Logo
da sentenza de derriba da Cruz do Castro e o recurso do goberno
socialista a un símbolo que moitos consideran estar relacionado co
franquismo (de feito foi inaugurado polo propio Franco), son varios os
medios que lle pediron a Abel Caballero a súa opinión.
Na
tarde de onte, no programa de actualidade política Más Vale Tarde
emitido na Sexta contaron coa colaboración en directo do alcalde e o seu
comparecencia foi tan 'simpática' que logo de varias preguntas, a presentadora terminou por dicirlle que acabaría saíndo en todos os zapping.
O alcalde foi preguntado si nesa cruz houbo asasinatos ao que espetou que 'desde 1962 non'.
As gargalladas ás declaracións non tardaron en chegar desde o plató e
tamén en Twitter, unha rede social xa de seu crítica, onde ata famosos
como Dani Mateo ou Cristina Pedroche chanceaban ante o directo de Abel
Caballero.
Nota da Estación Atlántica: Abel Caballero mintió en La Sexta o 18 de xullo do 2014 a f. f. franco convocou un acto na sua amada cruz fascista. |
Nenhum comentário:
Postar um comentário