Fachada do edificio de Aduanas de Vigo |
O regidor Abel Caballero mentiu (Nota Estación Atlántica)
Todas as Administracións manteñen elementos con simboloxía preconstitucional
Instituto Santa Irene
A responsabilidade da Xunta de Galicia está patente na fachada do Instituto de Ensino Secundario Santa Irene. O edificio, que foi concluído polo arquitecto Antonio Cominges Tapias en 1946, ofrece un escudo franquista de grandes dimensións na súa fachada principal.
Nas igrexas segue presente o nome de José Antonio Primo de Rivera. |
Se é certo que a Igrexa retirou as listas de caídos dos seus templos parroquias no termo municipal vigués, tamén o é que non puido tocar as inscricións realizadas por incisión. Son varios os templos da cidade que seguen acollendo o nome de José Antonio Primo de Rivera nos seus muros. E a cuestión non deixa de ser curiosa porque moitos dos nomes que engrosaban a lista de caídos, é dicir os soldados franquistas falecidos en combate, eran novos que foron chamados a filas e non todos, aínda tamén os houbo, foron voluntarios a defender as súas idea políticas á fronte de guerra.
Pero o elemento franquista máis estendido por toda a cidade son as placas do antigo Instituto Nacional da Vivenda. Son as placas que anuncian que as vivendas que as portan están «acollidas aos beneficios das leis de 15 de xullo de 1954 e de 13 de novembro de 1957. Estas placas son moi habituais nas rúas nacidas a finais da década dos anos cincuenta.
Pero, sen dúbida, o elemento máis destacado deste ronsel de símbolos franquistas na cidade de Vigo é o Monumento aos Caídos, tamén coñecido pola Cruz do Castro. Este conxunto foi inaugurado por Francisco Franco o 14 de setembro de 1961, é dicir, hoxe cúmprense 53 anos diso.
O monumento foi construído polo Concello, atendendo a petición da xefatura local da Falanxe. O motivo do elemento era recordar aos soldados do bando franquista falecidos na Guerra Civil. Concretamente, aos 330 vigueses do bando vencedor falecidos na guerra. O Concello gastouse entón máis dun millón de pesetas na construción deste elemento, que serviu para acoller as concentracións falanxistas durante anos.
Máis información:
Nenhum comentário:
Postar um comentário