrazado para botar unha man en tarefas domésticas e para alternar escondites noutras casas de familiares e amigos.

Castro Dono, poeta novo e de grande talento, de obra hoxe descoñecida para o público, pero é preciso que se saiba que algúns dos versos de combate que circularon anónimos por aqueles anos da longa noite de pedra, son da súa autoría. É o caso do "Cara ao Sol fachí" que escribiu na casa de Manuel García Barros (Ken Keirades). Debe pois corrixir a súa referencia Claudio Rodríguez Fer na súa magnífica obra "A literatura galega durante a Guerra Civil (1936-1939)" pois suxire que pertence ao propio García Barros.

"Car'ó sol coa camisa bermella,
estrela e fouce ó curazón
chimparei ós fachis pol-á orella
da céltiga nazón.

Formarei na troupe libertaria

da rebel Galiza proletaria:
que d' América virá,
pr' acá coa estrela da libertá.
Si che din qu'inda está alí,

sorrí,

que axiña a verán aquí.
Voltarán d' América os fuxidos

ós nosos mártis a vingar
e andarán os fachis encollidos
sin ter pra onde liscar...

Volverá o abrente da fartura

que en chegando os roxos se asegura.
¡En pé galego, érguete xa,
qu'en Galiza alborexando está!"
 

sábado, 14 de febreiro de 2015

«A Cruz sempre será fascista»

 
Os promotores da derriba lamentan que se manteña o símbolo do Castro. O alcalde felicítase pola sentenza e o BNG táchaa de «política»
 
igo / A Voz, 12 de febreiro de 2015
A sentenza que evita ao Concello a derriba forzosa da Cruz do Castro non ha amainado o conflito político que rodea o polémico monumento. Mentres o alcalde exhibía onte a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza, a asociación que leva anos reclamando a súa derriba non ocultaba a súa decepción. Na mesma liña manifestábase o BNG mentres o PP recoñecía que está pola súa pervivencia.
 
«A sentenza reflexa que a Cruz non é un ámbito de conflitividade nesta cidade despois de que a primeira corporación democrática desposuísea dos seus símbolos fascistas. Acatamos a sentenza que reflicte a vontade da cidade e mostramos o noso respecto polo fin do proceso», explicou Abel Caballero. Tamén defendeu o recurso municipal contra a sentenza inicial que ordenaba a súa derriba: «Cando se inicia un proceso xurídico hai que chegar ata ao final e neste caso trátase dunha sentenza clara», remachou. Insistiu en que durante o seu mandato retiráronse emblemas do franquismo e homenaxeouse ás vítimas desde o Concello.
 
Moi distintas ve as cousas a Asociación pola Memoria Histórica do 36, que estuda nestes momentos se acode ao Tribunal Constitucional «en función do que nos propoña o noso avogado», explica Telmo Comesaña. «Un símbolo é un símbolo sempre e este será sempre un símbolo fascista. Para cambialo habería que contar coas vítimas, e non se fixo, e dígoo eu que son fillo dun asasinado».
 
Na mesma liña, Serafín Otero, candidato á alcaldía do BNG, recorda que a sentenza que mantén a Cruz emitiuse por dous votos a un, insistindo en que é máis un asunto político que xurídico. «A Cruz ten data de caducidade, 25 de maio de 2015», en alusión á celebración das eleccións municipais, suxerindo que a derriba será un compromiso electoral dos nacionalistas.
 
Otero ten claro que neste asunto non hai consenso posible e que tamén houbo quen cambiou de posición «pois varios concelleiros e dirixentes do PSOE asinaron a petición de derrubar a Cruz e logo desdicíronse».
 
En liña co alcalde neste tema, José Manuel Figueroa (PP) é partidario de mantela «e a sentenza vén darnos a razón aos que pensamos que tras o acordo da primeira corporación democrática a Cruz do Castro non debería molestar a ninguén», explicou o portavoz do grupo municipal.
 

Memoria do 36 denuncia que é un fallo ´político´ e non razoado

Membros da asociación coa primeira sentenza
Os membros da asociación advirten que o TSXG "recoñece implicitamente que é unha cruz franquista e quere reconvertela"
Amaia Mauleón - Faro de Vigo 13 de febreiro de 2015
Os membros da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 avalían as opcións de recurso co seu avogado ao entender que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que revoga a orde de derriba sobre a Cruz do Castro "non está razoado". "É unha sentenza política. Se hoxe pregúntanme se estou de acordo coa Xustiza teño que dicir que non. Estamos ante un pronunciamiento inxusto sen fundamento", denunciou Telmo Comesaña, presidente do colectivo que impulsou o proceso xudicial contra o Concello.

O grupo encargou ao seu letrado, Guillermo Presa, que avalíe o contido xurídico do fallo e aconséllelles sobre as medidas a adoptar. "No noso ánimo está seguir loitando, pero todo depende da opinión do avogado que é o que ten un coñecemento profundo do proceso", explicou o presidente da asociación, "decepcionado" e "sorprendido" pola resolución do TSXG corrixindo a sentenza favorable que lograran en primeira instancia en setembro.

Onte tamén se pronunciou outro dos membros da directiva, Manuel Reinoso, que coincidiu en que se enfrontan "a unha sentenza política". "É sorprendente que a sala non se dedique a lexislar, senón que se permita o luxo de dar unhas opinións e tente facer pedagoxía sobre o que ten que ser a Cruz", lamentou. Este portavoz considera que o alto tribunal galego debeu cinguirse a determinar se o símbolo cuxo significado estaba en cuestión "é ou non franquista" pero en ningún caso "dar un paso adiante e ofrecer a súa opinión de en que se debe converter".

Desde a Asociación pola Memoria Histórica do 36 entenden ademais que ao sinalar o fallo que a Cruz debe considerarse hoxe como un lugar para a memoria de vítimas e verdugos, para que as novas xeracións saiban o que sucedeu en España, "está a recoñecer implicitamente que é un símbolo franquista e quéreo reconverter".

