BNG Boiro
O BNG, un ano mais e no día da execución de Alexandre Bóveda, ríndelle homenaxe a@s represaliad@s polo franquismo e dentro dos actos encadrados no DÍA DA GALIZA MÁRTIR, en Boiro queremos adicarlle este día a JOSÉ LAÍÑO LOJO, veciño da Cuncheira, sindicalista que foi torturado e asasinado polos escuadróns da morte franquista en Lousame.
Moitas grazas á familia de José por permitir e facilitar esta homenaxe xa que en contra do que poda parecer, a día de hoxe aínda son moitas as familias que POR MEDO prefiren que non se fagan este tipo de actos...un exemplo mais do que significou a DITADURA FRANQUISTA...exemplo do TERROR co que se actuou sobre a poboación civil...exemplo da barbarie na que tiveron que vivir amig@s, veciñ@s e familiares de todos nós polas ideas fascistas dun militar, o xeneral Francisco Franco Bahamonde, que amparándose en ter ao seu dispor tropas levantouse contra un goberno democrático que funcionando ben ou mal era representativo do Estado.
Decir tamén que a día de hoxe o PP sigue sin condenar tal acto terrorista, sigue sen recoñecer a@s centos de miles de asasinad@s e desaparecid@s polo franquismo e sigue sin querer aplicar a Lei da Memoria Histórica (lei moi laxa, por certo!)...convidámosvos a tod@s a participar neste acto e animámosvos tamén a participar no empeño de que se faga xustiza por todos eses crimes que só prescribiran cando se recoñezan e cando se repare a inxustiza cometida...as memorias de moit@s heróes anónimos que deron as sùas vidas para que nós hoxe vivamos en LIBERDADE meréceno!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário