O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 12 de setembro de 2015

Flor Baena: "A persecución ao meu irmán empezou por mor dunha necrolóxica que puxo en Faro"


A familia do vigués asasinado loita desde hai 40 anos para tratar de demostrar a súa inocencia -"Eu e a miña nai pensamos que o perdoarían; ao final só quedounos chorar"

10.09.2015
O escritor Carlos Fonseca presentou onte en Vigo a súa nova obra histórica, "Mañá cando me maten". 

O autor non puido estar mellor acompañado durante a charla e posterior firma de libros. Flor e Fernando Baena, irmáns dun dos fusilados galegos que narra a obra, non quixeron faltar á presentación da novela. Os asistentes, ademais de escoitar as peripecias persoais de Carlos Fonseca á hora de escribir o libro, puideron 'revivir' os feitos en primeira persoa grazas a Flor Baena, quen non dubidou en contar como se viviu na súa familia o fusilamento do seu irmán, Xose Humberto Baena.

Este vigués, natural da parroquia de San Pedro de Xárdoma, loitou contra todo e contra todos por defender a xustiza, pero finalmente terminou fusilado en Hoyos de Manzanares sendo, xunto con outro catro homes, os últimos asasinados do réxime franquista. Agora, 40 anos despois, a súa irmá non dubida en lembrar a historia que levou ao seu irmán ante as metralletas da Guardi Civil aquel 27 de setembro de 1975.

A historia do seu fusilamento comezou cinco anos antes. Xose Humberto buscaba desesperadamente traballo. "Tiña antecedentes por mor dunha manifestación, polo que terminou traballando en Fumensa ata o 1975", explica Flor Baena. O 1 de maio dese mesmo ano produciuse unha revolta, na que el non chegou a participar.

"Nela, un policía de paisano disparou ao aire e matou a un traballador, Manuel Montenegro. Ao decatarse, o meu irmán e outros compañeiros puxeron unha necrolóxica en FARO. Tivo que dar o seu DNI. Días despois empezaron a deter aos que pagaron a necrolóxica", relata. As detencións comezaron polo marido da propia Flor Baena. Ante isto, Xose Humberto fuxiu a Madrid.

Foi acusado dun atentado
O 14 de xullo produciuse un atentado na capital, e o 22, ás 22.30 da noite, os axentes da Garda Civil detéñeno. "Decatámonos polo telexornal de que o acusaban de ser o autor material do atentado", explica unha Flor Baena xa máis nerviosa que ao comezo.

Tras 26 días incomunicado nunha cela de 3 metros, a familia empezou a poder falar con el. No xuízo, celebrado o 11 de setembro, piden pena de morte. A familia escribiu unha misiva ao principe, naquel momento Juan Carlos de Borbón, pero a súa resposta foi tajanate. "Non era da súa competencia. Non podían facer nada". Días despois, o 27 de septimbre, Xose Humberto Baena foi fusilado.

"El sabía perfectamente que non volvería a casa, pero nós, sobre todo a miña nai, aínda confiabamos en que cando o meu pai e o meu irmán Fernando foron a Madrid o día 26 volverían con el. Finalmente non puidemos facer outra cousa que chorar, e agora loitar para que se recoñeza a inocencia do meu irmán", sentencia Flor Baena.

Nenhum comentário:

Postar um comentário