Un dos elementos favorables que advirten é o voto particular dun do tres maxistrados que asinan a sentenza, Cristina María Paz Eiroa, que apoiou os argumentos do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo, que ordenou ao Concello a derriba da Cruz do Castro e que agora queda suspendido. As dúas opcións ten sobre a mesa o colectivo son un recurso de casación ante o Supremo ou un de amparo ante o Constitucional.

xoves, 12 de febreiro de 2015

Un documental anima aos alumnos a indagar na memoria histórica

 
A obra, realizada por estudantes de Bacharelato do IES As Adormideiras da Coruña, proxectouse onte no Teatro Principal
 
ontevedra / 12 de febreiro de 2015
Alumnos dos institutos de Pontevedra asistiron onte, no Teatro Principal, á proxección do documental A Pegada dous avós, un traballo que aborda a memoria histórica desde un punto de vista pouco tratado ata agora, pois quen indagaron no tema foron compañeiros seus, estudantes de Bacharelato do IES As Adormideiras da Coruña.
 
Estes mozos investigaron a historia da xeración que viviu a Guerra Civil e enfrontáronse á dureza de historias como as de José Villaverde e de Amada García para profundar nuns feitos sobre os que non tiñan case información. Desde a súa mirada intentaron comprender o drama da ditadura, a represión e, como din eles, «coñecer de primeira man o que non vén nos libros».
 
Julia Lago, unha das alumnas que protagoniza o documental, asistiu á proxección e afirmou que os mozos «saben que se viviu esa traxedia, pero hai moita ignorancia, porque non sabemos realmente da gravidade do que pasou». O que se busca coa proxección ante os estudantes é «que teñan presente que hai moita xente que morreu para que tiveramos unha democracia». Y animarlles a indagar en la memoria histórica a través de las historias de las persoas.
 

mércores, 11 de febreiro de 2015

Acto de memoria e proxección do documental "Os fugados do Forte de Ezkaba"


 
A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36 e A ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO convidan á proxección do power poin "Os fugados do Forte de Ezkaba", por Fermín Ezkieta
 
Participarán nesta actividade Telmo Comesaña Pampillón, (presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36), que presentará o acto, acompañado por Celso López Pazos, (presidente da Asamblea Republicana de Vigo).
 
Este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas en Andel
(Camelias, 102. Vigo)

Baixo o título ‘Os fugados do Forte de San Cristóbal/Ezkaba. 1938’, Ezkieta explicará a historia de moitos dos 795 fugados documentados que se lanzaron cara a fronteira o 22 de maio de 1938, aínda que so tres ou catro conseguiron chegar a Francia. O plan de fuga, as rutas que tomaron e a biografía dos que lograron acadar a súa meta, centrarán a conferencia.

Entre todos os fugados había 183 galegos, como o pontevedrés Amador Rodríguez, derradeiro fugado en ser capturado despois de tres meses, Leopoldo Picó, un dos cerebros da fuga, ou Antonio Valladares, outro dos organizadores. Tamén se fará fincapé no papel de diversas mulleres acusadas de complicidade que foron encarceradas.

Esta fuga ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, aínda que logo caeu no esquecemento e foi ocultada polos vencedores. En cifras, a fuga deixou 206 mortos enterrados nos vales entre o forte e a fronteira, 14 fusilados como dirixentes e outros 46 capturados que falecerían no forte ata 1943.

Andel do libro galego e portugués
Tel. (+34) 986 239 000
Camelias, 102
36211Vigo
Galiza
www.andelvirtual.com
https://www.facebook.com/andel.libraria

A Cadena SER tuitea unha campaña de recollida de fotos de símbolos franquistas coa cruz fascista de Vigo

Enviar a @La_SER #SímbolosFranquistas
 
Piden inhabilitar a 38 alcaldes por conservar signos franquistas

A denuncia presentarase este mércores contra os alcaldes de Madrid, Barcelona, Alacante, Oviedo, Lugo...
 
EFE/Madrid 10.02.2015
O avogado Eduardo Ranz denunciará este mércores a 38 alcaldes, entre eles o de Alacante, por incumplir a lei de memoria histórica e manter símbolos franquistas, o que ao seu xuízo constitúe un delito de desobediencia que podería carrexar a regidores como Ana Botella e Xavier Trías unha pena de inhabilitación de ata dous anos.

Ranz afirma nun comunicado que denunciará a "alcaldes de prácticamente todos os partidos" e confiou en que "cese a impunidade" de quen incumplen a lei de memoria histórica, á vez que considerou que retirar os vestixios é unha cuestión de "dignidade". "Ninguén se imaxina que en Berlín quede unha soa esvástica", comparou.

A denuncia presentarase nos xulgados de Praza Castilla en coincidencia co aniversario da proclamación do I República Española, e diríxese a título particular, entre outros, contra os regidores de Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Bilbao, Alacante, Oviedo, Lugo e Córdoba.

Ranz tamén dirixiu un escrito á defensora do pobo e ha cursado solicitudes oficiais aos municipios afectados para que retiren "todo monumento de exaltación franquista".

O letrado recordou que a lei de memoria histórica insta ás administracións públicas a tomar "medidas oportunas" para retirar os obxectos ou menciones "conmemorativas" e "de exaltación persoal ou colectiva do levantamiento militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura".

No listado de símbolos franquistas aportado por Ranz figuran ata doce elementos en Madrid, entre eles o Arco da Vitoria, dous escudos en pedra no Palacio de Santa Cruz, un fresco no Cuartel Xeral do Estado Maior da Defensa, unha placa no Palacio do Pardo e outra no Tribunal de Contas.
 
Lugo


«O Partido Comunista foi inxusto con Enriqueta Otero, unha gran loitadora»

 
Quico logrou escapar a Francia nos anos cincuenta pero non todos os seus compañeiros puideron
 
Lugo,
 
 

martes, 10 de febreiro de 2015

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica estuda vías para recorrer o fallo do TSXG sobre a Cruz do Castro

O alcalde de Vigo impide o cumprimento da Lei da Memoria
o seu partido o socialisto PSOE permíteo
bótalles unha man e fainos desaparecer das urnas
 
A Asociación estuda que posibilidades hai de presentar un recurso de casación especial ou un de amparo ante o Tribunal Constitucional
 
10.02.2015
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 estuda vías "extraordinarias" para poder recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que dá a razón ao Concello olívico e anula a resolución que ordenaba a retirada da cruz do monte O Castro.
 
