O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

mércores, 16 de febreiro de 2011

"Bibliotecas Viventes" no Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo


Os membros da Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36 (Margarita, Maruja, Antonio e Telmo) son libros viventes, nas xornadas "Bibliotecas Viventes" (organizadas por Xandobela) que se están a levar a cabo no Museo VERBUM de Vigo.

Un exemplo. Telmo Comesaña (presidente da asociación) é un libro que se chama "SEIS ASASINADOS, CINCO VIUVAS E VINTE ORFOS". Unha das tarefas da Asociación é achegar a memoria á xuventude. Un dos nosos traballos máis importantes. Seica foi unha mañá de bó traballo neste senso.

 'Testemuñas de Vida', no que se pretende dar voz e visibilidade a experiencias vitais de gran calado e significancia dos nosos maiores

Do 15 de febreiro as 10:00 h. - 18 de febreiro as 13:00 h.

Lugar: Verbum Casa das Palabras
Avenida de Samil 17, Vigo
 
ENTREVISTA NA TVG: os vindeiros sábado e domingo entre as 12:00 e as 14:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario