O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 5 de fevereiro de 2011

«É chocante que militares gopistas aínda dean nome a rúas do Arsenal»


5/2/2011 A Voz de Galicia

Entre as persoas que onte non quixeron faltar á homenaxe que o Concello lle dedicou ao contraalmirante Azarola atopábase Enrique Barrera, secretario da asociación Memoria Histórica Democrática e directivo de Fuco Buxán, quen, pouco antes de que se iniciase o acto, manifestou a súa satisfacción polo feito de que o Concello se decidise a «restaurar» e «dignificar» a memoria do militar republicano.

Barrera encomiou os esforzos do goberno municipal por dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica, á vez que cualificou de «paradoxal» e «contraditorio» que unha cidade recupere e renda homenaxe a un militar que perdeu a vida por defender a legalidade vixente, mentres nesa mesma cidade aínda se honra a quen promoveron o seu fusilamento. Neste sentido, Barrera fixo alusión ao recinto militar do Arsenal ferrolán, onde «moitas das rúas aínda levan o nome de varios militares golpistas, entre eles algúns dos que impulsaron o consello de guerra contra o contraalmirante Azarola», algo que ao directivo de Fuco Buxán resúltalle moi «chocante».

«Ferrol -advertiu Enrique Barrera- é un dos lugares onde a Lei de Memoria Histórica está a ser máis difícil de cumprir, porque aínda hai un sector da poboación que non a ve con bos ollos».

Nenhum comentário:

Postar um comentário