Segundo explicou a Europa Press o avogado da asociación, Guillermo Presa, aínda que é certo que non cabe recurso ordinario contra esta sentenza, están "a estudar que posibilidades hai de presentar un recurso de casación especial ou ben un de amparo ante o Tribunal Constitucional".
 
O feito de que a sentenza contase co voto particular dunha das maxistradas é, segundo o letrado, "significativo da baixa calidade desta sentenza". A ese respecto, Guillermo Presa lembrou que a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, que ordena a retirada da cruz por considerala un símbolo fascista, estaba "moi clara, motivada e documentada".
 
"Por iso chama a atención a inaceptable baixa calidade desta sentenza en comparación coa anterior. A do TSXG está sustentada no aire", indicou o avogado da asociación quen, no entanto, recoñeceu que será "extraordinariamente difícil" conseguir agora un pronunciamiento a favor da retirada da cruz.
 
Na sentenza do alto tribunal galego acéptase o recurso presentado polo Concello contra a orde de retirada da cruz, e apréciase que ese elemento xa está "desprovisto de simboloxía fascista", á vez que se avoga por que se conserve como recordatorio dun "pasado superado que non debe volver repetirse".
 
Unha das maxistradas da sala emitiu un voto particular, defendendo a sentenza do xulgado de Vigo, e advertindo de que a cruz debería ser retirada, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007.
 
 

domingo, 8 de febreiro de 2015

Os galegos que venceron aos nazis

 
Víctor Lantes, fillo duns taberneiros da Coruña, manexou un morteiro nos bosques de Francia fronte aos tanques Panzer do exército alemán. Ángel Rodríguez Leira, alcumado Cariño López, tomou parte na liberación de París e no asalto da residencia do Führer. Loitaron unha guerra de nove anos contra o fascismo. Combateron a Franco e a Hitler. Perderon na casa e gañaron fóra. Nunca volveron estar ao sur dos Pireneos.
 

Luzes - Xaneiro 2015 Número #14 Texto: Arturo Losada · Imaxe: Evelyn Mesquida
 
Ángel Rodríguez Leira naceu en Cariño en 1914. Traballou como percebeiro e mariño, foi militante da CNT, casou e tivo dous fillos, Ángel e Marina. E logo estalou a Guerra Civil. Foi recrutado á forza polos sublevados e obrigado a vestir o uniforme dos sublevados. Pero foi por pouco tempo, xa que desertou en canto puido para loitar co bando leal canda outro cariñés, Antonio Yáñez, o Gharepo.

En marzo de 1939 víronse acurralados en Alacante, unha das últimas provincias en caer. Con outros cinco compañeiros, saíron de Guardamar del Segura nunha barquiña que era «case unha patera», segundo conta un dos netos de Ángel, Andrés Alonso. Enchérona de laranxas e cruzaron o Mediterráneo en catorce días, ata chegar a Beni Saf, na Alxeria francesa. Como moitos outros exiliados republicanos daquela altura, foron considerados perigosos polas autoridades e internados no penal de Suzzoni.

Segundo recolle Alicia Alted no libro La voz de los vencidos, Suzzoni era unha antiga fortaleza convertida en cárcere, carente de todos os servizos básicos, onde foron recluídos uns 300 republicanos. Un deles, o aviador Joaquín Tarazaga, lembraba: «O réxime era moi austero, só nos daban un pan para cada catro, lentellas e rutabaga un tipo de nabo. Cando me internaron, en abril de 1939, pesaba 67 quilos, e en decembro, cando me evadín, só 35». Tamén os dous amigos galegos tentaron escapar daquel inferno en dúas ocasións, sen éxito. A saída non lles chegou ata 1942, cando os alistaron, de novo pola forza, nos Corpos Francos de África. O exército dos EUA viña de desembarcar en Marrocos e Alxeria e as colonias francesas apresuráranse a baleirar os campos de prisioneiros para formar este batallón co que plantarlle cara ao Afrika Korps de Rommel.

O país galo vivía entón unha esquizofrenia, entre a submisión colaboracionista do réxime de Vichy e a resistencia da «Francia Libre» dos partidarios do exiliado De Gaulle. A chegada dos americanos fixo que ninguén quixese ser tomado por vichista. Porén, estes Corpos Francos disolvéronse axiña, tras algúns combates en Tunisia. Ángel e Antonio escolleron entón alistarse co xeneral Leclerc, que viña de loitar por toda África baixo a bandeira da Francia Libre. Polo seu prestixio gañado na batalla, foi escollido para comandar a 2ª División Blindada, unha unidade de nova creación dentro do exército do xeneral Patton. Formábana 14.000 homes de 32 nacionalidades, e uns 2.000 eran republicanos españois. Os dous fuxidos de Cariño remataron na 9ª Compañía, La Nueve, case toda formada por veteranos da Guerra Civil. Ángel Rodríguez Leira pasou a empregar o nome de Cariño López, para ocultar a súa identidade e deixar sinalado o seu lugar de orixe. Era unha práctica habitual entre os soldados, e mesmo nos mandos. O propio Leclerc escondía o seu nome real, Philippe de Hauteclocque, para aforrarlle á súa familia posíbeis represalias dos vichistas.

A 2ª División Blindada trasladouse a Escocia, antes de desembarcar en Normandía a comezos de agosto de 1944, dous meses despois do Día D, coa zona xa asegurada para permitir o paso dos blindados. A 9ª Compañía, integrada por homes con experiencia en combate, foi sempre na vangarda. Era unha unidade motorizada, que transportaba armamento antitanque nuns veloces half-tracks todoterreo. Os soldados pintáronlles a bandeira da República española e bautizáronos con nomes de batallas da Guerra Civil, como Madrid, Ebro, Guadalajara ou Brunete. Cariño López viaxaba na Guernica, e non tardou en facerse un nome pola súa puntería co canón do 57.

