O libro de Alfonso Eiré vai ser traducido ao español antes de finalizar o ano
Sermos Galiza -A.V. 4/9/15
A editorial Hércules sacou unha segunda edición do libro de Alfonso Eiré 'O Piloto, o último guerrileiro' após se esgotar en tres meses os 1.500 exemplares da primeira.
Desde a editorial parabenízase do que consideran que é “un dos éxitos
editoriais galegos deste verán, sendo un dos triunfadores das distintas
feiras do libro”. Eiré está satisfeito coa acollida mais sobre todo
porque “unha figura, descoñecida para moitos, xa está na memoria dos galegos,
pero, sobre todo, porque aqueles que o coñeceron, o trataron, así como
os seus deudos se mostran orgullosos da resistencia galega contra o
Franquismo”.
Antes de finalizar o ano, Hércules de Ediciones poñerá no mercado
unha tradución deste libro ao castelán. A tradución castelá de O Piloto
será presentada nas principais capitais da península Ibérica.
Nenhum comentário:
Postar um comentário