O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

Conferencia de Ernst Langthaler



Data e hora: Venres día 4, ás 12:00 horas
Lugar: Aula 10, Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade, nº 1, Santiago de Compostela

HISTAGRA, Grupo de Investigación do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, organiza a conferencia do investigador do Instituto de Historia Rural da Universidade de Viena, Ernst Langthaler: “A social history of rural Austria under nazi rule”, que terá lugar o venres día 4 de febreiro na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia, ás 12.00 horas.

Ernst Langthaler (St. Pölten, 1965) é secretario da European Society for Rural History (desde 2010), subdirector do Institute for Rural History (desde 2005) e Director executivo do Jahrbuch für Geschichte des ländlichen Raumes (desde 2003). Os seus campos de investigación son entre outros: O desenvolvemento da agricultura europea e global, A sociedade rural en Austria, A antropología e a socioloxía económica, Historia da memoria, Historia comparada local e rexional e a Didáctica da Historia.