Así o conta o capitán Raymond Dronne, o oficial francés ao mando desta compañía de exiliados. Nas súas memorias, Carnets de route d’un croisé de la France Libre, reivindicaba o papel dos republicanos españois na loita pola liberación de Francia, «impulsados por un enorme desexo de revancha e de vitoria». Nelas eloxia a habilidade de Cariño López para rebentar blindados alemáns, e defíneo como «un home de gran sangue frío». Tivo que demostralo ben cedo. O 19 de agosto, La Nueve contivo unha división enteira da SS na vila de Écouché, nunha durísima batalla. Cariño López estivo 24 horas sen afastarse do seu canón, no que «gravaba unha esvástica por cada tanque que destruía», segundo o seu neto Andrés.

Na noite do 24 de agosto, esta unidade sería a primeira en entrar en París e chegar ate o Hôtel de Ville, a sede do concello. Aló, un sorprendido tenente valenciano, Amado Granell, atopouse co líder da resistencia, Georges Bidault, e a foto dese encontro apareceu na portada do xornal Libération. En dous días, a capital foi liberada, nunha vitoria que marcou o principio da fin da Guerra. Aqueles half-tracks de estraños nomes tiveron un lugar destacado no desfile triunfal polos Campos Elíseos.

Nas semanas seguintes, a compañía pagou un alto custo en vidas para conter os alemáns na beira do río Mosela, cubrindo o avance do resto da división. O cabo Cariño López volveu ter un papel destacado: destruíu cinco Panzer en cinco disparos. O 26 de setembro de 1944 foi condecorado en Nancy xunto ao subtenente Miguel Campos e o sarxento Fermín Pujol, por Charles De Gaulle en persoa. O mesmo De Gaulle que logo afirmaría que na liberación de París só participaron franceses. A condecoración debeulle ser amarga ao galego: catro días despois vería morrer o seu amigo Ángel Yánez, nun ataque sobre a vila alsaciana de Vaqueville, con outros dous compañeiros.

O percebeiro chegou a sarxento e loitou aínda na liberación de Estrasburgo, onde o frío era un inimigo tan perigoso coma os alemáns. Quedaban xa poucos dos homes que se alistaran en Alxeria. Raymond Dronne explicou que «tras cada combate, os baleiros enchíanse con mozos franceses, case todos carentes de instrución militar. Os vellos loitadores tomaban baixo a súa protección estes recrutas inexpertos, formándoos e protexéndoos; comportábanse como pais preocupados». Ao final da guerra, só 16 dos 156de La Nueve volveron á casa con vida.

A súa última parada bélica estivo no Niño de Aguias, o refuxio dos altos cargos nazis. Estaba situado na vila alpina de Berschtesgaden, ao sur de Salzburgo, e defendido polos últimos efectivos das SS. Moitos deles eran pouco máis que adolescentes animados polo fanatismo, pero non por iso a batalla resultou máis suave. Os americanos chegaron primeiro á vila, pero os homes de Leclerc foron os que tomaron o Niño de Aguias, e fixeron ondear nel a bandeira francesa o 5 de maio de 1945. O artilleiro cariñés estivo presente, e saíu de alí cun reloxo de ouro que aínda hoxe segue na casa dunha das súas fillas.

Ángel gañou en Europa a súa gran guerra contra o fascismo, pero este seguía na casa. Non retornou nunca a España, sabedor de que aquí o agardaba un pelotón de fusilamento ou un tiro na caluga. Ficou en Francia, onde casaría e tería outras dúas fillas antes de morrer en París en 1979. Dende 2010 unha placa lembra en Cariño este veterano da loita pola liberdade. Na vila viven aínda os seus fillos galegos e algúns dos seus netos.
[...]

Ao rescate da memoria anarquista, da obreira compostelá, así como da exiliada e emigrada portuguesa na Galiza contemporánea

Antonio Loredo Martínez, o anarquista que máis veces cruzou o charco...
por conta do Estado. Esta frase ben podería definir a vida do militante galego
· 25 de Janeiro de 2015
“A educación como medio para liberar á clase obreira foi unha das máximas do anarquismo. Conscientes de que a ignorancia na que se mantiñan as camadas populares era unha das causas da súa explotación, o s militantes anarquistas lanzáronse a intensas campañas propagandísticas. Desde a tribuna, desde os xornais ou desde os folletos os dirixentes ácratas teimaban en sacar o pobo do seu estado de prostración, pois sabían ben que un pobo instruído era un pobo quen de loitar polos seus dereitos.
 
Tal era a súa preocupación por este tema que podemos falar dunha pedagoxía libertaria: a escola racionalista, en cuxa difusión se esforzaron os anarquistas.
Na liña do que comentamos, nos últimos anos apareceron unha serie de libros que recrean ben o propagandismo anarquista en Galiza, ben o labor militante de anarquistas galegos. As seguintes liñas prentenden ser unha análise de tres desas obras.
A primeira delas glosa a viaxe que Federica Montsen y realizou a Galiza en 1935. As outras dúas son memorias de vida de dous anarquistas: Juana Rouco e Antonio Loredo”.

Así comeza, e da man do historiador Prudencio Viveiro Mogo, a sección ‘Lecturas’ do volume 29/30 de Murguía, Revista Galega de Historia .A seguir, os historiadores Gustavo Hervella e Antom Santos reseñan cadansúa obra para nos trasladar á realidade da comunidade portuguesa na Galiza entre o 1890 e o 1940 e o mundo obreiro compostelán a partir da figura de José Pasín Romero. No primeiro caso a obra escollida é Emigrantes, Exiliados e Perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940) e no segundo José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, ambas do prolífico historiador Dionísio Pereira.
 
