Traducción Estación Atlántica
ELPAIS.com-TERESA CUÍÑAS
Nalgún momento durante a madrugada do luns 24 de xaneiro, alguén estampou a súa firma sobre a placa que recorda ás persoas fusiladas polo franquismo contra o paredón das tapias do cemiterio vigués de Lavadores. Desde entón, unha pintada en cor vermella co yugo e as frechas, emblema da simboloxía falanxista, cobre a inscrición en recordo de 21 persoas asasinadas no lugar entre o 14 setembro de 1937 e o 8 de abril de 1942: 19 homes, dúas mulleres e os cinco membros dunha mesma familia. Hoxe fai unha semana que a Asociación Viguesa pola Memoria do 36, promotora do monumento de recordo instalado en outubro de 2008, denunciou a ultraxe e solicitou a limpeza da placa no rexistro oficial do Concello de Vigo. Con todo, a pintada aínda se podía ver onte sobre a placa.
Fontes do Concello recoñecen que o protocolo de actuación marcado para estes casos indica que se debe actuar nun prazo de 24 horas, polo que a pintada limparase "ao longo da mañá" de hoxe. As mesmas fontes comprobaron tamén que a denuncia que realizou a asociación non seguira o seu curso porque quizá se haxa traspapelado", xustificaron.
Non hai pistas sobre o autor ou autores do ataque, que posiblemente se ampararon na nocturnidade. "Sexa odio, desprezo ou broma está claro que alguén non quere que repousen tranquilos; pero ademais tampouco hai demasiado interese por estes temas no Concello", afirma o presidente do colectivo memorialista, Telmo Comesaña, que lamenta a actitude do rexedor. "Estamos afeitos a que este alcalde [o socialista Abel Caballero] ningunee a esta asociación, declarada Viguesa Distinguida pola Corporación Municipal en 2007", indicou.
Segundo Comesaña, o lugar onde se instalou a placa é utilizado a diario polas familias dos represaliados e é frecuente atopar flores frescas aos seus pés, polo que varias persoas "xa se ofreceron a limpar pola súa conta e risco". Desde fai varios meses, a asociación mantén un pulso co Goberno local para que se retire da cruz franquista erixida no monte do Castro, aínda sen éxito.
Placa cemiterio de Lavadores
5/2/2011
Sábado 5 pola mañán.
Apareceu limpa (non sabemos se foi o concello, porque non recibimos información), aínda que se segue a ver a marca da infamia, e con flores blancas.
Agarimada, como debe ser. Nós non esquecemos.
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Nenhum comentário:
Postar um comentário