Monumento a Johan Carballeira (José Gómez de la Cueva) en Bueu |
No acto estarán parte das familias dos homenaxeados que recollerán un diploma e unha pequena insignia entregada polo alcalde.
Morrazo al día 3/9/15
Este sábado, a partir das once da mañá, o Centro Social do Mar de Bueu acollerá o acto de homenaxe aos membros da corporación que foron represaliados en 1936.
O acto foi aprobado no pleno do 25 de agosto de 2012 a petición da Asociación de Amigos Johán Carballeira e realizarase para recuperar a memoria histórica e persoal das persoas que morreron en circunstancias inxustas.
En 1936 celebráronse dous consellos de guerra nos que se impuxeron penas de morte a 26 veciños entre os que estaban o alcalde José Gómez de la Cueva
e varios concelleiros. Ademais, tamén foron ‘paseados’ cinco veciños
cando intentaban fuxir dos calabozos, entre eles dous concelleiros.
No acto adoptarase o nomeamento de membros honoríficos e predilectos aos concelleiros Francisco Piñeiro Barreiro, Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva, José Bernárdez Santaclara e Francisco Padín Novas, membro honorífico e adoptivo a José Gómez de la Cueva e membros honoríficos a Ramón González Soliño, Manuel Casleiro Pereira, José Estévez Villar, José Rodríguez Estévez, Ramón Pastoriza Gestido e Manuel Gutiérrez López.
Tamén haberá un recoñecemento público para o tesoureiro municipal e amigo de Johán Carballeira Ricardo Gómez Buceta, do que se recordará a humillación á que foi sometido tanto persoal coma laboral antes e despois de ser ‘paseado’.
No acto estarán parte das familias dos homenaxeados que recollerán un
diploma e unha pequena insignia entregada polo alcalde. Ademais, o acto
contará coa presenza das poetisas buenenses Miriam Ferradáns e Lucía Novas, que lerán poemas de Carballeira.
Nenhum comentário:
Postar um comentário