 
A continuación pode ler integramente -ou mesmo descarregar de balde- a sección ‘Lecturas’ do vol. 29/30 de Murguía, Revista Galega de Historia

Sobriña de Antonio Valladares González, organizador da Fuga de San Cristóbal en 1938

Coa intervención de Elia Valladares, sobriña de Antonio Valladares
Faro de Vigo 08.02.2015 
-"Do todo insuficiente e indignante. A Lei de Memoria Histórica, actualmente derrogada polo Goberno de Rajoy, foi o maior achegamento que tivemos en España cara á reparación, pero incluía só o recoñecemento de todas as vítimas da Guerra Civil e a posterior ditadura do Xeneral Franco, non a apertura de fosas comúns nas que aínda xacen os restos de represaliados polo bando gañador na contenda, quedando a súa recuperación en mans de entidades privadas ou a mercé das distintas políticas das comunidades autónomas. Comparto a insatisfacción co texto da lei que levou ás asociacións da memoria histórica a presentar unha denuncia por centos de desaparicións, pois este afirma que a memoria das vítimas do franquismo "é persoal e familiar," negando desta forma que os delitos do franquismo son cometidos contra toda a sociedade e a humanidade e o deber do Estado de practicar políticas públicas que garantan ás vítimas dos delitos máis graves que existen o seu dereito á verdade, á xustiza e á reparación".

Silleda acollerá o mércores 11 unha charla sobre os fuxidos de San Cristóbal en maio de 1938


Forte de San Cristóbal, Ezkaba, Pamplona
Intervirán Elia Valladares e Alejandro Breijo, familiares de dous do cinco presos dezáns abatidos, e o investigador Fermín Ezkieta
04.02.2015
Forte de San Cristóbal, no monte Ezkaba, nos arredores da cidade de Pamplona, foi unha das prisións máis coñecidas durante a Guerra Civil e os primeiros anos da represión franquista. Nas súas húmidas galerías subterráneas chegaron a hacinarse miles de presos republicanos, incluídos centenares de galegos e algúns dezáns. Pero o forte navarro pasou tamén á historia por ser testemuña dunha das maiores fugas carcelaria coñecidas no mundo, na que tomaron parte preto de oitocentos internos o 22 de maio de 1938.
 
Os fuxidos de San Cristóbal/Ezkaba, maio de 1938 é, precisamente, o título da charla que terá lugar o vindeiro mércores, día 11 de febreiro, ás 20.30 horas, na Casa dá Cultura de Silleda. Intervirán o investigador Fermín Ezkieta, autor do libro homónimo, e a xornalista Elia Valladares, familiar dun do cinco presos dezáns que foron abatidos na fuga. Serán presentados polo profesor silledense Alejandro Breijo, familiar doutro dos fuxidos. A organización do evento corre a cargo da Comisión pola Memoria Sinhor Afranio e da Asociación Sociocultural Adellís.
 
A fuga do Forte San Cristóbal -tamén chamado de Alfonso XII- foi a maior perpetrada nun cárcere europeo, polo que ocupou as portadas da prensa republicana e internacional antes de caer no esquecemento e interesada ocultación dos vencedores. Unha multitude de 795 presos documentados lanzáronse monte abaixo cara a unha fronteira francesa da que algúns descoñecían mesmo en que dirección se achaba o 22 de maio de 1938, entre eles 183 galegos. Mal calzados e vestidos, desnutridos, con escasos fusís e en desbandada, a maior parte foron capturados nos días seguintes, 206 foron abatidos e enterrados nos vales que hai entre o forte e Os Pireneos e só tres -quizais catro, segundo as últimas investigacións- puxeron pé en terra francesa. Dos 585 apresados, 14 serían fusilados en agosto como organizadores e outros 46 morrerían no forte ata 1943.
 
Na charla do mércores, Fermín Ezkieta exporá o plan de fuga, as rutas dos escapados, unha biografía do tres que pasaron a Francia e doutros como o pontevedrés Amador Rodríguez -último en ser capturado, tres meses despois, e por iso alcumado Tarzán-, Leopoldo Pico -cerebro da fuga- ou o silledense Antonio Valladares -outro dos organizadores-, e abordará o protagonismo de diversas mulleres, acusadas de complicidade e encarceradas.
 
Dezáns na fuga
Elia Valladares, sobriña do concelleiro Antonio Valladares González e afincada en Andalucía, morto na fuga, sen que a súa familia tivese oportunidade de recuperar o seu cadáver. Alejandro Breijo Costoyas é familiar do tamén edil Antonio Costoyas Ares, carpinteiro de Negreiros, outro dos "cazados". Os outros tres dezáns abatidos na persecución foron os lalinenses Adolfo Blanco Barreira, de Cristimil, e José Carballude González, de Donsión, e o cruceño Manuel Cea Asorey, de Sabrexo.
Once dezáns máis tamén fuxidos foron capturados vivos: Luís Agra Blanco e José Vázquez Fernández, do municipio de Lalín; e Manuel Blanco Fernández, Ramón e Rogelio Cajide Rodríguez, Manuel Carballal Pena, Jesús Cea Asorey, Guillermo Pampín Quiñoy, Ramón Ramos Lamas, Alberto Villar Blanco e Luís Villar Cimadevila, de Vila de Cruces.

A casa do Cónsul

Imaxe de Vilagarcía no tempo en que Edmundo Nóvoa exerceu como cónsul
Blog de Luís Bará sobre memoria represaliada e resistente
 
Para Xosé Álvarez Castro, que deitou luz sobre as tebras dos Anos do medo. Por salvar tantas vidas da morte definitiva, o Esquecemento

Edmundo Nóvoa De María, cónsul de Uruguai en Vilagarcía, era nos anos 30 un home plenamente integrado na sociedade da vila arousá. Grande afeccionado ao deporte, tiña moi boa relación cos galeguistas e claras simpatías republicanas. Casara en 1914 coa pontevedresa Mercedes García Solla, e do matrimonio naceran varios fillos, entre eles Leopoldo, que co tempo será un dos máis grandes artistas da historia de Galiza.

Nos anos 30 Edmundo Nóvoa encargouse tamén do consulado da República Arxentina, debido ao falecemento do titular. A acumulación de traballo fixo que o seu fillo Leopoldo, que tiña 17 anos, axudara nas tarefas administrativas das dúas legacións. 

Na incertidume das primeiras horas despois do levantamento militar en África, Edmundo Novoa utilizou as súas prerrogativas diplomáticas para protexer a destacados elementos dereitistas da vila, entre eles o Capital Bernal, amigo seu. Mais cando Galiza caiu nas mans dos militares golpistas, a actividade diplomática e solidaria do cónsul volcouse na protección dos amigos demócratas, republicanos e galeguistas.

