O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 24 de fevereiro de 2011

Inauguración en Vigo da mostra "Vermella. Chamabanlles rojas"


Do 25 de febreiro ao 20 de marzo 2011

Mañá venres día 25 de febreiro ás 20.00 h, inaugura na Casa das Artes de Vigo a exposición VERMELLAS Chamabanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural) sobre a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista.

Esta mostra conta con documentación e textos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, ademais da colaboración do equipo de investigación do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934.

Para o proxecto expositivo de Vigo, financiado polo Concello de Vigo, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" incorporou diferentes gráficas nas que se poden estudar a represión exercida ás mulleres, así como os nomes das mulleres represalidas na cidade de Vigo, procedentes da investigación que o equipo leva desenvolvendo desde o 2006.

Chus Martínez
Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598


Nenhum comentário:

Postar um comentário