Concello de Amoeiro 18 Xuño 2014
En xullo de 1936 acabaron os cantos da democracia, a libertade e o progreso que agromaron no municipio de Amoeiro tras séculos de caciquismo e poder feudal. Persoas humildes, boas e xenerosas que comezaban a albiscar os beneficios da educación, a igualdade e o progreso viron fatalmente truncados os seus soños.
Labregos, canteiros, carpinteiros, carrilanos e demais membros do pobo chan perderon os seus dereitos e foron vítimas dun xenocidio planificado. As familias nas que había comunistas, nacionalistas, socialistas, anarquistas … ou amigos deles recibiron a negra sinal da morte, as torturas, o exilio ou o illamento social.
Os datos oficiais e o comenzo das pescudas realizadas ó longo dos últimos meses, identificaron dez asasinatos e arredor de 90 persoas represaliadas. As imaxes de case 50 delas aparecen, grazas á xenorosidade das familias, ó longo dos 7 minutos deste filme. Un filme que conmocionou á audiencia reunida na Cerimonia de Honra á Corporación de Amoeiro 1931-1936 e ás Vítimas da Represión Franquista que se congregou no Pazo-Museo Otero Pedrayo o pasado domingo 15 de xuño de 2014.
Na súa honra e memoria, amosamos esta historia:
Nenhum comentário:
Postar um comentário