Edmundo Novoa salvou moitas vidas. A súa foi casa refuxio de compatriotas e de galegos comprometidos coa causa da liberdade. Mais a algúns non os puido salvar. Adiantáronse os falanxistas, na noite azul das correaxes e das pistolas. Como a noite do 15 de agosto de 1936, cando lle rebentaron a cabeza a Manolo Rey, militante da CNT, empregado do consulado arxentino, de 44 anos, e a Ramón Abalo, o da Morenita, tipógrafo de 40 anos.

Belarmina Ordóñez traballaba na casa da nai de Manolo Rey López e unha leiteira avisouna de que apareceran dous corpos na vía do tren. Foi alí a velos, e só puido recoller na boina os miolos ciscados no chan. Aquela mañá voltou conmovida á casa de Carmen López, e antes de chegar parouna un garda civil que lle dixo que non chorara, que estaba prohibido chorar.

Na casa do cónsul buscou abeiro a súa sobriña Carmen Echevarría Novoa, irmán de José Echevarría Nóvoa, gobernador civil de Biscaia en xullo de 1936. Carmen refuxiouse en Vilagarcía porque á casa de Raxó na que a familia pasaba o verán chegara o aviso de que ían detela para rapala. Cando o capitán Bernal chegou á casa do cónsul preguntando por Carmen, Nóvoa díxolle que non saía de alí, que estaba baixo a protección do consulado. Edmundo Nóvoa negouse até en tres ocasións a entregar á súa sobriña mais as ameazas da garda civil obrigárono a ceder. E acordou que el mesmo lle cortaría o cabelo, para evitarlle a dor e a humillación de pasar polo cuartel. E entregoulle ao Capitán Bernal o cabelo rapado de Carmiña, como un trofeo de guerra, como proba daquel acto infame.

Despois trasladaron a Carmiña a Pontevedra e ela, os seus irmáns, a súa nai e un tío permaneceron tres anos incomunicados na súa casa, sen poder saír, coa radio confiscada e coa vixilancia permanente dos requetés e dos falanxistas que facían garda no portal e na entrada do piso.

A partir do verán do 36, Edmundo Nóvoa despregou unha intensa actividade solidaria desde o consulado para salvar vidas. Utilizaba o seu coche con bandeira diplomática para pasar a moitos perseguidos através da fronteira portuguesa, camiño da liberdade. Coma ao seu propio fillo Leopoldo, que marchou fuxindo da chamada do exército franquista e deixando atrás os cánticos tétricos das procesións no mencer, e a visión alucinante da cabeza desfigurada de Manolo Rei, compañeiro seu no consulado arxentino, tirado xunto á vía do tren.

A moitas outras persoas, o cónsul arranxoulles a documentación para que saisen en barco rumbo a América. Até que o goberno de Burgos lle retirou o exaequator e tivo que trasladarse a Porto, desde onde seguiu realizando xestións para axudar aos perseguidos a cruzar a fronteira.

Tempo despois, xa de volta en Montevideo, Edmundo Novoa recibiría unha grande homenaxe dos exilados galegos en Uruguai. Foi un acto de xustiza con aquel home valente, solidario e comprometido coa causa da República. Un nome, Edmundo Novoa De María, que merece un lugar de honra no memorial da dignidade, na historia da Galiza xenerosa, da Galiza resistente.

Fontes

-Entrevista a Leopoldo Nóvoa (Proxecto Nomes e Voces)
-Entrevista de Olalla Bouza a Belarmina Ordóñez (Arquivo de Margarita Teijeiro)
-Carlos Zubillaga Barrera: "El exilio gallego en Montevideo", en O exilio galego de 1936, Ediciós do Castro, 2006

Luns, 9 de febreiro: Exposición e conferencia “O Forte de San Cristóbal na memoria”

“Cemiterio das Botellas”
Ateneo D Sant Iago 3/2/15
O vindeiro luns 9 de febreiro ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago, coa colaboración da USC, ten prevista no Salón Artesonado do Pazo de Fonseca a inauguración da exposición “QUE AFLORE O SOTERRADO: O Forte de San Cristóbal (Pamplona), baluarte da represión franquista”, na que participarán D. Juan Viaño, Reitor da USC; D. Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago; e D. Koldo Pla Larramendi, especialista no estudo do penal e membro do colectivo Txinparta.
 
A continuación, no Salón Nobre do mesmo Pazo de Fonseca D. Koldo Pla pronunciará a conferencia “O Forte de San Cristóbal na memoria”, que tratará sobre a historia e as condicións de vida no penal.
 
A mostra, que estará aberta ata o 2 de marzo, de luns a sábado, en horario de 11h a 14h e de 17h a 20.30h, recolle a historia do penal máis duro do franquismo, no que máis de 4.000 presos republicanos sufriron cadea durante a Guerra Civil. Máis de 600 presos eran galegos e 96 deles perderon a vida polos malos tratos, a enfermidade e a fame. O coñecido como “Cemiterio das Botellas”, centra boa parte do contido da exposición.

Dedican unha mostra ao forte de San Cristóbal, onde morreron 96 galegos

Imaxe do evento en Facebook
Traducción Estación Atlántica
07-02-2015 / EFE
En colaboración co Ateneo e a USC, o equipo que estudou durante 25 anos o Forte de San Cristóbal, en Navarra, onde padeceron prisión 608 galegos, ofrece unha mostra dos resultados do seu traballo no Colexio de Fonseca, que se abrirá ao público o vindeiro luns.

Considerado o penal máis duro do franquismo, no forte morreron 96 galegos, fusilados, por aplicación da lei de fugas, por fame ou malos tratos, os cales reciben hoxe homenaxe coa mostra, denominada "Que aflore ou soterrado".

A exposición foi explicada por Koldo Pla Larramendi, o principal historiador deste lugar, un forte que permaneceu en labores carcelarias aberto de 1934 a 1945, e esta recolle as condicións de frío, fame e malos tratos que os propios presos expresaron en graffitis nas paredes, que tamén se mostran.

