Nota da Estación Atlántica dos datos do video:
Foram identificados até ao momento 147 portugueses (homes e mulleres) vitimados polo franquismo na Guerra Civil de España (1936-939)
Amigos e amigas do IEM
O pasado venres 4 de febreiro e o sábado 5, o xornalista do diario Público de Lisboa Carlos Pessoa e o fotografo Paulo Pimenta do mesmo xornal cursaron unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para elaborar unha reportaxe sobre as fosas de San Xián, nomeadamente para dar a coñecer en Portugal o caso de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudêncio, cidadáns portugueses residentes en Chaín (Gondomar), asasinados o 10 de febreiro de 1937. Os seus corpos foron exhumados da fosa 1 de San Xián e tras a identificación anatómico- forense e xenética foron entregados aos seus familiares o 31 de xullo de 2010.
Achegamos a reportaxe publicada no Público. Poden consultala directamente no xornal e o link de unha fotogalería con as imaxes do fotógrafo Paulo Pimenta.
Agardando sexa do voso interese
Saúdos
Nenhum comentário:
Postar um comentário