O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 30 de setembro de 2015

Acto reivindicativo para denunciar a prohibición de portos de Galiza a instalar unha inscrición de homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa

Porto de San Adrián de Cobres na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 
do ano 2014. Foto da Iniciativa Galega pola Memoria

O acto terá lugar o sábado 3 de outubro ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres. Este lugar foi elixido polo colectivo A Regaduxa para instalar unha inscrición en homenaxe ás vítimas do terror franquista polo seu simbolismo: pola proximidade ao cárcere de San Simón, e porque tanto o peirao como a estrada que leva até alí foron construídos co traballo forzado dos presos da illa, algúns deles de Vilaboa.

Na súa negativa a autorizar a instalación da inscrición, Portos aduce razóns de seguranza que non aplica noutros peiraos. En realidade, nas reunións que se mantiveron con responsábeis do organismo explicaron que non lles gustaba nada  a expresión “terror franquista”. 

A Regaduxa comeza con este acto unha campaña reivindicativa e de denuncia para conseguir instalar a inscrición. Facemos un chamamento a todas as persoas comprometidas coa recuperación da memoria histórica para que acudan ao peirao de Santa Cristina de Cobres o sábado 3 de outubro. Poderedes participar na acción colectiva que se vai realizar e poñer así o voso grao de area para que se faga realidade a homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa.

Vilaboa, 28 de setembro de 2015

Nenhum comentário:

Postar um comentário