Un dos apartados refírese á fuga que se rexistrou en mayo do 38, sen axuda exterior e que permitiu a saída de 2.500 presos, pero foi abortada polo aviso que conseguiu dar un soldado, polo que, finalmente, só tres lograron chegar a Francia e 207 morreron, dos que 55 eran galegos.

Tamén se referiu o investigador á figura de Francisco Lamas, médico que fora alcalde de Lugo e que tivo un importante papel no coidado dos seus compañeiros de prisión, e cando se converteu nun hospital penitenciario, do que foi "médico case oficial".

Varios dos paneles da exposición recollen o denominado "cemiterio das botellas", xa que os corpos eran enterrados cunha botella entre as pernas con información sobre a súa identidade, condena ou domicilio, aínda que foron poucas, unha ducia, as que non perderon o tapón ou nas que non entrou a humidade que destruíse esa información.

Polo Ateneo compostelano, Francisco Candea resaltou o carácter de homenaxe que ten esta iniciativa cara ás persoas que deron a vida polas liberdades democráticas e os valores republicanos, mentres que o tamén comisario da exposición, o xornalista Xosé Ramón Pousa, sobrino-neto dun dos falecidos no forte e identificados, resaltou que a recuperación da memoria histórica é un acto de Xustiza.

Pousa sinalou o papel dunhas persoas que contribuíron á democracia e comentou que o proceso de transición en España foi tan rápido que deixou moitas cousas "tapadas", como os máis de 600 presos galegos a case 1.000 quilómetros das súas casas e a maioría con condenas a cadea perpetua.

O vicerrector Roberto López sinalou que, para a USC, esta exposición entronca cos traballos de recuperación da memoria histórica que se seguen por equipos da facultade compostelana e cuxos membros, encabezados polo catedrático Lorenzo Fernández Prieto, intervirán na mesa redonda coa que se clausurará a exposición o próximo 2 de marzo.

López recordou as palabras dun discurso do político Manuel Azaña cando se referiu a aqueles que, envolvidos pola terra nai, iluminan coa súa luz recordándonos o que debemos facer.

domingo, 1 de febreiro de 2015

'O piloto', 50 anos do pasamento dun mito

 
O xornalista Afonso Eiré publicará 'O mozo está aquí' , a historia do derradeiro guerrilleiro antifranquista morto no estado español
 
El Correo Gallego - Xosé Ramón R. Iglesias| 25.01.2015 
Xosé Castro Veiga, O Piloto, foi o responsable de que a historia dos guerrilleiros antifranquistas non se puidese pechar ata 1965, vinteséis anos despois do remate da espantosa Guerra Civil española. Convertido en mito e símbolo da resistencia á ditadura, el estivo no xérmolo da guerrilla de Galicia e León, a primeira que se organizou en todo o Estado, e aínda sobreviviu o tempo suficiente para ser, tamén, o derradeiro guerrilleiro abatido en combate. A súa memoria é rescatada agora para as novas xeracións no documental O Piloto, que se estrea o vindeiro 20 de febreiro en Lugo, do que é guionista o xornalista e escritor Afonso Eiré, autor ademais do libro O mozo está aquí, a biografía máis completa sobre este maquis galego, que próximamente porá na rúa a editorial Hércules.
 
"O Piloto era unha personaxe moi incómoda para o réxime de Franco, que en 1964 andaba a celebrar os 25 años de paz, despregando todo o seu aparato de propaganda nesa campaña, e el aínda andaba no monte mantendo viva a guerrilla", explica Eiré. O próximo 10 de marzo cúmprese o 50 aniversario da súa morte, data propicia para lle buscar definitivamente o seu lugar na nosa historia política das últimas oito décadas. Segundo o escritor chantadino, a historia do Piloto demostra que "Galicia non foi un pobo demesticado, como se nos quere facer crer. A súa existencia fálanos de que Galicia participou activamente na primeira guerrilla contra Franco e tamén na derradeira, un movemento de grande importancia no que chegaron impricarse unhas dez mil persoas".
 
Nado no concello lucense do Corgo o 11 de febreiro de 1915, O Piloto trasladouse a Madrid sendo aínda moi novo, onde se enrolou na Aviación, na que chegaría ser cabo mecánico e de onde herdaría o seu alcume. Ao remate da contienda civil, foi condenado a trinta anos de cárcere pola Xustiza do bando vencedor, pero tras pasar catro nunha cela de Carabanchel foi indultado e regresou a Galicia. Aínda voltaría unha vez maís á capital de Estado polo medo a que na súa terra o paseasen os falanxistas, que estaban ben ó tanto do seus vínculos co Partido Comunista de España (PCE). Na súa segunda estadía en Madrid recibiu unha alta formación política dos seus camaradas máis preparados, sendo instruido especialmente no marxismo, antes de regresar definitivamente a Galicia, coincidindo coa constitución da guerrilla galaico-leonesa, na que se integrou.
Como o resto de resistentes antifranquistas que combatían na postguerra, O Piloto esperaba que a vitoria aliada na Segunda Guerra Mundial sobre os nazis provocase tamén a caída da ditadura militar española. Esa ilusión os mantiña firmes nunhas condicións de vida durísimas, buscando o sustendo case do mesmo xeito que calquera fera dos bosques onde se facían compañía, sempre coa ameaza da morte abaneando sobre as súas cabezas. Pero as novas que viñan de Europa non lles eran propicias, malia que o fascismo fora derrotado, os gañadores non tiñan nengu­nha intención de que mudasen as cousas na península Ibérica. A decepción foi dobre porque o PCE deixáraos tamén de apoiar e forzábaos a que se fosen ó exilio.
 
Para O Piloto fuxir do país nunca foi unha opción. A súa muller, Ramona Curto, Mirelle, unha combatente coma el, natural de O Saviñao, tiña familia no estranxeiro, o que lles podía facilitar a saída, pero pesaba máis o seu compromiso adquirido con toda a xente que lle axudara, centos de persoas as que non quería abandonar, indefensos, á súa sorte, sabedor como era do ánimo vingativo dos gardas civís daquela época.
 
