A Asociación Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas celebra o vindeiro xoves 28 a tradicional ofrenda aos "Mártires de Anguieiro".
Este ano está previsto que ás 19.00 horas teña lugar a ofrenda froral ao monolito situado na estrada de Cangas a Pontevedra, onde se dará lectura do manifesto: "Música e Palabra na Memoria".
Ás 20.00 horas, na Casa do Pobo, antiga lonja, celebrarase o centenario da Alianza Marinera (1914-2014) coa presentación do libro A Alianza Mariñeira de Cangas 1914-1936, de Antonio Nores Soliño e Iago Santos Castroviejo.
Trátase de dous actos de carácter republicano que pretende rememorar uns acontecementos que quedaron gravados na memoria colectiva do pobo. A ofrenda aos Mártires de Anguieiro converteuse co tempo nun acontecemento que reivindica a memoria histórica, pero con claros tintes culturais e ata artísticos. É a homenaxe que rende Cangas a uns homes que morreron pola liberdade baixo as armas dos seguidores da ditadura.
Polo que respecta á Alianza Mariñeira, pódese dicir que é o primeiro sindicato marinero que houbo en O Morrazo. Foi o culpable de organizar aos traballadores do mar para loitar contra as duras condicións de traballo impostas a principios do século pasado polos armadores. De aí saíron destacados líderes políticos e agora quérese recordar a importancia do citado movemento obreiro, sempre baixo tutéla do colectivo que preside Xoán Carlos Chillón.
Nenhum comentário:
Postar um comentário