O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 24 de agosto de 2014

A Comisión pola Memoria Histórica da Coruña esixe devolver Meirás ao Estado

Manifestación da CMHC de fai uns anos
 
 
Traducción Estación Atlántica
'Nós non queremos que abran máis días ou máis espazos, queremos que o devolvan ao Estado'.
 
Mundiario 22/7/14
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña considera 'inadmisible' que a familia Franco 'aínda siga veraneando gratis nunha propiedade usurpada polo dictador', segundo o secretario da entidade, Rubén Alfonso Lobato. Esta declaración derívase do pousado de Carmen Martínez-Bordiú en Meirás para a revista ¡Hola!

Lobato recorda que o pazo foi declarado en 2007 Ben de Interese Cultural, o cal obrigou aos Franco á firma dun convenio, en 2011, coa Consellería de Cultura, para que o recinto fose aberto ao público catro días ao mes salvo en agosto. 'Como ese mes a familia veranea alí, non queren que se lles vexa e péchano', denunciou. 'Nós non queremos que abran máis días ou máis espazos, queremos que o devolvan ao Estado'.

Meirás era propiedade da familia da escritora Emilia Pardo Bazán. Trala Guerra Civil, os franquistas coruñeses emprenderon unha campaña para comprar o complexo e regalarllo ao dictador co obxectivo de que veranease alí. Para a Comisión, no momento en que o dictador deixou de ser Xefe do Estado -en novembro de 1975-, 'o pazo debeu pasar a titularidad pública, pero os Franco quedáronllo'.

Nenhum comentário:

Postar um comentário