"Só en Chantada -recorda Eiré- din con 105 casas que o apoiaron. Pese á represión, O Piloto era un mito e unha persoa moi querida que sempre atopaba quen lle botase unha man". Segundo o tamén autor de Eu estaba alí, o seu anterior ensaio onde xa lle adica un capítulo ó guerrilleiro galego de maior sona, "a propaganda oficial quixo facelo pasar por un bandoleiro, meténdelle medo á xente coas súas supostas atrocidades para que o delatasen, pero O Piloto sempre tivo unha motivación política".
 
Efectivamente, como acredita Eiré no seu libro, mesmo nos peores momentos da súa errante existencia de fuxido, cando a soidade e o tempo infecundo empezoñan a alma, el nunca tivo a tentación de baixar os brazos e cruzar esa liña de desalento que o convertería nun simple supervivente á espera de tempos mellores. Non. O Piloto non deixou de erguerse nin un só día na procura deles, desde un compromiso político para el irrenunciable.
 
Xa desde os seus primeiros anos, a guerrilla mantivo unha grande actividade en Galicia, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo, por onde máis se movía O Piloto. No final da década dos corenta, eran continuas a súas sabotaxes ás liñas férreas que conectaban as terras do interior. En boa parte delas, os asaltos tiñan como obxectivo os ferrocarrís que carrexaban armas cara a meseta. Noutras veces, as accións ían encamiñadas a cortar as comunicación telegráficas, de suma importancia naqueles anos.
 
Aínda que oficialmente o réxime o negaba constantemente, estes combatentes seguían a manter a guerra que para eles non rematara no ano 39. Raramente buscaban o enfrontamento directo con grupos da Garda Civil ou da Lexión, enviada a Galicia expresamente para acabar cos guerrilleiros, pero cando sufrían baixas ou a xente que os axudaba era represaliada por delacións, buscaban os responsables para os executar.
 
A propaganda política era outra das accións máis salientables destas guerrillas. A medida que foi perdendo compañeiros e quedándose so, foi a tarefa á que máis se dedicou O Piloto. Tamén socorría os labregos cando tiñan que se enfrontar ós papeis da Administración. Nos anos 50, axudoulles aos propietarios a redactar os recursos contra as expropiacións dos terreos para a construción dos saltos de Belesar, onde co tempo atoparía a morte, e Os Peares, onde traballaría o pai do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
 
"O cincuenta aniversario da súa morte é un bo momento para escribir un libro sobre a súa vida", refexiona Afonso Eiré, quen recoñece que entre as razóns que o levaron a acometer esta empresa o que máis pesou foi "a necesidade de acabar con todas as mentiras que se verteron sobre el e de clarificar partes da súa historia que intencionadamente foron deturpadas".
 
Movérono tamén, non o nega, razóns sentimentais de dobre orixe. Por unha parte, a súa admiración pola traxectoria consecuente coas súas ideas seguida polo Piloto; por outra, a proximidade emocional que sinte coa figura deste home, todo un mito do que decote escoitaba falar nos anos da súa infancia, na súa Chantada natal onde o lendario guerrilleiro rematou a súa existencia. O exdirector de A Nosa Terra recorda aínda perfectamente o día que o mataron. "A nova extendeuse rápido pola zona e o certo é que eu desexaba ir ver o seu cadáver, pero disuadiume o meu avó cun argumento incontestable. Díxome, a todos os que van a Garda Civil obrígalles a darlle unha patada no cu. Ti queres darlle unha patada no cu ao Piloto?". Non quería, é por iso quedou na casa.
 
A Eiré non lle resultou difícil recoller testemuñas que lle alumbraran as pegadas do guerrilleiro. O ser da zona desfechoulle moitas desconfianzas. E máis dunha sorpresa tamén se levou. Como comprobar que entre os fundadores de Comisións Labregas, no 1972, a maioría trataran ao Piloto. A súa semente deu os seus froitos, pensou.
 
Abatido no 65, en zona neutral
"O mozo está aquí". Valaí a frase clave no desenlace desta historia. A mesma que dará título a reconstrucción da vida do 'Piloto' que Afonso Eiré porá en breve nas librarías, tras rebulirlle ben anos no seu maxín e completar un inmenso traballo de investigación. "O mozo está aquí". Así, sen máis explicación, como unha consigna secreta, agora descifrada e feita pública pola nova publicación. Recibila por teléfono e poñerse en marcha foi todo un no vello cuartel de Chantada. A Garda Civil amoreaba ducias de tentativas falidas contra o escorregadizo guerrilleiro, que en situacións límites sempre lles levaba a dianteira. Décadas de fracasos que provocaron que aquel 10 de marzo do 65, tras chegar o aviso, fosen movilizados todos os gardas dispoñibles. O grande dispositivo non pasou desapercibido para os veciños. Tacitamente, O Saviñao, Pantón, Chantada e todas as comarcas no cenrtro de Galicia conformaban unha zona neutral, na que os guerrilleiros non actuaban e a Garda Civil non se esmeraba na súa persecución. Tanto movemento era estraño. Que algo importante estaba a piques de ocorrer palpábase no ambiente. Con todo, antes de todo aquel rebumbio de gardas alborotados, 'O Piloto' tivera un día movidiño en quilómetros, pero moi tranquilo en canto a súa seguridade. Pura rutina cotián. Pola mañán ben cedo, andivera polo lugar de Areas, en Pantón. De aí trasladouse á parroquia de Lamagrande, no Saviñao, e logo foi á casa do Souto, onde lle deron dous chourizos e un anaco de pan. Botou andar cara a San Fiz, na beira do encoro de Belesar, momento en que Darío, fillo do patrón da casa do Souto, deu avisou ao Angelito, un brigada que facía as veces de garda da presa. Este colleu o teléfono e so pronunciou catro palabras: "O mozo está aquí". Alí estaba e os gardas matárano a tiros mentres comía. Sen darlle o alto. Seica era rápido dabondo coas armas como para avisalo.
 
Carné de afiliación al Partido Comunista de España do ‘Piloto’ , datado en 1945