O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 8 de setembro de 2014

A indignación polo revisionismo histórico do alcalde do PP$oE de Vigo


O alcalde e a súa amada cruz


NO MEU NOME NON UTILICE AO CONCELLO PARA O SEU REVISIONISMO DO FASCISMO
 
MJBarreiroLG 7/9/14
Como viguesa descendiente dun miliciano fusilado pertencente á Agrupación Socialista de Antequera (PSOE) do de antes que se adoita dicir necesariamente agora para marcar unha marxe de dignidade entre os actuais socialistos que renegaron da ideoloxía do partido naquel setembro de 1979 que se celebrou o congreso extraordinario no que se abandonou os postulados marxistas pola iniciativa do Xeñor Gonzalez.

Como viguesa reclámolle ao cidadán hoxe alcalde de Vigo (mañá quen sabe, torres máis altas caeron) que non se lle ocorra seguir manchando o nome tanto da cidade como do propio socialismo recorrendo a sentenza que manda derribar a cruz fascista do Castro baixo o amparo da lei da memoria que o seu propio partido votou no 2007.

No meu nome, NON alcalde.

Nin no meu nome nin en nome da cidadanía, non se monte montaxes baratas a través de internet para xustificar un sucio revisionismo histórico e xustificar que a cidadania pídello, por que cando baixaron ao burro do cabalo en moitas cidades a ninguén lle importou tanto que non poidan seguir durmindo a día de hoxe, a non ser que sexa vostede mesmo e os do seu propio partido os que non poden durmir desde entón.

Déixese señor alcalde de confrontar e confundir á cidadanía.
 
 
Se díce se rumorea que é de familia falanxista. Diganos señor alcalde: ten recordos da infancia ante esa cruz fascista?, acudía de pequeno ás misas fascista alí realizadas, cal flecha falanxista?.

A sua cabezonería protexendo o monumento fascista faille sospeitoso, faille indigno de pertencer a esas siglas que mancha mentres non as abandone ou lle expulsen del as novas bases militantes, que xa vimos en directo que de momento seguirán todos os seus compañeiros do partido aférrimos seguidores do revisionismo e negacionismo histórico, indignos todos vostedes das siglas nas que militou e polas que asasinaron tanto ao meu avó como a miles de socialistas do PSOE de verdade.
 
As urnas faranllo pagar, xa estamos cada vez máis preto de que este partido roubadas as súas siglas caia.

Non señor alcalde non vaia ás tumbas das victimas facerse fotos hipócritas aproveitando que os que alí xacen non poden dicir quen realmente é vostede.

Este último ano tivo o desparpajo de comparase ás victimas ante a tumba dun deles dicindo que era o seu sucesor. En Vigo para estas cousas tiñamos aquel devandito popular de que fose vostede a Villamil*.

Vergoña deberíalle dar mandar un recurso ao xulgado como consta na sentenza na que compara o adefesio da súa amada cruz fascista cun lugar de memoria declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO para loitar contra o revisonismo e negacionismo do Holocausto, como é o campo de extermino nazi de Auschwitz-Birkenau pagina 16 da sentenza, onde o xuíz cunha gran maestria tira polo chan semellante ignomia contra a dignidade dos alí asasinados, desde aquí insto á comunidade de deportados en campos nazi manifesten a sua repulsa ante semellante falta de respeto a vida humana.

O seu amor e protección por esa cruz pasará á histora deste país e da propia cidade para escarnio do seu pasado ignominioso aínda que se rodee de centos de palmeros que lle rian as grazas como aquel alcalde fascista do PP dun pobo de Lugo neste mesmo ano.

Nin no meu nome nin no moitos outros, NON utilice o concello para as suas manias persoais, respete aos vigueses xa que neste momento non respetan ás victimas do seu partido e deixe de comparase con ningún deles xa que vostede alcalde é dun partido que renegou da idioloxia que defendían os que foron fusilados, ningún de vostedes chéganlles a adoite dos zapatos, e de respetalos con dúas maiorías absolutas que tiveron houbesen anulado as condenas polas que foron criminalmente fusilados.

Déixese de fotos ante tumbas que non sente, e de confrontar á poboación, deixe que os vigueses aprendan a historia da súa cidade, que saiban que esa cruz onde esta erixida era un lugar sinistro que ninguén ousaba achegarse por alí, agora vostede plantou flores e pretende seguir facendo o que tivemos que sufrir de pequenos con aqueles libros de textos dos colexios franquistas nos que nos enganaban e mentían sobre a historia do noso país, deixe madurar aos veciños e crecer en cultura democrática que non inclúe nin moito menos ocultar o fascismo baixo dunha cruz fascista e de recordarlle á poboación que a igrexa católica e o seu nacional catolicismo foron complices por igual dos crimens do fascismo por estas terras.
 
Por dignidade democrática acate a lei de memoria que o seu propio partido asinou xunto á sentenza xudicial que baséase nela, xa que a realidade histórica é incapaz de recoñecela pola súa propia ideoloxía que teñe a bo recaúdo oculta

*Para os doutras coordenadas explicarlles que se trataba dun psiquiátrico famoso na cidade.

Nenhum comentário:

Postar um comentário